O castelo de Aldara











O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cirque du Soleil: Alegria
O mércores pasado fun ver Alegria a Santiago. É un espectáculo precioso con moitos números distintos. O actuación que máis me gustou foi a das contorsionistas e máis as barras rusas.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-12-2011 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Verán 2010

Este verán fixen tantas cousas que vou necesitar moito tempo para acordarme de todo!
Para empezar fun ao Musigalizando. Este ano foi o meu irmán e paseino moooooooooooooi ben!! No concerto, cando acabamos, pedíronnos outra e saiu a dirixir unha nena da banda e nos tocamos mentras ela dirixía, foi moi divertido!
Tamén tiven actuacións coa banda e con Vai de Roda.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2010 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Que ben o pasamos!

O venres 8 de xaneiro nevou na Muralla. Eu fun cuns amigos e pasámolo moi ben. Fixemos un boneco de neve e fixemos unha bola moi grande. Tamén fixemos batallas con bolas de neve. Unhas amigas levaron unhas pás que servían para deslizarse sobre a neve. Gustáronme moito e quería estar todo o tempo baixando polas costas.
En fin , aínda que neve pouco na Muralla nós imos estar sempre preparados!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-01-2010 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Nun barco de cristal rosado

Este poema inventeino eu nun obradoiro que tivemos o ano pasado na escola. O obradoiro fixémolo con Carlos Mosteiro. A estructura é do niño novo do vento.



Nun barco de cristal rosado

Nun barco de cristal rosado
hai unha nena tristeira.
Miña irmanciña!
Quen puidera alegrala!

Mírame cunha triste mirada
e con boca de parrulo.
Quen puidera alegrala!
Miña irmanciña!

Parece que vai chorar
dun momento para outro.
Miña irmanciña!
Quen puidera alegrala!

Cáelle unha bágoa ó chan
e morre de tristura.
Miña irmanciña!
quen puidera impedilo!
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2009 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
MUSIGALIZANDO!!!!

Do 22 ao 28 de xuño fun coa banda pequena de Rianxo ao Musigalizando, un campamento musical. Ao Musigalizando tamén foi a banda de Merza, a banda de Arca,a banda de Ribadumia e Solfa.
Durante os meses anteriores ao campamento preparamos as pezas por separado para logo ensaiar todos xuntos. Ao final tocamos en Sada e en Santiago, na praza da Quintana. Por certo, tocamos Ortigueira, Cote D´or, Rapsodia Rusa e Alborada de Carril.
Paseino xenial e espero que para o ano haxa outra vez Musigalizando.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-07-2009 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
O selo violeta!!!!
Fai uns días recibin de Medrar en galego e de Educaldea un selo violeta. Graciñas aos dous !!
A min fíxome moita ilusión recibir os selos por que é a primeira vez.
Aceptar o Selo Violeta implica o cumprimento dunhas normas:
- Exhibir o Selo Violeta no blogue xunto coas regras.
- Indicar cantos blogues consideramos que merecen este selo.
- Avisárllelo aos blogues indicados.
- Escribir dous poderes máxicos que imaxinamos ter.

Voulle mandar o selo violeta ao blog Musica por un tubo.
En canto aos poderes maxicos:
-Poder voar
-Poder falar con xente doutros paises a través da mente.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Paz
O día 30 de Xaneiro é o día da paz. Todos os colexios van celebralo, creo. Na nosa escola imos facer un baile todos xuntos. A ver se vos gusta o debuxo.

O día da paz
imos celebrar.
Todos os nenos
unidos coas mans.
Bolborotas de cores
nas nosas mans
para que todos os nenos
poidan xogar.
Viva a PAZ!!!!!
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-01-2009 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Ola, son Aldara
Ola!!
Son Aldara. Este é o meu blog.Teño nove anos e o mundo da informática é novo para min. Son baixa e teño os ollos castaños, o meu pelo é loiro acastañado. Vivo en Rianxo, na Galiza. A miña casa está preto do mar. A min gústame moito ir á praia cos meus amigos e amigas. Espero que vos guste o meu blog!!
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-08-2008 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0