O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Primeiro dia no IES Félix Muriel
O meu primeiro día no IES Felix Muriel, foi ilusionante, pois comezaba unha nova etapa dos meus estudos, pero tamén porque ía ter novos compañeiros, novas asignaturas, para non facerme pesado e resumindo direi que o curso está cheo de novidades.
Cando cheguei estiven con compañeiros da antiga etapa no colexio falando e a maioria estabamos nerviosos.
Xa no salón de actos, púxenme aínda máis nervioso, ata que escoitei o meu nome. Tocábame en 1º ESO D. Nesta clase había moita xente coñecida, non só da etapa do colexio senón que tamén algunha que outra amizade.
Un pouco despois , estivemos coa titora na nosa aula e informounos das normas de clase.
E aquí remata a miña primeira presentación no IES Félix Muriel.
Sergio Somoza Tubío . 1º ESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-09-2014 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
XA REMATOU O VERÁN 2014... E NÓS VOLVEMOS
Ola a todos os e as estudantes!
Acabaron as festas da Guadalupe.
Xa rematou o verán e volve a hora de ir ás clases. É hora de comezar a madrugar e romper a cabeza pensando nos estudos e sobre todo nos malditos exames que nos poñen no instituto.
Tamén volvemos a abrir o equipo de Normalización que levaba pechado todo o verán; así todos os rapaces e rapazas poden vir anotarse e asistir ás actividades que facemos neste equipo.
Periodicamente iremos publicando noticias neste blog.
Non deixedes de seguirnos!!

TOFIK SANTIAGO GARRIDO 2ºESO C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 24-09-2014 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego