O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Minecraft
Hoxe vouvos falar sobre o Minecraft, é un xogo divertido porque te podes conectar a través dunha rede wifi con outros compañeiros.

Hai dous modos de participar:

SUPERVIVENCIA : podes recoller cousas necesarias para sobrevivir (lá, madeira ,etc).
CREATIVO: E un modo no que os materias non fai falta recollelos, principalmente úsase para contruír edificios moi grandes.

Alberto 1º ESO B
e ti que opinas? (24) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-06-2015 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Lendo un libro no Castelao

O pasado mércores varios compañeiros de 1º de ESO coma min, pero tamén máis maiores, fomos ler contos ao colexio Castelao.
Paseino moi ben. Fun ler un conto sobre Brasil a unha clase de segundo de primaria.
Fomos ás dez e media volvemos ás doce.
Sorprendeume o ben que se portaron os nenos e todo o que sabían sobre os países do mundo porque ao final da lectura estiveron comentándome cousas e puidemos charlar.

Déronnos como agasallo un marcapáxinas e unha brocheta de chuches.

Sebas 1ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 15-06-2015 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Campamento Musical de Agolada
Do 27 ao 31 de xullo, vai haber un campamento musical en A Golada (Pontevedra). Esta vila
é un lugar moi bonito, que nos permite aproveitar para facer excursións, e hai unha piscina que é outro atractivo deste campamento, ademais dunha gran variedade de actividades musicais; clases de tuba, trompeta, clarinete etc, aparte de tocar en quartetos e nunha banda formada por todos os rapaces.
Por desgraza, só quedan libres prazas para tuba.
Así que os interesados, que se apunten xa, ou perderán unha gran semana a finais de xullo.

Ricardo. 1º ESO
e ti que opinas? (2) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 05-06-2015 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego