O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Esta fin de semana en Rianxo....

Mañá venres, 1º de maio, a partir das 5 da tarde desenvolverase no Campo de Arriba a Feira labrega e artesana de Rianxo "Sachos á rúa", organizada polos Foros Ecolóxicos da Barbanza coa colaboración do Concello de Rianxo

Rianxo acollerá un concerto moi especial o 2 de maio a cargo de tres coros vascos. A Coral Xumela e a Coral Monte Txio de Zarauzt e mais a Coral Olagarro, de Ondarribia, viaxan desde Euskal Herria a Galiza e chegan a Rianxo para estabelecer un irmanamento musical coa vila arousana. A actividade, organizada pola Escola de Ensino Galego Semente de Santiago de Compostela, e coa colaboración do Concello de Rianxo, completarase con outras actividades culturais como un roteiro histórico por Compostela. En Rianxo, as corais bascas coñecerán, coa colaboración do Concello, o patrimonio cultural local nun roteiro cantado polas rúas da vila entre as 12 e as 14 h.

A Escola de Ensino Galego Semente, impulsionada pola Gentalha do Pichel, é un proxecto educativo autoxestionado, popular e sen ánimo de lucro, que ten entre os seus principios, a interculturalidade, e esta ruada polas rúas de Rianxo pretende irmandar as nosas línguas e culturas propias.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-04-2015 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
C.D Unión o mellor club

O C.D Unión é un club de fútbol creado para que poidan participar rapaces de todas as idades. O equipo ten sete categorias: Prebenxamnín, Benxamín, Alevín , Infantil , Cadete , Xuvenil e Senior que è a categoría máis alta.

O campo de adestramento está na aldea de Vilas, na parroquia de Asados.

Na miña opinión é o mellor club que podedes atopar en todo Rianxo.


Brais Aido Rey 1º ESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 20-04-2015 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Semana Solidaria:Día de reflexión
O venres 27 de marzo celebrouse o último día da II Semana Solidaria. Durante este día tivemos a visita do padriño desta edición: Federico Pérez Rey.
No centro tivemos as visitas de diferentes asociacións solidarias. en xeral as actividades foron interesantes pero a min a que máis me gustou foi a da asociación Só lles falta falar, na que nos falaron de como usaban e traballaban con cans para axudar a moita xente, invidentes, xente maior... A verdade é que estivo moi ben.
No pavillón houbo postos de venda de diferentes asociacións ou colectivos (manualidades, produtos da horta...) e algúns xogos cos que nos querían facer ver como é a vida da xente que ten algunha discapacidade. Entre as actividades destacaron as carreiras en cadeiras de rodas que nos fixo ver o gran esforzo que fan os discapacitados para poder moverse.
Como podedes ver celebráronse moitas actividades e estiveron moi ben.
Tamén o alumnado traballou, demostrando o seu gran espirítu de solidariedade cos demais.
Tamén contamos coa gran actuación do grupo Xerock que nos ensinou que non fai falla ser perfecto para poder tocar rock.
Este ano pode que non tiveramos tanta colaboración interna como o ano anterior ,pero aínda así contamos cunha gran axuda externa e os voluntarios que houbo, aínda que non foran moitos, esforzáronse moitísimo para sacar este proxecto de solidariedade.

Sergio Somoza Tubío
Adrián Chaves Gómez
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 20-04-2015 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
OYSTEIN BAADSVIK
Estaredes pensando " QUEN É ESTE PERSONAXE"
Pois é na miña opinión, un dos mellores tubistas que existen en todo o planeta.
Déixovos un video del , disfrutadeo.



Ricardo Mosquera García 1ºESO
https://www.youtube.com/watch?v=PxQZwWJ550U
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 15-04-2015 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
O tempo en Rianxo esta semana
Se queredes vir a Rianxo douvos o parte meteorológico desta semana.
Hoxe mércores, día 8 de abril, fará sol con nubes e mínimas de 10 grados e máximas de 21 grados. As temperaturas son máis baixas que as de onte martes, disfrutamos de un día de sol e mínimas de 8 grados e máximas de 24 grados.

O xoves á mañá fará bo tempo e pola tarde choverá. Hai un 60% de probalidade de que nos mollemos, pero á noite xa escampará. As temperaturas mínimas serán de 10 graos e máximas de 20 graos.
O venres teremos que andar con paraugas e botas porque caerá auga á maña e á tarde, a noite quedara boa. A temperatura mínima será de 11 graos e máximas de 15 graos.
Brais Rodríguez Carou 2ºESO C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 08-04-2015 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
UN FARO NA ESCURIDADE
O pasado mèrcores 25 de marzo, o alumnado de 2º de ESO fomos ao Salòn de Actos a que un escritor nos contara un pouco a historia dun dos seus libros e que foi a nosa obra de lectura trimestral para lingua galega. Tratábase de Fernando M. Cimadevila e falounos da súa obra titulada: "Un faro na escuridade". Comentounos que este foi o libro que máis lle gustou e á vez o que máis lle costou escribir.

"Un faro na escuridade" trata de dous protagonistas chamados Hofman e Xonás que terán que resolver un misterio dunha cidade que está perdida e deshabitada. Nesta viaxe terán que enfrontarse a perigos case mortais, a misterios, e tamén haberá traizóns entre os personaxes. Estes serán guiados por unha muller chamada Juliet que os levará ata o destino nun vehículo aeroestático que se chama Argestes.

Despois de falarnos do seu libro fixémoslle algunhas preguntas arredor do libro e el contestounos a todo .

Ao final da charla puidemos levarlle os libros a asinar. E foi daquela cando soubemos tamén que Carlos De Jesús Cimadevila, o noso profesor de Ciencias Sociais era o seu tío.

Tofik e Fátima, 2º ESO
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 07-04-2015 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego