O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

CONCURSO DE LECTURA TEATRAL
Estamos organizando un concurso de lectura polas letras galegas, dedicadas este ano a Roberto Vidal Bolaño (dramaturgo galego). Podedes participar individuais ou en grupo. As lecturas celebraranse desde o 27 e o 31 de maio na biblioteca. Os textos repartiranse no local do equipo de normalización. Veña, animádevos! Haberá premios!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 24-05-2013 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTA CARAPAUS
Carapau 1: tamén chamado xurelo, xirelo, chicharro ou chincho cando é xuvenil, é un peixe mariño, de nome científico Trachurus trachurus (Linné, 1758), pertencente á familia Carangidae.

Carapaus 2: Tamén chamados Adrián Lareo (percusións e voces), Sabela Galbán (acordeón e voces), Emilio Lois (gaitas, percusións e voces), Oli Xiráldez (frautas, zanfona e ornéos) e Gustavo Couto (percusións e voz solista) é un grupo de música galega formado no ano 2012 que emprega instrumentos de repertorio tradicionais.


Collémolos tocando na manifestación “Queremos Galego” o 17 de maio, e fixémoslles unha entrevista. Imos ver o que responderon:
1. Quen é Carapaus? Como comezou?

Carapaus somos nós!

Comezamos a raíz dunhas conversas que tivemos na Mostra de Patrimonio de Ourense do ano 2009. Xuntámonos Oli, Emilio e Gustavo, e alí fixemos a nosa primeira actuación memorable. Daquela foi cando nos demos conta de que o noso era “recollerlles ás vellas nos portais cancións antiquísimas”.

A primeira formación que tivo este grupo chamábase “Os Maleantes do Patrimonio”. Puxémolle o nome de Carapaus no verán do 2010. Comezamos como un trío: Emilio, Gustavo e Oli. Pero chegou un día no que Emilio decidiu que debíamos ser un trío de catro. Así que fichamos a Sabela para que tocara o acordeón. E logo decidimos que debiamos ser un trío de cinco, polo tanto incorporouse Adrián ao bombo.

2. De onde é Carapaus?

Somos da ría! Somos una mistura da Baña, de Rianxo, de Redondela, de Laraño, de Cacheiras… Pero onde está afincado o noso local de ensaio é en Laraño, Compostela.

3. Que tipo de música interpretades?

Interpretamos música tradicional galega. Pezas populares e agora tamén composicións do noso gaiteiro Emilio. Como dixo o gran Raúl Galego, facemos música tradicional actual.

4. Tendes algún traballo discográfico editado? Onde o gravastes?

Fixemos a nosa primeira maqueta nos Estudios da Radio Galega e nos locais de Nsaio do Concello de Teo. Logo fixemos unha gravación dun disco completo a Mañufe, Gondomar; aos estudios de Casa de Tolos. Chamámolle Conservas de Música Tradicional.

5. Onde podemos atopalo á venda?

O disco pódese mercar nos nosos concertos, nas tendas de música tradicional de Compostela, e na tenda de artesanía A Fiestra, de Rianxo.

6. Que tipos de actuacións facedes?

Actuamos en despedidas de solteir@s, pasos de ecuador, fin de cursos, vodas, divorcios… (bromean). Movémonos básicamente por festivais, aínda que onde realmente triunfamos é nas actuacións de rúa onde haxa bares.


7.Promocionádesvos dalgún xeito nas redes sociais?

Si, temos unha páxina en facebook, onde imos colgando as datas dos nosos concertos e algunhas fotos. (Facebook: https://www.facebook.com/pages/Carapaus/372300442788045)
Tamén temos myspace no que temos colgado algún dos temas do disco (Myspace: http://www.myspace.com/carapaus). Ademais, gravamos xa tres vídeos musicais, que están no youtube. Un deles no propio estudio de gravación, Casa de Tolos. Outro en Rianxo, e outro na Baña. Este último gravado por un ex-alumno do Félix Muriel, Francisco Gómez (o noso Spielberg). Un destes vídeos xa nolo solicitaron da MTv para unha telderetada...

8.Que acollida sentides da vosa música por parte do público?

Nos concertos que facemos, a xente sae a bailar moito, e iso a nós gústanos; sentimos que nos arroupan en cada concerto. No 2012 sorprendeunos a cantidade de actuacións que tivemos, sobre todo no verán, foi un non parar!

9.Onde poderemos vervos en directo proximamente?

Pois nos ensaios, ensaiamos todos os luns ás 5! En canto a actuacións próximas, estaremos no II Festival Ao Son do Masma (Celeiro de Mariñaos), no Callobre Folk, na Festa Rachada da Baña... Agardamos vervos nalgún deles!







e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 24-05-2013 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Os Jedi tomarán Santiago
O vindeiro día 25 deste mes, Conmemorando o trinta aniversario da estrea de 'O retorno do Jedi', sexta parte da saga Star Wars, celebrarase en Santiago de Compostela un desfile ao que asistirán fans destes coñecidos filmes caracterizados coma as personaxes dos mesmos, como xa se fixera no ano 2010 no aniversario de 'O imperio contraataca' e no que participaran máis de 350 admiradores da saga disfrazados de soldados imperiais e que resultou ser a celebración deste tipo máis grande de Europa.

Así o venres 24 os participantes na celebración atoparanse para ultimar detalles e tamén para a inaguración dunha exposición fotográfica do evento de 2010

O sábado 25 ás seis da tarde tropas imperiais percorrerán a zona vella de Santiago, ata chegará catedral. Quizais o número de curiosos que se acheguen a observalo supere aos 15000 da anterior edición que gozara incluso da admiración e benplácito do mesmísimo George Lucas.

Que a forza estea convosco!

María Losada Miguéns (1º Bac. B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 22-05-2013 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Valentín García fala das súas iniciativas dinamizadoras.
“Toda a oposición acusa a Valentín García de queimar a Lei de Normalización lingüística”
Todo ten un comezo. E este artigo parte das declaracións levadas a cabo por Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística do actual goberno, quen compareceu na Comisión de Educación e Cultura para explicar as claves da actuación do seu departamento nos próximos meses. Como era de esperar o Sr.García defendeu as iniciativas do departamento que dirixe, fronte as críticas da oposición.
No seu programa apostou por continuar medidas ou actuacións de dinamización lingüística e abrir as portas de cara a outro tipo de públicos, tales como as destinadas ao fomento do uso de galego entre os empresarios e tamén de promover os nexos coa lusofonía.
Este presidente como era de esperar, destacou o seu traballo, tanto o realizado coma o que se vai realizar, sen ter en conta, en absoluto, as opinións da oposición e o que é moito peor sen ter en conta, creo, o galego. Os problemas do plurilingüismo que atrae a substitución máis inmediata do galego por una lingua como é o inglés que acarrea unha serie de consecuencias, a maioría negativas como, entre outras, que os prexuízos que se dan sobre a nosa lingua aumentan e o que é moito peor, moitos pais levan aos seus fillos a colexios plurilingües porque pensan que co galego non imos a ningures.
Quería adicarlle especial atención a unha crítica feita a estas medidas, logo de observar as que lle faan desde os diferentes partidos como o BNG ou AGE, que é a que fai o deputado socialista Francisco Caamaño: "Teñen a manía de que a defensa do galego é unha cuestión de nacionalistas e independentistas e non de galegos",outro dos grandes prexuízos que condicionan negativamente a nosa lingua".
Logo de observar os diferentes puntos de vista eu estou de acordo coa oposición, xa que me dá a impresión de que a este presidente, en lugar de normalizar a lingua, lle parece máis importante que o galego sexa a lingua número vinte en Internet, en canto a súa utilización ou que teña accesibilidade en redes sociais como Twitter, que é algo que está ben e lle dá prestixio a nosa lingua, pero con iso non chega.
Sinceramente eu creo que é máis importante normalizar unha lingua que hoxe en día está sufrindo un proceso de substitución cada vez máis grave na nosa sociedade.
Agora hai que esperar a que acontece ao final con este conflito, pero como continúe a cousa por este camiño imos acabar mal.

Andrés Seijas Otero. 2ºBach B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 22-05-2013 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 2013
O correlingua é un evento organizado para promocionar o galego, no cal participan moitos centros de ensino.

O pasado 26 de abril O Teatro Principal de Pontevedra, acolleu unha presentación na que se deu a coñecer a convocatoria desta edición que leva o lema “ O Galego, a chave do mundo” e se deron os premios aos gañadores dos diferentes concursos (elaboración do manifesto, banda deseñada, e vídeo.. )

Este ano comezaron as carreiras nas diferentes sedes que acollen o Correlingua o pasado 2 de maio, e foron seguindo ata o día 16, percorrendo as cidades de Lugo, de Pontevedra, Monforte, Silleda, O Rosal, Bueu, A Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo e Mondoñedo.


Aquí vos deixo un anaco do manifesto:

A miña lingua é segura,
o falar non ten cancelas
unha casa sempre aberta
que todos debemos protexer.
A miña lingua é miña nai
é honroso ter unha lingua
fermosa, digna, que abre portas
que non ten chaves, que nada pecha.
Ela mesma é a chave do mundo.
A miña fala é o máis importante,
debo honrala cando a uso
sentirme orgullosa de tela
por ser o meu carné de identidade.
O galego é unha lingua con historia,
o galego é unha lingua honorábel,
é unha lingua con pasado, con memoria,
con prestixio e con tradición formidábel.

Paula Cambeses Franco 1ºA
Aida Barros Ces 1ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 22-05-2013 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Intercambio a Cuntis
O pasado luns 29 de abril, os alumnos de Cuntis viñeron a Rianxo polo intercambio.
Ao chegar fixemos unha recepción musical, e de paso xa lle explicamos cousas sobre a nosa vila.
Despois emprendemos unha camiñata, na que visitamos o museo de Nós Nuco, fomos ao castelo da Lúa onde Sarela nos contou a lenda. Máis tarde realizamos unha ruta guiada polo centro de Rianxo, onde vimos as casas dos principais autores e os edificios máis importantes.
Antes de xantar os de Cuntis foron ao museo do mar mentras que os de Rianxo estivemos no parque.
Xantamos na praia onde pasamos un bo rato, finalmente visitamos un petroglifo e volvemos para o instituto.

Paula Cambeses 1ºA
Aitana Alcalde 1ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 21-05-2013 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
FIGURARÁ O “.GAL” EN INTERNET?
A asociación .GAL (léase, punto GAL), presentou hai unhas semanas a candidatura do dominio de Internet para a lingua e cultura galega (o .GAL), que cada vez está máis cerca de conseguir a súa aprobación, xa que, a ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) publicou días atrás a lista final de candidatas sobre as que se presentou algunha queixa ou sobre as que hai dúbidas, e nelas non figura a candidatura .GAL.

Desta forma, a esperanza de conseguir este dominio é moi alta e por suposto positiva. Algúns factores que xogan ao seu favor son que ningún outro candidato solicitou as letras “gal” para o seu dominio, que non hai ningunha outra candidatura para a lingua e cultura galegas e que este dominio está respaldado e apoiado por máis de 13.700 persoas e 110 institucións de todo o país.

Teremos que agardar ata finais deste verán que será cando poderemos saber cal foi o resultado emitido pola ICANN, xa que os resultados publicaranse seguindo unha orde establecida nun sorteo previo, no que o “.GAL" obtivo o posto 742 de 1917, polo que non será dos primeiros en coñecerse.

Fabián Gómez Ces
2ºBACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 13-05-2013 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
O ACHADO DO SÉCULO
Hai tan só unhas semanas presentouse en Compostela, o que xa podemos considerar como o achado do século para a literatura medieval. Este é un volume editado pola Xunta no que se recompilan 23 poemas inéditos da lírica galega postrovadoresca escritos entre 1380 e 1434, que posúen características que nunca antes foran vistas na poesía galega medieval. Foron atopados nun arquivo privado da familia de Pilar Iglesias, que dou todo tipo de facilidades para que puidesen ser publicados, e así a Dirección Xeral da Cultura da Xunta, non tardou en decidir que era conveniente editalos canto antes.

A aparición dos poemas foi moi importante para Galicia, xa que ata o momento, só se tiñan os cancioneiros galego-portugueses e os galego-casteláns como mostra da poesía medieval. Así mesmo , tamén foi moi significativo para Portugal, onde apenas existen mostras poéticas destas datas. Os poemas trataban dunha especie de confesión dunha persoa ao final da súa vida e grazas a eles podemos ter unha mostra de como era o galego literario de comezos do século XV, e comprobar que o cultivo poético en galego continuou nestas décadas, intentando pasar da poesía cantada (que cantaban os trobadores) á poesía recitada.

Pese á gran importancia deste feito, o seu investigador, Henrique Monteagudo, non está moi contento coa repercusión mediática que este volume está tendo, xa que non tivo o recoñecemento público que merecía e apenas se lle deu transcendencia ata o momento

Fabián Gómez Ces
2ºBACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 13-05-2013 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Miro Villar visita hoxe o instituto
Hoxe ás 16:20 da tarde visitará o noso IES o poeta Miro Villar a charla durará aproximadamente unha hora,nela Miro presentaranos os seus poemas e falaranos da súa poesía que xa estivemos traballando esta semana.

Os meus zapatos
Aqueles meus zapatos que noutrora
foran lustrosos, húmidos un día
de tanto andaren sós, sen alegría,
amolecendo bóchegas cadora,
aqueles meus zapatos, na aurora
mollados de amargor, da dor máis fría,
e gastados de insán melancolía,
xa son zapatos novos arestora,
deron en recobrar o brillo antigo
ao queceren no lume permanente
das mans pequenas, fráxiles, inmensas,
poderosas no amor, no seu abrigo,
aqueles meus zapatos, de repente,
descubriron as cousas más intensas.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 13-05-2013 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Gómez Noya gañador do premio Leixaprén
O premio leixaprén é un recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, creado no 1999 por iniciativa do IES Poeta Añón de Outes. A partir do curso 2011-2012 pasou a ser organizado pola Cordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua (CGENDL) como unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística e do Centro de Estudos de Galicia, para darlle continuidade ao obxectivo co que se fundou.
Este premio concédese cada curso académico a un ámbito social determinado. Este anos 2013 dedicóuselle ao deporte.

O xurado está formado polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros adscritos á CGENDL.

Os nominados son Gustavo César Veloso, Javier Gómez Noya, Pilar Neira Martínez e Vero Boquete.

Aínda que o meu candidato sería Gustavo César Veloso, pola súa actividade de ciclista que eu comparto con el, o premiado no noso centro foi Javier Gómez Noya.
Raúl Castro. 4ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 10-05-2013 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego