O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Excursión a Terras do Deza
O día doce de maio, os quince alumnos de 2ºC fomos co noso titor Xabier e co profesor de galego Xosé, a Merza, Silleda, Piloño e Gres.
Visitamos a fervenza da Toxa que, por certo, é grandísima e moi fermosa.
Tamén visitamos o mosteiro de Carboeiro. Alí foi onde comemos e tamén onde pasamos moito medo, polas características do edificio e polas bromas dos compañeiros.
Pola tarde visitamos a fundación Neira Vilas e a “Solaina”. Alí, na solaina, vimos cousas moi curiosas e interesantes.
Esta excursión é a típica que non se esquece xamais!


Christian Filgueira Iglesias, 2ºC
e ti que opinas? (0) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 27-05-2008 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Estereotipos



QUE NINGUÉN SE OFENDA, ESTAMOS A FALAR DE ESTEREOTIPOS!




ESTEREOTIPOS


O luns 19 de maio celebrouse no instituto un obradoiro de optimización comunicativa. Nel, as profes de Reverso trataron de facernos ver os diferentes estereotipos existentes, demostrándoo con diferentes actividades.

Gustounos moito, sobre todo a parte na que as rapazas que viñeron a darnos a charla nos leron uns textos que falaban de dous personaxes e nós tiñamos que imaxinárnolos e logo debuxalos. A maioria de nós non acertamos, porque pensabamos que eran homes cando tamén podían ser do sexo contrario. Estes son os nomeados estereotipos.
Tamén fixemos uns crebacabezas formando personaxes distintos xuntando as cabezas coas demais partes do corpo, e tiñamos que dicir,segundo o seu aspecto, se pensabamos que falaban en galego ou castelán.

Grazas a esta actividade aprendemos que na nosa sociedade estamos rodeados de estereotipos, e que con estes non podemos definir ningunha persoa xa que todas son iguais.

Clara Suárez Somoza (3º D)
Adriana Rial González (3º D)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 27-05-2008 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición: Onde o mundo se chama Terranova
"Onde o mundo se chama Terranova" é unha exposición temporal que se poderá visitar ata o vindeiro 21 de setembro no Museo do Mar de Vigo.
Achega a visión de varios biólogos que botaron meses embarcados nos buques que ván á pesca do bacallao. Tamén recrea os espazos dun barco de altura, obxectos e diferentes textos que amosan o traballo que os mariñeiros galegos desenvolveron durante anos nas costas do Canadá na pesca do bacallao a través de máis de 370 fotografías.

Non terán a nosa xeiteira, pero pode resultar interesante.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 25-05-2008 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Para cantar e bailar
PARA CANTAR E BAILAR
Luís Prego

Para cantar e bailar é un libro-disco de Luís Prego publicado en Edicións do Cumio que recolle 23 xogos tradicionais vertebrados arredor da nosa música e baile tradicional, todos con explicacións sinxelas das coreografías acompañadas por ilustracións de Serxio Cobos.

O traballo recupera xeitos lúdicos de aprendizaxe que lles permiten aos máis novos iniciarse nos distintos tipos de baile galego.

Acompáñanse tamén as letras adaptadas a nivel de lingua e de contido e as partituras das cancións, así como un CD cos temas musicais e unha pista de video onde atoparemos demostracións dalgúns dos bailes.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 25-05-2008 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso da ONCE
As alumnas de 3ªA do noso I.E.S Lara Carou , María Castro, Paula Castro, Sara Galbán e María García foron as gañadoras da fase provincial da Coruña e da fase autonómica do concurso da ONCE cun “storyboard” para un anuncio. O seu grupo compite neste intre con todas as comunidades autónomas españolas.
Esperamos que teñan moita sorte e que pronto saibamos que son as gañadoras a nivel nacional.

Máis información na nosa revista.
www.bicodaria.com
e ti que opinas? (5) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 23-05-2008 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Nova versión de www.digalego.com, o dicionario de galego na rede



BOAS NOVAS PARA TODOS E TODAS NÓS!!!


Hai nova versión do dicionario galego na rede de Ir Indo Edicións




Ir Indo Edicións presenta o primeiro dicionario normativo (www.digalego.com). Incorpora as etimoloxías e equivalencias en lingua portuguesa, castelá e inglesa, insire tamén sinónimos, antónimos, variantes, novas traducións e préstamos, ademais doutras diversas seccións que o converten no diccionario máis completo na actualidade na rede.

Asemade, con esta nova versión, o internauta tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán ou inglés picando debaixo do idioma correspondente. Esta nova e moderna ferramenta lingüística de Ir Indo Edicións incorpora a tecnoloxía wap para poder acceder dende o móbil a través do enlace wap.digalego.com.


Como todo é mellorable Ir Indo Edicións agradecen as vosas achegas e suxestións.



e ti que opinas? (0) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 20-05-2008 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Convocan un casting para atopar o protagonista da súa nova produción Game Over
A PRODUCTORA NBEK producións e caChuzo teatro CONVOCAN UN CASTING PARA ATOPAR O PROTAGONISTA DA SÚA NOVA PRODUCCIÓN GAME OVER

Hai boas novas para todos aqueles e aquelas de vós que teñen en mente dedicarse ao mundo da interpretación ou para os/as que queiran saber se teñen madeira de "prota"!!!


A produtora galega nbek e caChuzo teatro, convocan un casting para atopar o protagonista da súa nova produción “Game Over”, de Carlos Losada, Premio Manuel María 2007 de literatura dramática infantil, (IGAEM. Consellería de Cultura e Deportes).

As probas de selección realizaranse en Santiago de Compostela a finais de maio, e a elas están convocados todos os actores e actrices novos maiores de 16 anos, que desexen dar vida a “ROI”, o neno de dez anos protagonista desta obra.

Os interesados/as poden apuntarse chamando ao teléfono 654· 867·554 ou polo correo calaco@nbek.org

A posta en escena de “Game Over” mestura coreografías, cancións e proxeccións de animacións dunha grande plasticidade que creará un espectáculo visual único, dirixido ao público infantil e familiar. A dirección correrá a cargo do propio autor e será estreada o día 3 de outubro de 2008 no Salón Teatro de Compostela.


e ti que opinas? (0) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 20-05-2008 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
VI certame literario Aurelio Aguirre de poesía 2008

VI CERTAME LITERARIO AURELIO AGUIRRE DE POESIA 2008

Os Centros Socioculturais convocan o VI certame de poesía "Aurelio Aguirre" 2008 . Así que xa sabes, non deixes de crear e permítenos poder ler eses versos que sen dúbida merecen a pena ser publicados!!!


- O premio será de 1000 euros.

- As bases do certame:

Un: Ter máis de 14 anos e residir na comunidade autónoma galega.

Dous: O tema será libre. Os relatos deben ser orixinais e inéditos. Só se admitirá un traballo por persoa.

Tres: En lingua galega.

Catro: A extensión non poderá ser menor de 50 versos nin maior de 100.

Cinco : Presentarase unha copia mecanografada a dous espazos e por unha soa cara, en Din A4 debidamente grampados,
cosidos ou encadernados; e unha copia en formato dixitalizado (PDF ou un formato aberto como ODT, TXT, RTF, etc.).

Seis: Os poemas irán nun sobre pechado no que figurará de forma destacada: VI certame de poesía Aurelio Aguirre e o título da obra. Dentro deste irá outro sobre pechado co título da obra escrito por fóra e no que se introducirán os datos do autor ou autora (nome, apelidos, enderezo e teléfono, así como unha fotocopia do DNI). Nin nos traballos nin no sobre figurará ningún elemento que permita identificar o autor ou autora.

Sete: O prazo de presentación dos traballos conclúe o 31 de decembro de 2008 e débense entregar no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente
Salvador Allende, 4). Unha vez rematado o prazo publicarase a listaxe de traballos presentados na páxina web de Centros Socioculturais durante 15 días para posíbeis reclamacións.

Oito: O xurado estará composto polo concelleiro delegado de Centros Socioculturais, tres técnicos, o gañador da anterior edición e un
escritor. A decisión do xurado con respecto ao gañador é inapelable.

Nove: A decisión do xurado darase a coñecer antes de marzo de 2009. Farase entrega dunha acreditación do premio acadado no acto de entrega de premios.

Dez: Os orixinais e as copias poderán ser recollidos na biblioteca do CSC de Vite até un mes despois da entrega de premios.

Once: O Departamento de Centros Socioculturais poderá publicar os relatos, sen que isto implique privación ningunha dos dereitos de autor para a súa publicación posterior.

Doce: O premio poderá ser considerado deserto polo xurado en caso de non acadar o nivel de participación ou de calidade esperado.
Nese caso darase un premio simbólico ao mellor traballo.

Trece : A participación no concurso supón a aceptación das súas bases.

Podedes solicitar máis información en:

Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, Tel. 981 528 740; bibliotecacsc@santiagodecompostela.org ou nesta páxina

e ti que opinas? (0) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 19-05-2008 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Certame Literario de Relato Curto 2008 José Saramago
VIII CERTAME DE RELATO CURTO 2008 JOSÉ SARAMAGO

Os Centros Socioculturais convocan o VIII Certame
Literario “José Saramago” de Relato Curto 2008
. Así que vai pensando en presentar ese relato que che ronda na cabeza ou aquel outro que tes agachado...

- O premio será de 1000 euros.

- As bases do certame:

Un: Ter máis de 14 anos e residir na comunidade autónoma galega.

Dous: O tema será libre. Os relatos deben ser orixinais e inéditos. Só se admitirá un traballo por persoa.

Tres: En lingua galega.

Catro: A extensión non poderá ser menor de 5 páxinas nin maior de 25.

Cinco : Presentarase unha copia mecanografada a dous espazos e por unha soa cara, en Din A4 debidamente grampados,
cosidos ou encadernados; e unha copia en formato dixitalizado (PDF ou un formato aberto como ODT, TXT, RTF, etc.).

Seis: Os relatos irán nun sobre pechado no que figurará de forma destacada: VIII Certame de Relato Curto José Saramago e o título da obra. Dentro deste irá outro sobre pechado co título da obra escrito por fóra e no que se introducirán os datos do autor ou autora (nome, apelidos, enderezo e teléfono, así como unha fotocopia do DNI). Nin nos traballos nin no sobre figurará ningún elemento que permita identificar o autor ou autora.

Sete: O prazo de presentación dos traballos conclúe o 31 de decembro de 2008 e débense entregar no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente
Salvador Allende, 4). Unha vez rematado o prazo publicarase a listaxe de traballos presentados na páxina web de Centros Socioculturais durante 15 días para posíbeis reclamacións.

Oito: O xurado estará composto polo concelleiro delegado de Centros Socioculturais, tres técnicos, o gañador da anterior edición e un
escritor. A decisión do xurado con respecto ao gañador é inapelable.

Nove: A decisión do xurado darase a coñecer antes de marzo de 2009. Farase entrega dunha acreditación do premio acadado no acto de entrega de premios.

Dez: Os orixinais e as copias poderán ser recollidos na biblioteca do CSC de Vite até un mes despois da entrega de premios.

Once: O Departamento de Centros Socioculturais poderá publicar os relatos, sen que isto implique privación ningunha dos dereitos de autor para a súa publicación posterior.

Doce: O premio poderá ser considerado deserto polo xurado en caso de non acadar o nivel de participación ou de calidade esperado.
Nese caso darase un premio simbólico ao mellor traballo.

Trece : A participación no concurso supón a aceptación das súas bases.

Podedes solicitar máis información en:

Centro Sociocultural José Saramago de Vite Tel. 981 542490; bibliotecacsc@santiagodecompostela.org ou nesta páxina
e ti que opinas? (0) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 19-05-2008 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores

PREMIO DE POESÍA DÍAZ JÁCOME PARA NOVOS CREADORES (E CREADORAS -DIGO EU!!!-)

Poetas e poetisas de Rianxo inspirádevos é demostrádelle ao mundo o que tedes dentro!!!

O Concello de Mondoñedo e a Fundación Caixa Galicia convocan anualmente o premio de poesía “Díaz Jácome” para novos creadores co obxectivo de estimular a creación poética entre a xente nova.

Bases do concurso

Primeira: Poderán optar ao premio todas as persoas, de idade non superior a trinta anos, calquera que sexa a súa nacionalidade.

Segunda: Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos anteriores ao fallo do xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou declarando deserto o premio.

Terceira:As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do compositor ou compositora.

Cuarta: Deberán presentarse tres orixinais en tamaño DIN A4 mecanografados a dobre espazo.

Quinta: Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición algunha que puidese suxerir o nome do autor ou autora, sendo presentados cun lema e un título.
En sobre separado e pechado, constará o lema e o título no exterior, e no interior o nome e apelidos do autor ou autora, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, fotocopia do DNI polas dúas caras ou no seu defecto fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta ao concurso e incluirase tamén unha breve nota biográfica do autor ou autora e o título do poema.
O xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ao disposto nesta base.

Sexta: O prazo de admisión de orixinais remata o día 2 de xuño do ano 2008, considerándose incluídas neste prazo as obras que, enviadas por correo, ostenten o cuño de orixe con esta ou anterior data.
As obras deberán enviarse ao seguinte enderezo:

Concello de Mondoñedo - Praza do Concello, 1 -27740 Mondoñedo (Lugo)
Coa indicación: IX Premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores.

Sétima: O xurado que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario, emitirá o seu fallo en setembro de 2008.
A decisión do xurado darse a coñecer nos distintos medios de comunicación e seralle comunicada aos autores ou autoras seleccionados/as mediante correo certificado.
A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo no mes de outubro.
No caso de que as obras presentadas no acadaran o nivel esixible a xuízo do xurado para a obtención dos premios ou no tiveran a categoría suficiente, os premios poderán declararse desertos.

Oitava: Este concurso consta de tres premios:
Primeiro premio: 1.500 euros, Placa e Diploma.
Segundo premio: 600 euros, Placa e Diploma.
Terceiro premio: 300 euros, Placa e Diploma.

Novena: Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editados pola mesma o polo Concello de Mondoñedo, sen necesidade do permiso do autor/a ou autores/as, aínda que sempre se terá en conta que nunca perderá os seus dereitos.

Décima: O importe do premio entendese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Undécima: As obras non premiadas destruiranse xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución.

Duodécima: O fallo do xurado é inapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como canta decisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan ser interpretadas e aplicadas.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 19-05-2008 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego