O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

DENÚNCIASE A CENSURA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PÚBLICOS
Os traballadores da Televisión de Galicia e Radio Galega denuncian a manipulación que están a sufrir os medios de comunicación. Estes demandan a creación do Estatuto Profesional dos Medios públicos da Comunicación Audiovisual de Galicia.
A dirección da compañía, que preside Sánchez Izquierdo, non reaccionou publicamente á iniciativa dos traballadores.
Os traballadores fixeron un blog cun nome que deixa ver o seu enfoque, (eunonmanipulo.wordpress.com), para dennunciar as prácticas cconcretas de manipulación informativa que se detectan a cotío na TVG.
Os comités de empresa dos medios públicos din que a mellor ferramenta para garantir a veracidade informativa é a aplicación da norma en vigor que obriga a creación do Estatuto Profesional que como dixemos eles demandan.

Alba Pérez Castaño
Ana González Alcalde
4ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 12-06-2013 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOCONFERENCIA
Onte os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato A tivemos a oportunidade de levar a cabo unha videoconferencia co alumnado da universidade de Oxford en Inglaterra.
Tratábase de intercambiar ámbitos de interese, coñecementos e costumes a través de algo que nos une, o emprego do galego.
Malia as interferencias e problemas de conexión á rede escoitamos a rapaces e rapazas que non sendo galegos teñen interese por aprender a usar a nosa lingua, e que polo que puidemos comprobar, teñen conseguido.
Contáronnos que asisten a clase de galego unha hora á semana e fan comentarios e redacións continuamente.
Logo dun intercambio de opinións sobre como pasar o tempo libre, se coñecían Galicia e a procedencia de cada un, invitámolos a vir á comarca do Barbanza, en especial ao noso pobo, Rianxo, prometéndolles que os recibiríamos coas mans abertas.
Foi unha experiencia extraordinaria que me gustaría volver a repetir cando haxa a oportunidade.
Con todo isto, quero resaltar que aínda que algunhas veces os galegos pensamos, facendo noso un prexuízo antigo, que o noso idioma so é válido e útil no marco da nosa comunidade, isto non é certo segundo puidemos ver, e escoitar!. Estes rapaces e rapazas demóstrannos coa súa fala o ledos e satisfeitos que debemos estar por contar cunha lingua como a nosa, de ámbito internacional.


CRISTINA CAMBESES FRANCO 1º BAC A Nº4
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 11-06-2013 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE LECTURA EN ALTO
O martes 11 de xuño no 2º recreo celebrarase a entrega de premios da lectura de teatro, os gañadores son:
1º Aitana, Aida e Paula de 1º ESO ca obra de Animaliños na que obtiveron unha puntuación de 173.

2ºSara e Nerea de 1º BACH coa obra Días sen Gloria, cunha puntuación de 171.

3ºJulián de 1º BACH con Criaturas, a súa puntuación foi de 167

Agora deixamos a puntuación do xurado do resto dos participantes:

4º Aitana, Aida e Paula (2ª obra) con Anxeliños, 162 puntos.

5º Borja e Raúl con Anxeliños, 135 puntos

6º Miriam, Nuria e Clara con Criaturas, 100.5 puntos

7ºMarta, Laura, Nuria e Alba con Días sen Gloria, 87 puntos.

8ºEstefan con Días sen Gloria, 81 puntos.

9º Sara, Laura e Sandra con Saxo Tenor, 57 puntos.

10º Adrián, Sergio e José con Días sen Gloria, 45 puntos.

Lembrade que haberá agasallos para os que participaron.
E non vos esquezades de asistir!!

O Equipo de Normalización
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 10-06-2013 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Un error lingüístico en galego obriga a cambiar unha campaña que conta con fondos públicos
Un slogan mal traducido ao galego obriga a mudar unha campaña que conta co apoio da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Ministerio de Agricultura. A frase da iniciativa na que participan máis de 500 empresas, entre elas, casas rurais e restaurantes que ofrecen menús para "comer o mar" aparecían baixo o slogan "Cómete o mar".

Isto provocou erros e malentendidos nas redes sociais, feito que derivou en que tal slogan pasase a ser modificado por "Come o mar". Debido a isto, a páxina web que promocionaba esta campaña tamén tivo que cambiar o enderezo.



Aitana Alcalde 1º ESO A
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 05-06-2013 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Traballando con Roberto Vidal Bolaño
Estivemos facendo uns sombreiros como o chapeu que levaba Roberto Vidal Bolaño. Si, coma o que leva neste cartel que tamén lle adicamos. En cada un deles escribiamos o título dunha das súas obras e poñiamoslle un pequeno resumo. Atópanse na entrada do edificio principal, esperamos que vos gusten. E se non os víchedes aínda, xa vai sendo hora de irdes botarlles unha ollada.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 04-06-2013 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego