O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

25 Aniversario do instituto

O vindeiro 3 de xuño celebramos no IES o 25 aniversario do centro. Para conmemorar o cumpreanos plantaremos unhas árbores e enterraremos unha cápsula do tempo durante as dúas últimas horas de clase. Hoxe veu a excavadora para facer os buracos nos que colocaremos varias camelias e outros arbustos. Tamén hoxe se inaugurou unha exposición con fotos e textos destes 25 anos.

Ademais, haberá varias actuacións musicais e algunha que outra sorpresa. Será un día xenial!
Logo o sábado 4 de xuño faremos unha mesa redonda e unhas actividades para exalumnos/as e exprofesores/as

e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 02-06-2016 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Música electrónica ou reggaeton?
A música é a arte de organizar sensible e loxicamente unha combinación coherente de sons e silencios.

A música, como toda manifestación artística é un producto natural. O fin desta arte é suscitar unha experiencia estética.

Hai moitos tipos de música: clásica, relixiosa, de danza, dramática, incidental (composta para acompañar unha obra teatral ou cinematográfica)…

Persoalmente a música que máis me gusta actualmente é a electrónica polo uso de aparellos electromecánicos. Este tipo de música aparece a finais do século XIX e principios do XX.
A competencia neste momento é o reggaetón que se formou en Panamá nos anos setenta e principios dos 90 en Porto Rico, naceu e xurdiu a raíz da comunidade xamaicana, cuxos ancestros chegaron a Panamá, xunto a inmigrantes de ascendencia afro-antillana durante o século XX.
En Galicia ningún dos dous estilos ten demasiado éxito.
Damián (2º ESO)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 02-06-2016 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego