O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

A DESCUBERTA HÓRREO
A primeira vez que vin un hórreo sorprendinme porque pensei que era unha casa apoiada sobre catro patas pero despois deime de conta de que soamente servía para gardar o millo.

Cando vin esta construción foi cando fun celebrar o meu bautizo na igrexa do Araño, hai tan só seis anos, cando eu tiña oito. Só levaba uns meses vivindo nesta localidade e antes non vira estas extrañas construcións con moitos buracos. Daquela pensei que o hórreo do Araño era o único que había nesta localidade pero despoi dinme de conta de que había máis pero moito máis pequenos.
Meu avó contoume que o hórreo do Araño foi construído no século dazasete e é o máis grande da Galiza tanto de alto como de longo, aínda que hai quen di que compite co de Carnota.
Díxome que medía trinta e dous metros de longo e doce metros de alto, que barbaridade!

TOFIK SANTIAGO GARRIDO 2ºC
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-05-2015 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Ruta ciclista por Campelo
Campelo è unha aldea da parroquia de Araño onde podemos difrutar dunha ruta ciclista en dirección ao pico Muralla. Desde alí teremos unhas boas vitas a Rianxo. Non custa nada chegar arriba porque o noso punto de partida xa está moi cerca do cumio.
O camiño está cuberto ata a metade de asfalto e o resto está é de pedras e terra.
Campelo para min é a mellor aldea que hai, e de feito vou todas as fins de semana desde esta aldea en biciclea ou en moto de cros por camiños ata chegar ao pico Muralla. Boa parte deles nada máis que os coñecen os veciños de Campelo. Eu son un deses afortunados, aínda que non sexa exactamente un veciño porque parte da semana resido no Araño.

Alex Miguéns
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-05-2015 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Charla sobre a diabete

Hai uns días veu ao instituto un diabético a darnos unha charla sobre a diabete. É unha enfermidade que se a padeces terás toda a vida, é incurable. Se tes ese problema quere dicir que o teu páncreas ten dificultades ou deixou de producir insulina e que, polo tanto tes que introducila a través de inxeccións. Os diabéticos teñen tamén que coidar moito a súa alimentación para non que non lles suba nin lles baixe moito o nivel de azucre no seu sangue.
Foi interesante coñecer máis cousas sobre esta doenza.

Déixovos, ata outra.


Brais Aido Rey 1ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 07-05-2015 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Topoesía
Nun artigo anterior dábavos conta do noso proxeto de topoesía. Agora poño máis poemas.

Señor San Bartolomeu
feito de pau de laranxo
quen che mandou dar pintura
foi o cura de Rianxo.

Señor San Bartolomeu
feito de pau de sanguiño,
líbrame, Santo bendito
do lobo de Rianxiño.

Eu caseime no Araño
Coa filla dun arañón
Ela bonita non era,
Fea si, honrada non.

As neniñas de Rianxo
pagan as rendas ó cuco,
eu como son rianxeira...
tócalle o pito, Farruco!

As rapazas de Buía
todas son unhas veletas*,
por un vaso de viño
deixan apalpar as tetas.

En Rianxo hai unha lancha
que lle chaman Manuela ,
en toda a ria de Arousa
non hai lancha coma ela .
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 07-05-2015 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego