O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Que bo este vídeo de Orgullosos...
Fixádevos que orixinal, ben feito e ben elaborado está este vídeo feito no IES de Salceda de Caselas...


e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 06-06-2010 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación No meu mar, na miña lingua
O pasado luns 31 de maio, estiveron na presentación do proxecto "No meu mar, na miña lingua", o equipo de Normalización Lingüística do IES Félix Muriel: o tesoureiro da Real Academia Galega (RAG) e director de Centro de terminoloxía científico-técnica de Galicia (Termigal) Manuel González González, o tamén académico, catedrático da USC e especialista en terminoloxía Francisco Fernández Rei, o expresidente da Federación pola Cultura Marítima e Fluvial, Fernando Piñeiro, a coordinadora dos ENDL da provincia da Coruña, Mercedes Queixas, a responsable dos Premios de innovación en normalización lingüística da Consellería de educación, Olga Iglesias e a concelleira de cultura do concello de Rianxo, Mª Carmen Figueira.Este traballo, tivo unha duración de tres cursos escolares.


Manuel González cualificou o traballo como impecable dende o punto de vista da súa elaboración e tamén da presentación. Logo,aludiu á vila rianxeira ao decir que resulta significativo que a iniciativa parta dun centro situado na terra de Castelao, Manuel Antonio e Dieste e por último agradeceu o feito de que o traballo sexa unha homenaxe aos pais dos nosos pais, á cultura tradicional. Este proxecto é un reflexo palpable da nosa historia.
Olga Iglesias destacou que a iniciativa rianxeira é unha das máis destacadas dos premios de innovación e normalización. Francisco Fernández deixou no centro uns agasallos relacionados coa cultura mariñeira
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 04-06-2010 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA
A nova campaña das Universidades galegas incide nunha mensaxe que tamén estivemos lanzando desde o noso ENDL, especialmente na semana cultural. Baixo o lema "En galego tamén se fai ciencia" presentan un interesante vídeo no que se aprecian declaracións de profesorado universitario do ámbito científico. Algúns coñecédelos ben: Xabier Alcalá, Jorge Mira...

ESCOITÁDE, ESCOITADE...

En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 01-06-2010 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego