O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Día das letras galegas e internet.
Como ben sabemos, o pasado 17 de maio celebrouse, como todos os anos, o día das letras galegas, adicado, nesta ocasión a Lois Pereiro. Así, ese mesmo día tamén se festexa o Día de Internet xa que, ambas as dúas celebracións forman parte dos recursos máis beneficiosos a favor da nosa lingua.
Pasado xusto un mes da celebración deste día, publícase un informe que achega as ferramentas tecnolóxicas que se desenvolven a favor do gaelgo na nosa sociedade, facendo un reconto do que deu de si dito acto. Este traballo pode ser descargado en PDF e tamén se pode consultar directamente na web oficial de Política Lingüística. Pódese dividir en tres partes, incluíndo un anexo cos datos máis característicos do ano 2011 e o emprego das TIC por parte da sociedade galega.
Os recursos lingüísticos estudados neste informe son aplicacións que pretenden contribuír á calidade da lingua e ao seu prestixio social, destacando entre estas o dicionario de termos Buscatermos, a nova versión do corrector Galgo, distintos tradutores galegos, un dicionario de pronuncia galego locutado, o Digalego..... á súa vez, cóntase con recursos e ferramentas que guian ao galego polos eidos da sociedade actual.
Unha das partes do informe é o resumo das intervencións de numerosos profesionais que participaron neste labor, tales como Manolo Gago (director do portal de información do Consello da Cultura Galega), Anxela Chillón( responsable de Innovación e novas tecnoloxias da ed. Galaxia), Camilo Regueiro ou Antón Méixome, quen traballou nos proxectos actuais de sofware libre que están a nosa disposición.
En definitiva, neste documento móstrase o acceso a ámbitos tecnolóxicos novos, apostando polo plurilingüismo como estratexia.
Adxunto a esta noticia podemos atopar a web de descarga deste documento, que sería unha boa idea botarlle unha ollada para coñecer as novas iniciativas que van xurdindo a favor da nosa lingua.

Cristina P. 2º bach.
Letras galegas en internet.
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-06-2011 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
En Alemaña estudan galego
Na revista Bico da ría podedes ler un artigo sobre o noso proxecto de videoconferencias co alumnado dos lectorados de galego nos países cos que realizamos o proxecto Comenius: Alemaña e Polonia.

Entre as actividades previas ás videoconferencias estivo o contacto coas lectoras de diferentes universidades e co alumnado das mesmas. Os mozos e mozas do IES Félix Muriel tiñan interese en saber porque aprendía galego xente do estranxeiro. Diana, a lectora da Universidade de Leipzig, preguntóullelo a dúas alumnas. Deixámosvos aquí os dous vídeos das dúas discentes do Centro de Estudos Galegos desa Universidade.

Que ben falan o galego!!!

Rosmarie from galegoenleipzig on Vimeo.



Katja from galegoenleipzig on Vimeo.




e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 18-06-2011 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Cogombros... ti cómelos?
Hai unha semana a concelleira de sanidade de Hamburgo declarou que se producira un brote da bacteria E-Coli. Acusou sen probas as hortalizas españolas, máis concretamente ós cogombros, de ser portadores da enfermidade. Despois das probas realizadas demostrouse que as acusacións eran falsas. O goberno español pediu compensacións polo dano causado ós agricultores, pero a pesar das evidencias a concelleira alemana négase a retractarse da súa opinión. Finalmente, case con total seguridade, científicos afirman que a bacteria procede dunha plantación de brotes de soia da Baixa Saxonia e levantaron a veda contra os produtos que foran prohibidos anteriormente. Ata agora hai 35000 casos de afectados e contabilízanse, ata o momento, 29 mortos.

DANIEL FERNÁNDEZ ROMERO

JOSÉ RAMÓN FACHADO ABUÍN

(3º ESO A)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 18-06-2011 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiros Literarios en Compostela
Unha nova iniciativa xorde hoxe en Compostela da man do coñecido escritor Euloxio Ruibal, quen, coa axuda da Consellaría de Cultura de Santiago e coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, levou a cabo esta nova iniciativa chamada “Roteiros Literarios”. Esta consta de varias paradas nos sitios máis emblemáticos da cidade de Santiago de Compostela coa finalidade de recitar diferentes textos, ler ou cantar.
Este percorrido pasará polas rúas da zona monumental como as Casas Reais ou o Preguntorio, parando tamén en prazas como a de San Martiño Pinario ou a praza da Quintana.
Euloxio Ruibal (quen podemos ver na imaxe da dereita) é o protagonista deste primeiro Roteiro Literario que comezará ás 20 horas no parque de Bonaval, acabando na Praza do Toural. Euloxio é considerado un dos renovadores do teatro galego, ademais, o seu teatro está marcado pola épica, expresando a súa vontade de conectar co teatro das máis sobranceiras correntes da vangarda europea, sen consolidar na tradición galega. Por isto, atopamos na dramática deste autor a influencia de escritores do país como Castelao ou Eduardo Blanco Amor. Algunhas das súas obras máis importantes son Zardigot, O Cabodano, Cousas da Morte...
Volvendo á nova iniciativa, sábese que tamén soarán versos de trobadores composteláns como Bernal de Bonaval ou Airas Nunes, alternados con poetas máis recentes como Estevo Creus, Yolanda Castaño, quen estivo hai uns anos no Félix Muriel, ou Carlos Negro.
O vindeiro 28 de xuño levarase a cabo o segundo Roteiro da man de Marilar Aleixandre, catedrática da Universidade de Santiago e escritora e tradutora española que destaca na lingua galega, concretamente na literatura para nenos e a xuventude.
Persoalmente creo que se trata dunha boa iniciativa para coñecer un pouco máis da nosa literatura e á súa vez dos diferentes escritores galegos polo que é unha boa idea asistir ás diferentes paradas polas rúas de Compostela.
Animádevos a participar!

CRISTINA P. 2ºBACH.
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 16-06-2011 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Conto popular
Déixovos este conto que recollín de Manuel Gomez Rei (73 anos)

Érase que se era un home que tiña unha chousa onde había moitos vimieiros. Os homes das vilas dos arredores querían as súas vimias para atar as vides e para facer cestos nos que recoller as uvas cando vendimaban. Os poderosos das vilas só lle permitían cambiar as vimias por uvas, pero non por diñeiro ou por outros enseres. O home tiña ós fillos esfameados e enfermos, pero non podía facer máis. Certo día que o home ía cun feixe de vimias, os poderosos dixeron: "a por el, que ten armas de destrucción masiva". Armáronse de paus e de pedras e atacárono para poder sacarlle as vimias "pola cara". Os poderosos ben sabían que non tiña fouce para cortar as vimias, tan só unha navalliña pequena coa que se defendeu do da chousa veciña que era amigo dos poderosos. O home non usou a fouce porque non a tiña, ensinoulle a navalla ó veciño. Os poderosos apedreárono e mallárono a paus, as pedras ainda lle arrearon ós seus fillos enfermos e desnutridos. Algúns poderosos sabían que non tiña "armas de destrucción masiva", pero non podían enfrentarse ós outros poderosos, non tiñan coraxe de defender a un indefenso, resultaba máis facil esquencer a ética e aporveitar algunhas vimias que lle poideran tocar. Na intimidade recoñecían que non estaba ben o que fixeran, no seu profundo, pero moi profundo, ser sentían a dor dos paus e das pedras cando lle arreaban ó home e ós seus fillos, pero diante dos outros matóns decían con falsa moral que había que evitar un cataclismo, pensando para os seus adentros "causando outro maior". POLA PAZ UNIVERSAL. NON Á GUERRA

Miriam (3º ESO A)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-06-2011 08:28
# Ligazón permanente a este artigo
Valentín Paz Andrade próximo premio das Letras Galegas.
Aínda que hai pouco que pasamos o Día das Letras Galegas da man de Lois Pereiro, xa podemos coñecer con toda seguridade quen será o representante deste día o vindeiro ano. Despois dunha longa reunión, os membros da RAG decidiron, cunha ampla maioría, premiar a Valentín Paz Andrade como autor homenaxeado.
Valentín, durante toda a súa vida, escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia, destacando obras como Galicia como Tarea, A anunciación de Valle-Inclán, A marxinación de Galicia etc. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros, Os portos nacionais de pesca. Ademais disto, hai que resaltar que formou parte da xeración do 1925, e que a súa obra poética amosa unha motivación patriótica, como se pode observar en obras como Soldado da morte ou Pranto matricial, evocando, nesta última, á morte de Castelao.
Por outra banda, sabemos que Paz Andrade foi membro da Real Academia Galega (RAG) e da Academia Galega das Ciencias, sendo tamén galardoado co Pedrón de Ouro, a Medalla da Cidade de Pontevedra , Medalla Castelao entre outros máis.
Á hora desta elección tívose en conta a achega literaria de Paz Andrade, con pezas que fan referencia á poesía galega e resaltando o seu achegamento a outras culturas, como a luso-brasileira, sobre a que realizou traballos como A Galeguidade na obra de Guimaräes Rosa.
Persoalmente creo que Valentín ten un labor digno de ser recoñecido en conmemoracións importantes como o é o Día das Letras Galegas debido á súa ampla e variada obra literaria e ao seu afán polo progreso de Galicia.

Cristina P. 2ºBACH.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 15-06-2011 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Vinte anos desde a creación dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
O sábado 4 de xuño, a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística celebrou os seus vinte anos de actividade cun acto no que se destacou a traxectoria de Agustín Fernández Paz, tanto polos seus esforzos no traballo pola normalización do galego como pola faceta máis coñecida de autor de novelas de xénero infantil e xuvenil en Galicia e único galardonado pola Xunta co Premio da Cultura.
Nos centros de ensino, alá polo ano 1991, creáronse os Equipos de Normalización Lingüística xa que foron demandados polo profesorado que estaba preocupado pola renovación pedagóxica e por fomentar o galego, lingua propia de Galicia, segundo establece o Estatuto. E desde aquela data os equipos de normalización veñen facendo un rigoroso traballo.
Considerouse que vinte anos despois de creárense os equipos, era tempo de celebralo xa, a pesar dos atrancos ,(ou con máis razón a causa disto), sufridos polo preofesorado que está a desolver no su traballo diario nos centros de ensino, un papel fundamental na loita por eliminar prexuízos lingüísticos e xa que logo, potenciar o uso da lingua.

Noraboa por eses vinte anos de logros! E que os ánimos non decaian.



Virginia
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 15-06-2011 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Lectura de Lois Pereiro por parte do persoal non docente
Lolita (limpadora)


Manuela (conserxe)


e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 06-06-2011 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
Premio de recitado
A semana pasada rematamos o concurso de lectura e recitado, que, coma todos os anos, se realiza con textos do autor homenaxeado no día das Letras Galegas, este ano Lois Pereiro.

A gañadora do concurso de recitado foi Carolina Oubiña, deixámosvos o vídeo de cando participou,mañá veredes o do concurso de lectura:

e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 06-06-2011 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
XA TEMOS GANADORES!
Vén de se celebrar durante a semana do 23 ao 31 de maio una nova edición do concurso de recitado e lectura en voz alta de poesía no IES Félix Muriel de Rianxo. Esta actividade enmárcase dentro dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao poeta monfortino Lois Pereiro.
Neste ano, ademais de alumnos de ESO e Bacharelato participaron diferentes membros da comunidade educativa, tanto profesores coma persoal laboral e administrativo, que prestaron a súa voz e lembraron en común a obra deste escritor finado prematuramente.
O concurso contou cunha ampla participación e moi boa acollida por parte da comundade educativa. Resultaron gañadores…

LECTURA: SARA (3º ESO A)

RECITADO: CAROLINA OUBIÑA(1º BAC. C)

Debido á alta cualidade dos participantes o xurado e o EDLG acordou entregarlles un ACCÉSIT aos seguintes alumnos e alumnas que quedaron como finalistas:

Aldara Muíños (1º ESO D)
Marcos Iglesias (1º ESO D)
María López Mosquera (3º ESO B)
Pablo Caamaño (4º ESO B)
Alba Sobradelo (1º BAC C)

A entrega de premios será o vindeiro luns día 6 de xuño no 2º recreo no local de normalización.
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 02-06-2011 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego