O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Científicos galegos que traballan en Europa defenden o galego
Nove expertos que traballan vencellados ao famoso Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN)e que son galegos responden ás polémicas palabras da Congapa en contra do ensino en galego de Química ou Física, quen declarou que “utilicemos o sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionais, non se poden dar en galego”.

Vaites, vaites...

Menos mal que saíron á palestra nove científicos galegos que non uns calquera, senón que son un grupo que traballan en proxectos internacionais do Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), incluído o famoso acelerador de partículas, dá un paso ao fronte en defensa do galego.
Elaboraron un manifesto, remitido a Vieiros, no que critican as polémicas declaracións do voceiro Confederación das Asociacións de Pais de Alumnos de Colexios Concertados (Congapa).

Segundo se pode ler no manifesto os científicos respóndenlle que “declaracións deste tipo resultan totalmente inadmisíbeis”. Argumentan que “no noso ámbito de traballo estamos acostumados a ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego. Nun contorno no que temos a sorte de traballar con algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo, o galego está, modestamente a través de nós, presente como vehículo de comunicación científica”. Eles demostran que o galego non é unha lingua inválida para a investigación máis avanzada e demandan que se debata sobre a lingua no ensino “ dende máis absoluta rigorosidade, a mesma pola que nós estamos rexidos nas nosas actividades científicas”.
No devandito manifesto, asinado o pasado día 26 na sede do CERN en Xenebra, pode lerse tamén que “O noso obxectivo con esta carta é simplemente evitar que se empreguen argumentos falsos (ou falseados) na discusión dun tema tan delicado e importante coma este. E tamén reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casa”.

Manifesto dos científicos publicado en Vieiros
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-05-2009 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
O culebrón da política lingüística
Non damos feito a ler noticias sobre a política lingüística que se vai aplicar (non sabemos aínda como) nesta comunidade.
Na prensa de onte houbo novas lingüísticas moi interesantes.
Unha en La Voz de Galicia onde se dicía que a directiva da Confederación Galega de APA de colexios públicos (Confapa) mantivo a súa primeira reunión co conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, para falaren sobre o famoso decreto do galego. Virgilio Gantes, presidente desta entidade, sinalou que o responsable educativo asegurou que «non vai haber segregación» dos estudantes por aula en función da lingua elixida. Tamén mencionou a famosa enquisa para os pais que todo o que dixo é que será ampla.


Por outro lado, o responsable da Política Lingüística, Anxo Lorenzo, intercambiou cos representantes da CTNL as primeiras impresións sobre a situación actual dos servizos lingüísticos en Galicia. Anxo Lorenzo trasladoulles a súa intención de apostar nesta lexislatura pola creación dunha rede que permita sumar esforzos e poñer en conexión as diversas iniciativas que se están a levar a cabo de xeito illado nos diferentes ámbitos sociais. Esta é unha reivindicación dos servizos lingüísticos desde hai anos.

Daniel Díaz (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-05-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
28 de maio: entrega do X Premio Leixaprén
Hoxe, 28 de maio de 2008, entregouse en Outes o X Premio Leixaprén que entrega a coordinadora do mesmo nome, coordinadora da que formamos parte.
O premiado foi a asociación Mar de Lira de Carnota e a homenaxe fíxoselle a un poeta local morto: Domingo Sendón Rodríguez.

A información completa sobre o premio e o premiado está na nosa revista dixital (www.bicodaria.com)
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 29-05-2009 00:41
# Ligazón permanente a este artigo
27 de maio: día da enfermidade celíaca
Hoxe 27 de maio é o día da enfermidade celíaca. Que é ou en que consiste esta doenza?

Trátase dunha intolerancia permanente ó glute, proteína que se atopa no trigo, cebada, triticale, espelta e kamut.

A xente que padece esta enfermidade, se consume glute, sofre unha atrofia da vellosidade intestinal, o que leva consigo unha mala absorción de nutrientes e polo tanto, desnutrición.

O único tratamento que existe: facer unha dieta estrita sen glute de por vida.
e ti que opinas? (2) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-05-2009 01:20
# Ligazón permanente a este artigo
Información de Ramón Piñeiro ó noso alcance
Na páxina culturagalega.org estivemos informándonos cada xoves sobre este importante personaxe ó que se lle dedicou este ano o día das Letras galegas.
Tras o remate da Guerra Civil, Ramón Piñeiro foi un dos autores máis importantes para o galeguismo político e cultural. Foi unha influenza para as novas xeracións galeguistas pero tamén desconfiaron del o nacionalismo do exilio e as novas organizacións nacionalistas en Galiza. Con todo isto marcou sobre a historia de Galiza.
Na nosa revista dixital podedes informarvos en detalle sobre o persoeiro.

Isabel Tembra (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-05-2009 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación do 17 de maio
Foi un éxito, aínda que non hai acordo no número de asistentes. Segundo a Mesa, entidade convocante, acudiron cincuenta mil persoas; vinte mil, segundo a policía local. Todas elas saíron da Alameda de Santiago ata a praza da Quintana. Moitos de nós tamén estivemos e comprobamos como cando chegamos a unha praza da Quintana xa repleta, aínda quedaban compañeiros sen saír da alameda. A grande afluencia fixo que se lese dúas veces o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego, por parte de Yolanda Castaño (desde hai 15 días máis coñecida nosa), Nemésio Barxa, Teresa Moure e Avelino Pousa Antelo. Ninguén lle tivo medo ó mal tempo.

Isabel Tembra (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-05-2009 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
Novas na política lingüística da Xunta
1) O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñece que a maior parte do seu grupo parlamentario ten dificultade para expresarse en galego e dálle a posibilidade de facelo en castelán.Feijóo non quere que ningún dos seus 37 deputados se cambie ao galego por medo ó qué dirán os dous partidos da oposición.

2) O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ten pensado derrogar o anterior Decreto de Política lingüística e poñer nas mans do novo secretario xeral de Política Lingüística a creación dun novo. No que se refire á data de aprobación do novo decreto o presidente asegura que estará listo na primeira parte da lexislatura.

Pero parece que estas decisións non son ben vistas por ninguén: nin pola asociación Galicia Bilingüe, os cales se senten defraudados polo presidente, nin polos sindicatos, ANPAS dos centros públicos nin pola Coordinadora Galega de ENDL. Os primeiros consideran que Feijóo non está atendendo como é debido os seus compromisos e insisten en reclamar unha política sen imposicións no que respecta á lingua. Os outros non lle ven sentido a esa teima con derogar un decreto que se estaba aínda poñendo en funcionamento e que non impón nada, só busca alumnado competente nas dúas linguas.


Cris Saborido 2º Bach. C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-05-2009 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
San Sebastián aposta pola riqueza lingüistica para ser capital europea da cultura no 2016
Ademais de Madrid en 1992, Santiago de Compostela en 2000 e Salamanca en 2002 , San sebastián quere ser a Capital Europea da Cultura en 2016 e a súa principal baza será a sua riqueza lingüística .
Esta iniciativa pretende representar a todo o territorio vasco, que abrangue dende Baiona ata Bilbao, e no que conviven euskera, castelán e francés.

San Sebastián está tomando exemplo doutras candidaturas anteriores que xa gañaron este premio que son Luxemburgo e Rumanía, que tamén gozan dunha gran variedade lingüistica, falándose en Luxemburgo o luxemburgués, o francés e o alemán e en Rumanía o rumano, húngaro e alemán.

Ademais en San sebastián atopámonos co Guggenheim, os museos de Baiona , o centro Tabakalera e o Artium de Vitoria que serán algún dos puntos de referenza na oferta cultural como sinalou Elorza.

A imaxinación e a creatividade serán tamén os puntos fortes dunha proposta que xirará en torno á cultura da paz e a educación en valores, o acercamento da cidadanía ás institucións europeas ou a inmigración.

Ademais de San Sebastián Murcia, Tenerife, Valencia, Segovia, Santander, Burgos, Cáceres, Asturias, Alcalá de Henares e Córdoba son outras das cidades que optan a alzarse con este título, das se elexirán ás localidades españolas que finalmente competirán por sela capital europea da cultura en 2016, compartindo este galardon con outra cidade polaca.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-05-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
O intercambio a Vilalba

Onte luns 25 de maio fomos de intercambio a Vilalba co I.E.S. Santiago Basanta Silva.Primeiro viaxamos ata o seu instituto e recibíronnos cun concerto de música e cunhas lecturas duns poemas. Despois fomos ver unha exposición á súa biblioteca.Logo comemos na cafetería do centro e a continuación fomos pola vila.Alí puidemos ver unha igrexa e un castelo habilitado como hotel.
Unhas horas máis tarde fomos a lugares cerca de Vilalba como Meira, ó nacemento do Miño, e ó museo de Vilalonga e ós seus castros.

Na nosa revista dixital ides ler nos próximos días o artigo completo sobre a actividade xunto coa reportaxe gráfica. Non o perdades!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 26-05-2009 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Expresións Rianxeiras
En Rianxo hai unha serie de expresións típicas que só se dan por aquí. Poñamos como exemplo:

•“E lo?” en vez de “E logo?”

•O de dicir “homee:...”

•Utilizar “caldeirada” como sinónimo de “botar un sermón”

•Os vellos cando non coñecen a un rapaz (maiormente) sempre nos preguntan : E lo ti de quen vés sendo?

•Os míticos seseo e gheada (“sapato” e “ghato”)

•As vellas cando se sorprenden por algo sempre din iso de: Ai Cheíña, Sei que me jodes!

Á parte de algunhas palabras típicas de Rianxo:

•Arolas (”Hoxe vas comer AROLAS” como sinónimo de
“nada”).

•“Íbanos” en vez de “iamos”

•O verbo “aquelar” e as palabras “aquel” e “couso” como sinónimo de todos os verbos e substantivos cantos hai.

Julia, Elisabet, Adrián, Nacho (3ºB)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 22-05-2009 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego