O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Presentación do Proxecto
Mañá luns, 31 de maio, ás 11:15 da mañá, no IES Félix Muriel de Rianxo, vanse presentar os resultados do proxecto plurianual No meu mar, na miña lingua, galardoado desde o seu nacemento, no curso 2007-2008 ata este momento de peche, con tres Premios de innovación educativa en normalización lingüística.

No acto vanse presentar os vocabularios multilingües (galego-castelán-inglés-francés-portugués) elaborados durante estes anos centrados no ámbito dos deportes náuticos e mais das embarcacións tradicionais. Estudantado e profesorado do ENDL do IES realizaron un traballo de investigación que culminou nun dicionario visual editado en papel, noutro en formato dixital, e en varias láminas con debuxos onde se indican os nomes das distintas partes das embarcacións de vela, remo e piragüismo (canoa e kaiak). Tamén se traballou nas embarcacións tradicionais: gamela, racú, barco de batea e xeiteira. Os vocabularios están organizados por campos temáticos, contan con ilustracións a color de cada un dos termos definidos e ademais coas correspondencias dos termos en varias linguas (castelán, inglés, francés e portugués).

Dentro do mesmo proxecto tamén se editaron un par de vídeos sobre a carpintería de ribeira e mais sobre os deportes náuticos.

Participarán no acto: o secretario da Real Academia Galega (RAG) e director de Centro de terminoloxía científico-técnica de Galicia (Termigal) Manuel González González, o tamén académico, catedrático da USC e especialista en terminoloxía Francisco Fernández Rei, o expresidente da Federación pola Cultura Marítima e Fluvial, Fernando Piñeiro, a coordinadora dos ENDL da provincia da Coruña, Mercedes Queixas, a responsable dos Premios de innovación en normalización lingüística da Consellería de educación, Olga Iglesias e a concelleira de cultura do concello de Rianxo, Mª Carmen Figueira.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 30-05-2010 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Eu, tamén en galego
Presentación en Ribeira da campaña
"Eu, tamén en galego" na que o noso IES tamén participou.



e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-05-2010 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Premiados Concurso de Lectura en Alto
Xa se sabe quen son os premiados do concurso de lectura en alto. Os premiados son:

1º PREMIO: Adrián Mosquera
2º PREMIO: Nerea
3º PREMIO: José Ángel López

Esperamos que para o vindeiro ano se apunte máis xente ao concurso.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-05-2010 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Celebramos o concurso de recitado e de lectura
Estivemos a celebrar no IES Félix Muriel durante esta pasada Semana das Letras o concurso de recitado e lectura de poemas. Un número considerable de alumnos acudiu nos recreos a declamar e ler en público textos escollidos de Uxío Novoneyra.
O concurso posuía dúas modalidades:
a) recitado de poemas de Uxío Novoneyra previamente memorizados.
b) lectura de poemas escollidos ao chou diante do público.
O xurado do concurso estivo composto por dous membros do alumnado e dous do profesorado, diferentes en cada unha das modalidades, que valoraron mediante unha ficha os diferentes aspectos que comprende a dramatización poética.
A experiencia resultou moi enriquecedora. Haberá agasallos para quen mellor demostrou as súas cualidades interpretativas en ambas as dúas categorías. O vindeiro martes vaise fallar o premio.
Dende o noso blog desexamos sorte para todos os participantes e agardamos que o éxito desta edición anime a máis alumnado para futuras edicións do concurso.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 23-05-2010 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
A poesía tamén interesa
O pasado venres puidemos asistir na biblioteca de Rianxo, Pazo de Martelo, a un recital de poesía a cargo de Yolanda Castaño.

A escritora, que xa nos visitara o ano pasado ofrecéndonos unha charla sobre a súa traxectoria como poeta, é coñecida por obras,entre outras, como “Delicia”, “Edénica” ou “Profundidade de campo” , a súa última obra.

Pertencente á promoción dos noventa, destaca polo uso da temática erótica que aborda nos seus libros, que elabora ou constrúe a través dunha linguaxe cargada de neoloxismos para transmitir así, unha impresión caótica.

Foi galardonada con numerosos premios (“Premio Fermín Bouza Brey”, “Espiral Maior” ou “Premio da Crítica Española”,entre outros)e non só destaca polo seu labor literario, senón que é coñecida tamén polo seu traballo no mundo audiovisual.

Se queredes coñercer un pouco máis a esta recoñecida poetisa, podedes visitar a súa páxina oficial : http://www.yolandacastano.com/home.htm

Ana Pérez 2ºbac A

e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 20-05-2010 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
DICIONARIO NOVONEYRA

Como ben sabemos este luns vén de celebrarase o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Uxío Novoneyra.
Esperanza Mariño Davila publica agora con motivo desta conmemoración o `Dicionario Novoneyra´ un libro no cal ademais da vida do autor se presentan materiais, exercicios e esquemas sobre este para utilizar o ensino.



Cóntanse aspectos da vida de Novoneyra curiosos e que marcaron ao escritor como por exemplo un altercado cos fascistas na época de Franco, os cales racharon o xersei que o escritor levaba aínda sendo un neno, polo simple feito de ser de cor vermella. Outro acontecemento que marcou a Novoneyra foi a morte do seu veciño Manuel de Ribadaira.

Descríbese ao autor ancarense como un poeta do amor e como un artista tanto no campo das letras como no da pintura e outras artes gráficas. Solidario e entusiasta, así era Uxio Novoneyra, crente na liberdade como ferramenta para levar a cabo os seus proxectos. Para expresar esta idea o autor deixounos esta magnífica frase `Un poeta libre é un poeta útil ´


J.DANIELS


e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 20-05-2010 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
XA LEMOS O NÚMERO 25 DA REVISTA DE HUMOR RETRANCA

Nesta edición, a revista trata moi duramente, pero con humor, as palabras que Rosa Díez dixo sobre os galegos nunha entrevista na que dixo: “Zapatero podería ser gallego en el peor sentido de la palabra”. Tamén se presentan temas coma o do Ano Santo en Santiago de Compostela e a crise económica en Galicia. Dúas das seccións que máis me gustan son “Axitación visual”, que mostra como se ve o mundo hoxe en día, e “A diviña comedia”, un relato protagonizado polo mesmísimo Deus. Neste número faise unha caricatura do actor galego Luís Tosar, protagonista da película “Celda 211”.

Daniel 2º ESO A
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 20-05-2010 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
XI Premio Leixáprén: entrégase hoxe en Dodro
Hoxe vinte de Maio, ás once horas, no instituto CPI EUEBIO LORENZO BALEIRÓN de DODRO Xurxo souto recibirá o décimo primeiro premio LEIXAPRÉN.

Que é o Premio Leixaprén?: Desde o ano 1999, a Coordinadora Leixaprén, formada por un conxunto de Equipos de Normalización Lingüística de centros educativos públicos de Educación Secundaria situados nos concellos de Dodro, Lousame, Muros, Noia, Porto do Son, Rianxo e Rois, vén cncedendo anualmente un galardón que pretende recoñecer o traballos de persoas, colectivos ou institucións que se distinguen pola defensa e promoción da lingua galega.
O Premio Leixaprén simbolízase na entrega á persoa ou entidade premiadas dunha copa realizada polo oleiro Manuel Caamaño, acompañada dun pergamino acreditativo da concesión do mesmo; o acto de entrega constitúe, cada ano, unha festa que celebra o compromiso colectivo con noso idioma.

Quen é o premiado deste ano?
Xurxo Souto é un artista galego, polifacético e multidisciplinar: cantante, acordeonista, escritor, locutor, ocasionalmente actor, e con formación académica no ámbito da filoloxía clásica.
O curso pasado tivemos a honra de que viñese ao noso centro, acordádesvos? Mirade a crónica da súa actuación na revista Bico da ría!

Xurxo fíxose moi popular como líder e vocalista da banda de rock “Os Diplomáticos de Monte-Alto”, entre os anos 1990 e 2001; destaca tamén por se un gran difusor da música galega contemporánea, desde unha perspectiva integradora de diversas tendencias e estilos. Tempouco debe esquecerse o seu oficio como escritor, nunha narrativa arroutada de cerna popular e tabernaria. Ademais de ter cinco libros publicados, colabora con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.


Adrián Sobradelo. 3º ESO E
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 20-05-2010 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Amor de augas
Participo con este texto en lingua de amor:


Cada día remo nas augas máis azuis e fermosas: os teus ollos, ciabogo nas loiras ondas do teu cabelo e logo diríxome á meta que me leva ó teu corazón. Aínda non diviso a corcheira pero teño fogos abondo para seguir remando ata o final e subir ó podium co mellor dos trofeos: o teu corazón. QUÉROCHE


Iván Ferro Herbón
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-05-2010 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Correlingua rianxeiro
O pasado día luns 10 de maio fomos ó Correlingua, que este ano se celebrou en Rianxo.
Do noso IES participamos o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO. Fomos arredor de 230 alumnos e alumnas que saímos a pé do instituto temendo a chuvia.
Primeiro fomos á vila portando unas pancartas, logo comezou a carreira, e ao final entregáronse unas chapas de apoio ao galego e uns pósters co manifesto que foi lido a continuación. Actuaron os regueifeiros Pinto e Caruncho e un grupo de música moderna. Logo voltamos o instituto despois deste divertido evento.

Daniel, 2º ESO A
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 14-05-2010 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego