O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Xa estivemos lendo...
Comezou o concurso de lectura en alto. Onte luns inaugurouse a actividade coa lectura por parte dalguns profes: María González (francés), María Míguez (castelán), Xabier (castelán), Antón (filosofía), Luís Ramil (Historia), Pilar (Tecnoloxía)... estiveron lendo cadanseu poema de Lois Pereiro.

Hoxe leron os primeiros alumnos e alumnas que entraban no concurso: Ismael, Pablo e Fran de 4º ESO, así como varios de 1º ESO.

Mañá seguen lendo membros do profesorado, do alumnado e do persoal non docente.
Tamén comeza o concurso de recitado.

Deixámosvos unha foto da hora do recreo cando se estaba lendo, xa vedes que había expectación entre o público.

Non perdades mañá a actividade no 2º recreo.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 24-05-2011 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Lectura de poesía de Lois Pereiro no noso IES
Por que?
Trátase dun acto de homenaxe ao persoeiro a quen se lle dedica este ano o día das Letras Galegas que consiste na lectura da súa poesía. Ao mesmo tempo quere ser unha actividade que pretende darlle notoriedade á lingua galega.

Onde?
Vaise celebrar na biblioteca do centro a partir do día 23 de maio nos segundos recreos.

Quen participa?

Profesorado voluntario
Alumnado anotado no concurso de lectura
Alumnado anotado no concurso de recitado

Como se organiza?

As lecturas vanse desenvolver en días alternos entre o profesorado e o alumnado.
Os días que lea o alumnado estará presente o xurado que está formado por dous membros do profesorado e mais dous do alumnado do EDLG.
A listaxe dos lectores e lectoras de cada día vaise anunciar o día anterior nos taboleiros de normalización.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 19-05-2011 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Videos interesantes
Cóntovos. Vin uns videos moi interesantes, que persoalmente recomendo ver. Son uns videos moi chamativos, pois din cousas que nos fan pensar, como por exemplo nun deles no que se nos dicía que imaxinasemos unha Galicia na que non se falase galego. A min iso impactoume xa que para min é practicamente imposible imaxinalo. Se deixasemos de falar o noso idioma, que nos qedaría de ser galegos? A min, persoalmente, encantáronme porque dá motivos, razós e ánimos para falar o noso idioma (ou polo menos a min doumos). Ademais, pareceume unha idea moi boa e orixinal de promover a fala.

http://www.youtube.com/watch?v=oRc90uSH-38

http://www.youtube.com/watch?v=DbTZig_SMyg


http://www.youtube.com/watch?v=r2YTfzPGDKg


http://www.youtube.com/watch?v=scARyXKiZHk

Alba Moares
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-05-2011 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
A coordinadora de Equipos de Normalización e Fernández Paz foron condecorados.
O escritor Fernández Paz e a Cordinadora de Equipos de Normalización foron premiados co premio Roberto Vidal Bolaño outorgado anualmente polas Redes Escarlata. Estes premios son entregados a persoas ou agrupacións caracterizadas pola defensa da identidade de Galicia.

O xurado formado entre outros por Xosé Luís Méndez Ferrín reuniuse hai días para decidir a quen se lle daría o premio. Este destacou o feito de que Agustín Fernández Paz representase a dignidade de Galicia rexeitando o Premio da Cultura Galega da Xunta o que supón unha censura a unha política inimiga da nosa lingua. Así mesmo, segundo se recolle en termos da acta deste xurado a Coordinadora foi premiada polo "xeito pertinaz, honesto e lúcido, en que practican día a día a defensa do galego ameazado nas aulas".

O escritor converteuse en símbolo de resistencia ao Decreto do Plurilingüismo cando renunciou ao galardón creado pola Xunta.
Os novos galardóns aparte de perder cuantía económica quedaron reducidos na súa modalidade. Mesmo antes de obter o recoñecemento oficial Fernández Paz escribiu desde a Asociación Prolingua un manifesto no que se pedía que todos os que foran galardoados con este premio o reixeitasen.

Virginia 2º Bach.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 12-05-2011 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
O software libre en galego
Contar con un software en galego é unha opción á que nos é moi difícil chegar hoxe en día. Debido a isto, certas asciacións como Trasno ou a Oficina de Software Libre da USC fan xuntanzas para a súa tradución.
Hai un mes que se celebrou a súa última xuntanza, é dicir; a terceira edición do Fiadeiro de Localización de Software Libre, e que contou co apoio do Servizo de Normalizacón Lingüística. Entre os recursos traducidos nesta edición, a maioría estaban ligados ao campo educativo e formativo. Estas accións contribúen de xeito positivo á normalización do galego, así como a facer máis accesibles estas aplicacións aos usuarios.
Celeste C. 2º Bach.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 12-05-2011 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Olga Patiño: poeta, actriz e directora de teatro.
Nunha conversa publicada no xornal dixital Galiciahoxe atopámonos cun artigo que ten como protagonista a Olga Patiño, profesora dun instituto da Coruña e á súa vez poeta, actriz e directora de teatro.
Olga destaca polo seu labor na literatura galega, podendo ver os seus poemas en revistas literarias como Luzes de Galiza ou Xanela. Ademais disto, participou en numerosos libros colectivos de poemas , proxectos internacionais etc.
No ano 2006 esta poeta presentou numerosas obras poéticas de autores como Eva Veiga e Antonio N. Rodríguez. Isto non remata aquí xa que ao ano seguinte o seu traballo continuou coa presentación do seu libro Atmosferas, cuxos gravados pertencen a J.Valentín.
Na actualidade dedícase, xunto con Teresa Seara e Dores Tembrás, á dramatización do poema Tres mulleres de Silvia Plath, escritora estadounidense dona e obras como “A campá de cristal”. Por se fose pouco, ao mesmo tempo, Olga está escribindo un conto infantil chamado Noalba e esperando a publicación do poemario “Tempo en desuso”.
Olga afirma que a súa representación máis importante foi a obra dramática de Álvaro Cunqueiro (autor da posguerra) “A noite vai coma un río” que quizais sexa tamén unha das obras máis importantes do teatro galego. A peza é de temática amorosa, na cal Dona Inés, interpretada por Olga Patiño, se consome nunha estéril espera do seu home ideal, facendo así unha encarnación do sentimento amoroso.
Por unha banda, a nosa escritora define o teatro como unha das paixóns máis expresivas e útil na mellora do país. Ela defende a participación no teatro dende o ensino posto que axuda a potenciar as capacidades de percepción, comunicación, socialización e, dende logo, favorece a formación do sentido crítico.
Por outra banda, Patiño define a poesía como acto de comunicación libre, reveladora e redentora, co que se ensancha a capacidade de enfrontarse ao mundo.
En definitiva, autoras como Olga Patiño son as que levan adiante os diferentes xéneros cultivados na literatura galega, como é o teatro ou a lírica.
Así, penso que debemos apoiar todos estes modos de comunicación do noso idioma por medio de diferentes eidos, facendo posible ou colaborando, desta forma, ao aumento do recoñecemento da nosa lingua

Cristina P. 2ºBACH.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 12-05-2011 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Carreira a favor do galego.
En numerosas noticias que podemos ler nos medios estes días atópase unha nova moi interesante. Como todos os anos, estase a celebrar unha inicitiva xerada para a promoción do idioma galego, impulsada, entre outros, pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino). Este evento anual é o chamado Correlingua, e conta, este ano, con 4000 estudantes de centros de todos os niveis educativos da comarca.

Esta actividade, que consiste en diversas carreiras a prol da nosa lingua, é unha proposta que pretende motivar á mocidade e centros de ensino a manifestarse a favor do galego co fin de reividicar e garantir o futuro da lingua.
Este ano o lema acordado é “ En galego sempre somos”, co cal se resalta a importacia da lingua como medio de expresión dos galegos.

Meténdonos en algunhas das valoracións que puiden recoller cabe citar, en primeiro lugar, a Carlos Callón, presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, o cal declarou nunha roda de prensa que este evento está protagonizado polos mozos e mozas que compoñen a xeración máis desgaleguizada da nosa historia, aínda que por sorte, ainda quedan adolescentes que procuran a recuperación da súa lingua. Callón lamenta a falta de participación da Xunta neste acto, ós cales acusa de non participar en ningún acto a favor da lingua.
En segundo lugar, a valoración de Anxo Louzao, que como secretario nacional de Ensino da Confederación Intersindical Galega, afirma que a nosa lingua é atacada en todos os medios e institucións á vez que resalta que é necesario fortalecela mediante iniciativas como estas.

Actualmente o noso idioma está ateigado de numerosos prexuízos incoherentes que se teñen que ir eliminando. Por isto as novas iniciativas e eventos a favor da idioma, como o Correlingua, serán de moita utilidade para o galego.

Por último, hai que dicir que estas actividades se levaran a cabo entre os días 2 e 13 de maio nas quince localidades galegas, comezando en Santiago e acabando na cidade de Ourense.
A CARREIRA aínda non rematou así que tedes tempo de apuntarvos en algunha delas.
Animádevos a participar!

Cristina P. 2ºBACH.






e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 11-05-2011 08:23
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Negro hoxe no noso IES
Hoxe, 10 de maio, estivo no noso IES Carlos Negro o autor do libro: Makinaria. Este durante a actividade recitounos os poemas que contiña o libro. Fixo algo moi ameno ao explicarnos o tema da obra poñendo coches sobre a mesa, tantos coma o numero de mortes nas estradas este ano.
Ao final agasallounos un caramelo acompañado des verso de amor a cada un de nós.

Aura e Tamara (4º ESO B)

Na charla de hoxe divertimonos moito xa que á parte de ensinarnos o que pode cambiar a poesía dependendo das persoas que a conten, cantamos unha canción mentres el contaba o poema e deunos un pequeno agasallo moi sinxelo, pero cunha gran importancia (para sabelo lede o artigo da revista). Deunos datos sobre as persoas que morrian nun ano en Galicia menores de 30 anos a causa dos acidentes de coches, 83 persoas.
Raquel (4º ESO C)
e ti que opinas? (4) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 10-05-2011 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Posto en evidencia o Decreto do Plurilingüismo
Podemos atopar no xornalgalicia.com unha noticia que está acaparando os medios de información sobre a lingua galega e que tamén é do noso interese, segundo vimos recollendo. Esta cóntanos que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite o recurso interposto pola RAG contra o Decreto do Plurilingüismo. É importante citar que con este son xa catro os recursos admitidos a trámite pola Xustiza contra dito decreto.

A Real Academia Galega mantén a esperanza de restablecer nun futuro próximo o concenso necesrario que acompañou nas aulas de Galicia durante moitos anos, á vez que se queixa polo excesivo tempo que se tardou en admitir este recurso.

Toda esta polémica comezou coas críticas da RAG, a cal tachaba de inaceptable e inconsciente este decreto, esixindo a rectificación da Xunta. Ademais, hai que ter en conta que este foi recorrido por ata seis colectivos e contou con numerosas manifestacións que non compartían esta nova norma.

Así, Xosé Cabido mostrase positivo ante esta situación, aínda que mantén a idea de que isto non é todo e que hai que seguir loitando pola defensa do noso idioma no ámbito da educación.

Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, considera que isto non é nada novo, á vez que afirma que o Tribunal Superior está cumprindo co seu traballo, é dicir, estudando se existen ilegalidades en dito decreto. Desta forma, Lorenzo contradise co dito uns meses atrás, cando afirmaba que o decreto era legal e que non tiña sentido que aquilo que se perde no plano político se intente gañar noutros ámbitos, citando isto en ferencia aos recursos presentados por aquel entón. Este, na súa defensa, dispón que no ano 2010, a Secretaría xeral de Política Lingüistica impulsou máis de cen medidas de amparo ao Plan de Normalización da Lingua galega, entre as que destacan a rede de Dinamización Lingüística, coa cal se pretendía potenciar o galego.

En definitiva, estes problemas son ocasionados por un Decreto que dende o seu comezo contou con numerosas apelacións axudadas de abundantes manifestacións celebradas co obxetivo de eliminar dita normal. Así pois, estas medidas deberían ser postas en evidencia moito antes. Agora, comézase a observar como o decreto acaba caendo polo seu propio peso, coa axuda de entidades como a Real Academia Galega e mesmo sindicatos como CIG ou STEG.
Á dereita, podese ver a imaxe no momento no que a RAG apela contra o Decreto do Plurilingüismo.

Cristina P. 2ºbach.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 05-05-2011 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia volve a admitir ouutro recurso contra o decreto do plurilingüismo
Veño de de atopar unha noticia no xornal dixital Galicia Confedidencial na que se nos informa de que O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de admitir a trámite as alegacións presentadas polo Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) contra o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario.
Así, afirman que este decreto non foi apoiado por todo o sector social e que ademais perxudica tanto ao Estatuto de Autonomía como á Lei de Normalización Lingüística de Galicia.
Por outra banda, o Parlamento levará a cabo a Lei de Convivencia e Participación, en base á cal se realizarán enquisas nas que se lles consultará aos pais e nais sobre a lingua na que queren que os seus fillos se eduquen.

Por estes motivos, denunciouse que esta lei ten dúas ideas, por unha banda preténdese legalizar as consultas aos pais sobre a lingua en que queren escolarizar aos seus fillos, mentres que por outra, o PP pretende limitar o dereito a que os pais participen noutros ámbitos do ensino.

As leis en vigor contemplan que “o fomento do galego debe ir de menos a máis e non ao revés”, segundo nos lembra o presidente da Mesa pla Normalización, Carlos Callón, ao tempo que sostén que a normativa da Xunta supón un retroceso na potenciación do idioma propio do noso país.
Hai que dicir que este decreto posto a discusión elimina a consulta aos pais en primaria e secundaria e ademais é un grande retroceso na lingua galega.

Virginia 2º Bach.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 05-05-2011 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego