O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

A despedida dun dos nosos colaboradores habituais.
Esta semana é a última de clases formais e os alumnos/as, tanto de Bacharelato coma de ESO están moi ocupados cos exames finais. O que sexa por non volver en Setembro!


Tamén preocupan as notas e comparalas cas dos compañeiros: entre os listos, cantos dezes!; entre os correntes, cantos notables!; e entre os que suspenden, cantas lle quedan!


Tamén hai xente que repetirá o curso actual e que volverá a examinarse en setembro, aínda que eu espero que a maioría aprobe con boas calificacións.


Hai unha cousa que non me parece ben. Que en 1º da ESO, os que repiten só poden facelo unha vez, e pasanse o segundo ano vagueando, porque de todas maneiras van pasar a 2º da ESO.


A pesar de todo isto, espero que pasedes un bo verán.



¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ FELICEEEEEEEEES VACACIÓOOOOOOOOOOONS!!!!!!!!


Daniel
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 24-06-2009 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
O Tribunal Superior de Xustiza recoñeceu o dereito dos centros a informar sobre a enquisa do galego
Xa se acabou co reparto e recollida das enquisas nos centros. Pero hai unha noticia de interese a este respecto.
Os centros educativos realizaron actos divulgativos e repartiron información sobre a enquisa dirixida a familias para que opinasen arredor das linguas no ensino, e fixérono dentro da legalidade e atendendo ás súas funcións. Así o recoñeceu o Tribunal Superior da Xustiza de Galicia co que respondeu á reclamación do sindicato CIG-Ensino encol da prohibición que fixo a Consellería de achegar información sobre este proceso.
Ademais Consellos Escolares de diferentes IES e CEIP así como a Coordinadora de ENDL, entre outras organizacións, denunciaron que o xeito en que se estaba a realizar a enquisa levaba a que non se obtivesen resultados fiables.
Pola súa banda, PSOE e BNG denunciaron o gasto que supón esta iniciativa, que valoran en 300.000 euros.

Noemi Patiño (2º Bach. C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-06-2009 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Escritores galegos e portugueses en Gaia
Hai uns día lemos esta noticia que pensamos que ten interese para todos, pero sobre todo para o alumnado de portugués: Escritores galegos e portugueses celebrarán a Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico en Gaia.
Gaia é a capital da cultura do Eixo Atlántico 2009. De xuño a setembro a cidade portuguesa vai acoller máis de trescentas actividades para convinar a cultura tradicional dos pobos da eurorrexión, sen esquecer a innovación e novas tecnoloxías. O Evento Turístico Expo Cidades, o Eixorap e o encontro de escritores galegos e portugueses son os puntos fortes dunha celebración que inclúe exposicións de danza, artes plásticas, mostras da cultura popular e encontros profesionais.

Noemi Patiño (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-06-2009 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
As linguas suman

Este é un tríptico informativo que elaborou a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística destinado ós pais, pero tamén é aproveitable por toda a comunidade educativa e toda a sociedade en xeral.
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 11-06-2009 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2010: QUEN SERÁ O HOMENAXEADO/A?
UXÍO NOVONEYRA, FILGUEIRA VALVERDE OU CARBALLO CALERO son nomes que soan.

A Real Academia Galega está recabando propostas entre os seus membros para o Día das Letras do 2010.
Esta vez o ferrolán Ricardo Carballo Calero terá como principais competidores ao poeta Uxío Novoneyra, Figueira Valverde e en menos medida a Paz Andrade.
As fontes próximas a Academia consideran probable que o elixido poida ser,por fin, o escritor e profesor ferrolán (Ricardo Carballo Calero). Tamén advirten que <> optase por unha grafía próxima ó português.

Ó seu favor xogará o feito que no 2010 se cumpre o centenario do seu nacemento e tamén o feito de figura central da cultura galega do século XX.
A favor de Novoneyra a condición de poeta excepcional, e de Paz Andrade o seu labor en ámbitos desde a literatura ata a economía.

Isabel Tembra (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 11-06-2009 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Unha enquisa a pais e outros...
Chega final de curso e o tempo está de chuvia pero no mundo do ensino anda a cousa quente.
A Consellería de Educación, que aínda non se está informada de que no ensino non universitario non existen materias troncais, vai mandar unha enquisa que presenta moitas "eivas" de todo tipo ós pais.

Para ver que problemas ten a enquisa ide á nosa revista, onde se acaba de publicar un artigo con información exhaustiva ó respecto.
Un dos moitos problemas da enquisa é que se lles vai facer chegar ós pais nun momento de moita confusión sobre o tema, onde "intereses políticos que non educativos" caldearon o ambiente. Para suplir a falta de información rigorosa sobre a cuestión, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística elaborou un tríptico, do que tamén hai información detallada na revista Bico da ría.
Xa sabedes, tendes que lernos!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 09-06-2009 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
SABENDO GALEGO PODEMOS FALAR INGLÉS
En inglés existen algunhas palabras cuxo significado podemos deducir facilmente porque é parecido ó galego, e sabendo só castelán seríanos máis difícil de traducir; por exemplo invest, que significa investir . No vocabulario deste curso atopei vaccine que significa vacina, ou palabras como arrange que significa arranxar, tax que significa taxa,journalist que significa xornalista ou beat(bater) que tanto en galego como en inglés é unha palabra polisémica e que en castelán habería que traducila por diferentes palabras segundo o contexto. Pero non só compartimos iso co inglés, senón tamén fenómenos como o seseo, por exemplo city /s/. Tamén atopei algún exemplo na ortografia: to advocate que significa avogar ou mobile que equivale a móbil.E para rematar, sabendo que en galego dicimos o primeiro de maio resúltame máis doado lembrar que se empregan os ordinais para referirnos ós días do mes.
Así que CO GALEGO PODEMOS FALAR INGLÉS!

Fátima Lijó (4ºESO D)
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 09-06-2009 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Dicionario francés-galego
A editorial Xerais sacou á venda o primeiro dicionario de correspondencias entre o galego e o francés. Este dicionario foi preparado por Luís Castro Macía e Remedios Rodríguez Sánchez, e conta con 25.000 entradas completamente actualizadas á normativa ortográfica aprobada pola Real Academia Galega de 2003.
Cada unha das entradas contará coa súa transcrición fonética, a súa categorización gramatical, a fraseoloxía de uso máis habitual, ademais de conxugacións verbais francesa e galega, así como senllos prontuarios gramaticais de cada unha das linguas.

Todo isto está recollido nunhas mil páxinas e custará 29 euros.

Daniel Díaz (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 04-06-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Pode ser posible??
Vimos de ler abraiados estas semanas a decisión do GOBERNO DE ELIMINAR O GALEGO EN AMBITOS COMA O SANITARIO.
Parece ser que os especialistas médicos non terán a obriga de coñer o galego e haberá casos no que o galego non sexa un requirimento obrigado, a Consellería de Facendo di "non se poden perder bos profesionais da medicina por esta circunstancia" e poñen como exemplo a carencia na sanidade pública de médicos especialistas.
Pode ser posible isto hoxe en día?

Se o meu médico é andaluz, poñamos por caso, e lle digo que me doen os cadrís e non me entende... teño que poñerme eu a cambiar de lingua??

Isabel Tembra (2º Bach. C)
e ti que opinas? (3) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 03-06-2009 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Retorno a natura preséntase en Rianxo
O libro escrito polo profesor de matemáticas do noso IES, X.M. Lobato e ilustrado polo tamén profesor, este de plástica, Alfoso Martínez, preséntase na nosa vila.

RECORDADE ACUDIR Á CITA.

Deixámosvos aquí a invitación do alcalde:

O Alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro Hermida

SAÚDA

a

vde. e comprácese en convidalo á presentación do libro
RETORNO A NATURA escrito por Xosé Manuel Lobato que
terá lugar o próximo venres 5 de xuño ás 20:30 h da tarde no
Salón de Actos do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.
Participan na presentación Pedro Piñeiro Hermida, Xesús
Costa (historiador), Henrique Alvarellos (editor), Alfonso
Martínez (ilustrador) e o propio autor. Para rematar o acto
plantarase unha árbore no Parque Galicia.
Previamente, as 18:00 h desenvolverase un OBRADOIRO DE
CÓMIC a cargo do ilustrador Alfonso Martínez destinado
principalmente a nenos/as e mozos/as.

Aproveita gustoso esta
oportunidade para expresarlle

o testemuño da súa
consideración máis
distinguida.
Rianxo, a 2 de xuño 2009
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 03-06-2009 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego