O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

As actividades culturais para esta fin de semana
Informámosvos das actividades culturais que programa o concello de Rianxo para esta fin de semana (o primeiro de VACACIÓNS) e mais o seguinte. APROVEITADE!

FESTIVAL DA AGRUPACIÓN DE PANDEIRETAS TEIXEDAL
DÍA: sábado 23 de xuño
HORA: 20.00 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo


ACTO BARBANTIA: presentación suplemento cultural A Voz de Barbantia, o primeiro volume da Obra Completa Manuel Antonio editada pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié (editor literario Xosé Luís Axeitos) e actuación musical do pianista Iago Hermo Martínez interpretando en estrena obras de composición propia.
DÍA: venres 29 de xuño
HORA: 20.30 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo


GALEGO DE CINE: obradoiro e visionado de curtas de animación en galego. Inscrición no obradoiro (nenos e nenas de 6 a 12 anos) ata o 29 de xuño no Auditorio e visionado de curtas aberto a todo o público a partir das 18.00 h aproximadamente.
DÍA: sábado 30 de xuño
HORA: 17.00-20.00 h
LUGAR: Praza Castelao


Para máis información podedes consultar a páxina web do concello www.concelloderianxo.es
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 21-06-2012 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO NO ENSINO EN RIANXO.



A presenza do galego no ensino penso que ten unha relación directa co lugar no que se atopa o centro e o uso do galego por parte do alumnado no mesmo. Así, en pobos nos que a poboación é maiormente galego falante, as clases danse máis nesta mesma lingua.
No meu centro de ensino tras a nova normativa do Decreto de Plurilingüismo, algunhas das asignaturas obrigatoriamente teñen que ser dadas en castelán. Pero existe un conflicto con esta medida xa que algúns dos profesores destas materias acostumaban a desenvolver as súas clases en galego, sendo estes galego-falantes, e éralles moito máis sinxelo e ademais isto servía para vermos perfectamente que se aprenden ben as matemáticas en galego; pero con esta norma, vense obrigados a desenvolvelas en castelán.

Lidia (4º ESO B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 15-06-2012 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre a visita dunha rapaza alemana.
O día luns 28 de maio, como parte das actividades programadas polo EDLG , visitou o noso IES unha rapaza do sur de Alemaña chamada Katherina. Ela visitou Galicia por primeira vez sen ter familia nin contactos aquí polo plan Erasmus, polo que estivo aquí seis meses, ela cóntanos que nun principio seus pais non lle deixaban vir soa, dicíanlle que viñese cunha amiga pero ela di que "con ela estaría falando alemán e non aprendería galego", o que a decidiu a vir soa. O seu primeiro contacto foi coa Universidade de Santiago de Compostela, e dende o primeiro momento ela di: "encantoume Galicia".
Agora en Alemaña aparte de estudar literatura internacional, cursa un lectorado de galego ao que lle dedica catro horas a semana das que dúas son de cultura galega e outras dúas de lingua galega.
Visita Galicia cada vez que pode xa que aquí atopou unha gran amiga e ten o seu noivo aquí tamén. O seu soño é acabar os estudos na súa terra e vir canto antes buscar traballo e instalarse na nosa.
Afirma que lle encanta o noso idioma e a nosa cultura que lle parece diferente e a lingua moi doce.
Pregúntamoslle as principais diferenzas que atopaba entre Galicia e Alemaña e dixo, entre risas, que aquí a vida nocturna era máis activa, e alá non hai tanto costume de ir aos bares.
Na miña opinión a conversa que tivemos con ela aportounos saber que máis alá de Galicia hai xente á que lle interesa e lle atrae o noso idioma, e iso é algo que se agradece.


e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 15-06-2012 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Atractivas propostas culturais no concello de Rianxo.
ENCONTRO COA ARTE: Lembrando a Castelao. Xornada de Pintura do Natural
DÍA: sábado 2 de xuño
HORA: 10.30-19.00 h
LUGAR: Rúas de Rianxo e Auditorio

CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA: Río de Anxo en concerto
DÍA: sábado 2 de xuño
HORA: 20.30 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo

CONCERTO DE FRAUTA organizado pola Escola de Música de Rianxo
DÍA: domingo 3 de xuño
HORA: 20.00 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 04-06-2012 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
A xeira das árbores, un libro de Teresa Moure
Teresa MoureTeresa Moure é unha escritora actual da literatura galega. Os seus libros destacan pola súa ideoloxía feminista e pola defensa do multiculturalismo, onde inclúe a defensa do galego. A súa obra non só se limita ao papel impreso se non tamén á defensa e a difusión da lingua a través da rede. Despois do peche de todolos medios de comunicación na rede en galego, participou na apertura da plataforma “Sermos Galiza”. Dentro da súa ideoloxía feminista, defende que a lingua está controlada dende o poder do patriarcado e que debemos deixar atrás as definicións de xénero marcadas e utilizar termos xenerais. Un exemplo disto é o argumento de que a literatura non se divide pola anatomía de quen escribe ou quen le. Polo tanto, non hai unha literatura escrita por mulleres ou para mulleres se non que todos somos persoas e necesitamos descubrir eses mundos que se abren entre as páxinas.

Sara (2º Bac. B)

En A xeira das árbores pon en relevo 24 horas na vida dunha muller soa e con tres fillos. Clara, a protagonista, decide criar soa aos seus tres fillos por iniciativa propia. Neste libro efímero, reflexionase sobre os problemas familiares, laborais e sentimentais que pode chegar a ter decidir estar soa. A protagonista vese exposta moitas veces aos comentarios ferintes sobre a súa maternidade en soidade. Na historia intúese que esta muller viveu algunha experiencia difícil na súa nenez debido ao excesivo mandato de seu pai e posible violencia. Tamén reflexiona sobre certas formacións da linguaxe como a enfermidade das amas de casa, que consiste na corrosión que os productos de limpeza ocasionan nas mans. Unha actividade tradicionalmente feminina.

Este libro paréceme unha mostra do que fixeron as grandes mulleres do século XIX e XX pola emancipación da muller. A protagonista da obra pode acceder ao mercado de traballo gracias a esta emancipación. Sen embargo, creo que o libro reflexa como o pensamento das persoas que temos ao redor condiciona dita emancipación, relegándoa tan só ao ámbito económico. A dúbida de algúns personaxes do libro de que unha muller poida decidir ser nai soa por si mesma encadra demasiado ca realidade latente.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 02-06-2012 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Unha alemá integrada na cultura galega
O 28 de maio no noso IES visitounos unha xoven alemá chamada Katherina.
Ela aprendeu galego e tivo o seu primeiro contacto coa nosa lingua na Universidade de Santiago.
KathArina decidiu vir soa, xa que así aprendería máis rápido o noso idioma que se viñese cunha compañeira alemá.
Katharina dedícalle actualmente catro horas á semana ao galego, dúas a cultura galega e outras dúas ao idioma.
Katharina declarou que estivo medio ano en España (nas cidades máis grandes) e logo volveu para Alemaña. Dende que coñeceu Galicia pasa todas as vacacións aquí e dixo que cando rematase os seus estudos de literatura universal, buscaría traballo aquí e quedaríase a vivir.
Katharina ao falar de Galicia di que hai máis festa que en Alemaña, que o que máis lle gusta é a mentalidade da xente aínda que tamén di, chámalle a atención, que a comida de aquí se serve en racións máis grandes que en Alemaña.
Unha das cousas que máis lle chamou a atención é que puido darse conta de que lle gustaba máis o galego que o español porque o primeiro parecía mais doce e o segundo parecíalle máis arisco

Alumnas de 1º Bac.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 01-06-2012 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Sardiñas de Rianxo asadas Marta e Ángela 3ºB

SARDIÑAS DE RIANXO ASADAS

Ingredientes:

- 1 kg. De sardiñas frescas
- Sal

Elaboración:

1. Límpanse as sardiñas.

2. Fanse ascuas na lareira ou barbacoa con carbón.
3. Cando vexamos que estean feitas as ascuas, poñemos as sardiñas con un chisco de sal na grella.
4. Déixanse asar uns 15 minutos aproximadamente e dáselle a volta.
5. Cando estean feitas retíranse do lume e sérvense.
6. Este sería o resultado final:






e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 01-06-2012 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Pinchos picantes de tenreira e patacas fritidas Marta e Ángela 3ºB
PINCHOS PICANTES DE TENREIRA CON PATACAS FRITIDAS
Ingredientes:
- 750g. de carne de tenreira
- Aceite 300ml.
- Vinagre 150ml.
- Sal
- Viño branco 150ml.
- Ourego
- Pemento picante
- Pemento doce
- Perexil 100g.
- Tres dentes de allo
Elaboración:
1. Realízase o adobe, bótaselle nunha xerra 300 ml. de aceite, 150ml. de vinagre, sal, 150ml. de viño branco, ourego, pemento picante, pemento doce, 100g. de perexil e tres dentes de allo.
2. Mesturase o anteriormente dito para ter o abobe elaborado.
3. Córtase a carne de tenreira en dadiños de pequeno tamaño para unha mellor cocción.
4. Bótaselle sal.
5. Engádeselle o adobe á carne.
6. Cando a carne o absorbeu métese nunhas baritas de aceiro inoxidable, que son para facer os pinchos.

7. Realizada a operación anterior póñense na grella e ásanse.
8. Este sería o resultado final:
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 01-06-2012 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Filloas Marta e Ángela 3ºB
FILLOAS
Ingredientes:
- Auga
- Ovos
- Leite
- Un pouco de anís
- Unha pouca casca de limón rallada
- Fariña
- Aceite de oliva
Elaboración:
1. Bátense os ovos.
2. Mestúranse os ovos e o leite.
3. Engádeselle o sal, anís e auga.
4. Mesturase todo.
5. Pouco a pouco vaise botando fariña a medida que se vai removendo.
6. Ten que quedar unha masa líquida para que as filloas saian ben finiñas.
7. Bótase un pouco aceite nunha sartaña ou nunha tixola, para que non se peguen.
8. Vaise botando na sartaña (ou tixola) a mestura realizada anteriormente.
9. Cando vexamos que está ben feita retirámola e repetimos o procedemento ata acabar.
10. Este é o resultado:
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 01-06-2012 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Salteado de espinacas con atún e arroz Marta e ÁngelA 3ºB
Ingredientes:
- 200 g. de espinacas frescas
- Un vaso de arroz
- Auga
- 2 dentes de allo
- Aceite de oliva
- Atún
Elaboración:
1. Cóllese unha tarteira, botáselle unha pouca auga.
2. Cando a auga estea algo morna engádenselle as espinacas e déixanse cocer durante 10 minutos.
3. Cando as espinacas estean cocidas escórrense.
4. Tras escorrer as espinacas botamos nunha tixola un chisco de aceite de oliva.
5. Bótaselle o allo picado en cadradiños moi pequenos, e as espinacas e deixase durante 5 minutos.
6. Cando as espinacas colleran algo do sabor do allo e do aceite engádeselle o atún durante 2 minutos aproximadamente.
7. O seguinte paso sería facer o arroz, entón, collemos unha tarteira, botámoslle arredor de tres vasos de auga, un de arroz e un dente de allo.
8. Deixámolo cocer durante 15 minutos e xa estaría o arroz listo.
9. Tendo toda a comida cociñada só nos queda servilo.
10. Este sería o resultado:
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 01-06-2012 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego