O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O próximo venres: IX Serán Mar de Rianxo
Este sábado 31 de maio vaise celebrar o IX Serán Mar de Rianxo, organizado por Vai de Roda e coa colaboración do Concello de Rianxo. Vai ser no Campo de Arriba, ás 20:00 o Seranciño para os máis pequenos e ás 22:00 o serán.

Ademais celebramos que Vai de roda cumpre 10 anos.
Haberá moita música, baile e sobre todo moita festa. Sortearemos ademais unha cea para dúas persoas, unha escultura de Che Tembra (un escultor rianxeiro) e moitos outros moitos agasallos.
Animádevos a vir!

Aldara Muíños
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-05-2014 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados da votación ao Premio LEIXAPRÉN
Xa vos contamos hai uns días quen eran as candidaturas para o premio leixaprén deste ano ao mesmo tempo que vos invitabamos a dar o voso voto.Por se se vos despistou algún nome recordámosvos que as propostas eran; o adestrador Fernando Vázquez, a cantante Sés, a actriz María Mera e Esther García, unha madrileña que aposta pola lingua galega.

No noso centro votamos profesorado e alumnado, uns na urna e outros a través do correo electrónico.
O candidato máis votado no noso centro foi Fernando Vázquez (140 votos), de segunda quedou Sés por moi poucos puntos de diferenza (130), a terceira foi a actriz María Mera (102) e de última foi Esther García (98).

TOFIK SANTIAGO GARRIDO.
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-05-2014 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
THE HOMENS
•De onde son?
Santiago de Compostela

•Cando se formou o grupo?
No ano 2004

•Compoñentes
Xocas
Roi
Martin Wu

•Que tipo de música fan?
Power pop.


•Cal é a súa discografía?
-The Homens (2005).
-The Homens #2 ( 2006).
-Cuarta potencia (2009).
-The Homens Vs. Samesugas (2008).
-Tres (2007).
ver video: CALAMAR
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 27-05-2014 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO LEIXAPREN

No noso colexio estamos votando desde a semana pasada o "PREMIO DE LEIXAPRÉN". Este premio é unha iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüstica que ten como obxectivo recoñecer a persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos de actuación social.
Os candidatos para o premio de Leixaprén son:

-Fernando Vázquez Pena é candidato porque
emprega habitualmente a lingua galega ante os medios de comunicación e nos actos públicos e defende o seu uso e promoción implicándose activamente en diferentes iniciativas normalizadoras.


-María Xosé Silvar Sés é cantante e caracterízase polo seu compromiso co idioma en galego que expresa frases como “Fago música en galego porque son galega e estou lonxe de avergonzarme de selo”

-María Mera Constenla é actriz e chegou a candidata porque utiliza o galego de maneira habitual no seu traballo, nos eventos que presenta e nas súas manifestacións públicas en xeral, e defende a súa promoción social como demostrou nalgunhas campañas " Como cho digo".

-Esther García del Barrio é madrileña e está nomeada ao premio porque afirma que por nada do mundo eliminará o galego do seu currículo e que está moi orgullosa de investir o seu tempo en aprendelo. Pensa, ademais, que se os galegos non o defenden, se non se coida e non se ensina nas escolas pode rematar por desaparecer.

En próximos días darémosvos o resultado do gañad@r no noso centro.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 21-05-2014 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades no concello de Rianxo nesta fin de semana
Esta fin de semana o concello de Rianxo, no marco das Letras Galegas, organiza unha serie de actividades.

Venres 16 de maio

19.00 h - Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

XORNADAS DE SOFTWARE LIBRE E LECER

O GULIR (Grupo de usuarios de Linux de Rianxo) celebra o 17 de Maio, día da Internet, cunha exposición de aparellos feitos na casa e antigüidades e o venres 16 relatorios sobre software libre e as TIC.
Podedes atopar náis información en http://www.rianxo.com/17demaiodiadainternet

20.00 e 22.00 h - Auditorio de Rianxo

CARLOS BLANCO AO VIVO (DE MOMENTO...)

A entrada anticipada ten un custe de 8 € e xa están á venda na Cafetería Castelao e no Bar Toffe. O propio día das funcións, na billeteira, serán a 10 €.

21.00 h - CEIP Ana Mª Diéguez - Asados

TODOCOSMOS: OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA

Nesta observación astronómica intentarase ver Marte, Xúpiter, Saturno, Orión, a estrela dobre Castor,.. A actividade forma parte do programa TODOCOSMOS que se está a desenvolver no concello de Rianxo coa colaboración do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC


Sábado 17 de maio- DÍA DAS LETRAS GALEGAS

22.30 h - Bar A Lareira - Rianxo

SLAM FERVE A LINGUA - ULTIMA FASE E FINAL - LETRAS GALEGAS

4ª e última Fase do Slam, FERVE A LÍNGUA, que organizado pola Área de Cultura, e conducido por Esther F. Carrodeguas, se iniciou o pasado mes de febreiro. Nesta fase a temática proposta é as LETRAS GALEGAS e despois a final coas persoas gañadoras nas outras fases. Tamén poderemos ver o videopoema do texto gañador no 2013.

FESTAS PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

FESTA DE 1906 EN TARAGOÑA (Campo de Pazos): organizada pola Asociación Festival Antrospinos, comezará pola mañá cun pasarrúas e cun mercado ecolóxico, artesán e tradicional. Ao mediodía xantar popular seguido do concerto de LEO ARREMECAGHONÁ. Pola tarde torneo de escoba, obradoiros (cestería, xogos tradicionais, pandeiros e papaventos) e exposicións. Para ir rematando un recital poético e o serán seguido do concerto dos PERUCOS e o peche da festa con DJ ENXEBRE. Unha festiña completa na que é importante acudir vestido de época.

FESTA DAS LETRAS EN RIANXO: organizada polas Juadalupeñas, pola mañá roteiros polo Rianxo das letras. A partir das 19.00 horas Cantos de Tabernas polos bares da vila. Ás 21.00, Concurso de Gaita que rematará cunha foliada e unha mexilloada. Peche da festa con DJ PERI


Ademais pódense visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo as exposicións Tecnoloxía de andar por casa, do Grupo de Usuarios de Linux de Rianxo (do 13 ao 16 de maio) e ata o 21 de maio as mostras do XVIII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo da Deputación da Coruña.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-05-2014 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
BERROGÜETTO
. DE ONDE SON?
De Vigo

.CANDO NACEU O GRUPO?
O grupo nace en 1995 e anuncian a súa disolución en febreiro do 2014.

. COMPOÑENTES:
Anxo Pintos: zanfona, gaita, saxo soprano, violin y teclado.
Guillermo Fernandez: guitarras
Quico Comesaña: bouzouki, mandolina, arpa céltica.
Santiago Cribeiro: Acordeón, teclados.
Isaac Palacín: Percusión
Quim Farinha: Violin y nyckelarpa
Xabier Díaz: Voz, gaita y percusión.

.QUÉ TIPO DE MÚSICA FAN?
Música folk, mesturando a música tradicional galega coa modernidade.

. DISCOGRAFÍA:
- O pulso da terra (2011)
- Kosmogonías (2010)
- 10.0 (2006)
- Hepta (2001)
- Viaxe por Urticaria (1999)
- Navicularia (1996)

. Enlace web:
www.berroguetto.com

Ver video: Lévame de aquí
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 14-05-2014 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Actividade Fin de Curso.!
Ola compañeiros!!! Prestade atención:
Haberá un concurso esta fin de curso ao que poderedes presentarvos individualmente ou por grupos.As tres categorías ás que aspiran os participantes son:

1-Mellor baile.
2-Mellor vestuario.
3-Mellor música (calquera xénero).

Para máis información preguntadelle a Raquel Hernández Noya 4ºA, Amanda Mariño Soñora 4ºB, Esther Mariño 4ºA ou Ana Oliveira 4ºB.

Animadevos, vale a pena!!
Estamos dandolle voltas aos premios e imosvos sorprender.

Un saúdo.





Alba Fernández Blanco e Sara Figueira Moares 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 13-05-2014 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
LAMATUMBÁ
. De onde son?
De Ourense

. Cando naceu o grupo?
En 1998

. Compoñentes:
Sergio "Trosma" (voz)
Iván "Paquito de Varela" (Saxo)
Nico "Gorrión" (trompeta)
Anxo "Gafots" (Saxo, clarinete)
Puntxa (Percusión)
Txitxas (Batería)
Pedro "Perdidito" (Baixo)
Rafa "Abuelo" (Guitarra)
Tonhito "Moucho" (Guitarra)

. Que tipo de música fan?
Mestura de samba, rock, rumba, ska, reagge...

. Discografía:
- Pachagüílangui (2001)
- ume (para que saia o sol) (2005)
- Paraugas Universal (2008)
Ver video: Licor de negro café
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 07-05-2014 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
RADIO BURELA

O pasado mércores día 30 de abril falei por primeira vez na miña vida pola radio. Eran as 5 da tarde cando me chamou o profesor Bernardo Penabade dende Burela para facerme unha pequena entrevista.

Fíxome un par de preguntas nas que quería saber cantos anos levo en España, cantos irmáns teño ou como se chaman os meus pais adoptivos.

Tamén indagou sobre a miña comida favorita, e sobre o meu deporte preferido. Eu conteilles que me gusta xogar ao baloncesto e comer churrasco. Tamén lles expliquei onde vivía.

Ao final falou co meu pai e fíxolle tamén un par de preguntas. Despediuse de nós dicíndome que o próximo mércores día 7, cando veñan realizar o intercambio ao noso IES, ía a darme un DVD dunha película que trata dun neno etíope que foi tamén adoptado.

Déixovos un enlace ao blog do Proxecto Neo do IES Perdouro de Burela, que é o que organizou o programa de radio, e copio aquí unhas palabras que escribiron a propósito da miña entrevista, e que me fixeron moita ilusión:

Ás seis menos cuarto, puxémonos en comunicación con Rianxo para escoitar a Tofik Santiago, alumno de 1º de ESO no Instituto Félix Muriel. Con el conversamos sobre a súa chegada a esta vila galega procedente de Etiopía e sobre o seu proceso de adaptación aos nosos costumes. Realmente, resultou unha entrevista sobresaliente: o convidado superou con creces as nosas espectactivas.
Despois de escoitar a Tofik, terán moi claro por que razón dicimos que o Instituto Félix Muriel é o noso centro de referencia en innovación educativa.
blog do Proxecto Neo
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 06-05-2014 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
OS DIPLOMÁTICOS DE MONTEALTO
. De onde son?
Do barrio de Monte Alto, na Coruña

. Cando naceron?
En 1990

. Compoñentes:
Os seus compoñentes foron variando dende o inicio ata a súa desaparición como grupo no ano 2005.

Xurxo Souto: voz (1990-2001)
Rómulo Sanjurjo: acordeón (1990-2005)
Juan Varela Guni: guitarra (1990-2005)
Toni Simoes: bajo (1990, 2001-2005)
Berto Moram: batería (1990)
Mangüi Martín: bajo (1990-2001)
Pulpiño Viascón: batería (1990-1996)
Xavier Alonso: batería (1996-2005)
Lola de Ribeira: percusiones, voz (1999-2005)
Manolo Maseda: voz, acordeón (2001-2005)
Xan Xove: Gaita 1998-2001

. Qué tipo de música fan?
Rock bravú

. Cal é a súa discografía?:
- Komunikando (2003)
- Capetón (1999)
- Fumareu (1997)
- Avante toda (1995)
- Parrús (1993)
- Arroutada pangalaica (1991)
Ver video: San Furancho
e ti que opinas? (2) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 06-05-2014 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego