O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Os Bolechas na TVG
Os BolechasCarlos, Braulio, Tatá, Sonia as xemelgas Pili e Loli e o seu can Chispa son creación do debuxante Pepe Carreiro que é o autor dos Bolechas. O autor xa leva 12 anos ensinándonos as aventuras de estes persoaxes, e non foi ate este pasado Luns, 24 de Setembro, cando pudemos empezar a disfrutar das súas aventuras na televisión de Galicia.

A partir de agora os mais pequenos poderán disfrutar de Luns a Xoves, desta serie de debuxos animados nos almorzos e merendas da TVG.

Esta iniciativa foi apoiada por Novagalicia Banco. No acto celebrado para a presentación da serie, estivo presente o seu director xeral que afirmou o seu apoio xa que a serie quere defender o galego e o compromiso con Galicia.

O conselleiro de Educación e Cultura tamén estivo presente neste acto e dixo que este proxecto e unha aposta para socializar o galego e que é unha gran idea para que os mais pequenos segan mantendo vivo o espírito do noso idioma.

Veremos se agora a serie consegue chamar a atención dos mais nenos e acada o éxito esperado na Televisión de Galicia

Fabián Gómez Ces
2º Bach - B
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-09-2012 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Comezamos coas actividades
Mañá, venres 28, o equipo de DNLG coa colaboración coa comisión da biblioteca do instituto, do naugura ás actividades deste curso, cunha xincana na nosa vila Rianxo. Esta actividade, forma parte dun programa promovido pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte ao longo do ano 2012, e ten como finalidade o coñecemento do patrimonio a través da lingua galega
Este programa constará de tres partes:
- Unha primeira na que se convocará aos rapaces para desenvolver unha xincana que os poña en antecedentes sobre o tema sobre o que vai xirar a actividade.
- Unha segunda na que deberán ler o libro para acceder ás propostas dun sitio web gratuíto ou blog.
- Unha terceira na a través do web accederán a xogos, propostas interactivas, buscas do tesouro, etc. para atopar solucións e deste xeito salvar o patrimonio, as localizacións, e todos aqueles elementos da zona que son de interese comunitario.

Suliñar a grande acollida que tivo entre o noso alumnado esta actividade cunha participación aproximada de cen rapaces e rapazas de ESO.
Agardamos nos vindeiros días, poder informarvos como se desenvolveron as probas e a valoración dos participantes nesta experiencia.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-09-2012 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
A reforma Wert
Como xa se nos informou nos telexornais, estase preparando unha nova reforma educativa coa que se pretende "mellorar" a educación. Esta reforma inlcúe os seguintes puntos principais:

- Reaparición da Reválida
- Recorte de competencias das comunidades autónomas no seu sistema educativo
- Elección de bacharelato ou FP en 3º da ESO

Qué se logrará con isto?
A volta da reválida ten como moi posible consecuencia o reforzo do ensino privado, así como a diminución no ensino das linguas e culturas locais de cada territorio e a probabilidade do aumento de fracaso escolar ó reducir a idade de elección entre bacharelato, FP ou non facer nada.

Para qué outra reforma máis en menos de dez anos?

Pero isto non é todo... Suponse que o Estado español é un territorio aconfesional... E na nova reforma, foméntase as crenzas relixiosas do cristianismo... Son eu só, ou alguén máis ve algo que non encaixa nesta reforma?

Esperemos que os políticos entren en razón e reconsideren o atentado que están a punto de provocar na educación pública española.

Pedro Tubío Figueira
2º Bach - B
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 25-09-2012 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego