O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

A música tamén en galego
Machina, premio Cantalingua 2010



Hoxe en día onde está o mellor da música é en Ordes por iso os tres grupos finalistas do concurso Cantalingua 2010 son deste lugar. O primeiro posto foi para o grupo Machina que levou como premio tocar en cinco concertos, o segundo para García MC, que tocarán en dous concertos e o terceiro para Kastomä que tocará tamén en dous dos concertos programados, e que serán realizados en maio.



O Cantalingua é un concurso musical. O komunikando.net encárgase de ser a casa común deste certame. Neste concurso non pode participar calquera, senón só aqueles que teñan cancións orixinais. Os gañadores son elixidos por votación popular e por un xurado.



Este concursos sérvenos para ver que en Galicia tamén hai unha boa música e que pode haber cancións en galego.

Aquí vos deixo o vídeo da canción gañadora de Machina, ‘’Machinazón’’:

http://www.youtube.com/watch?v=s5Q22-aF3JM

María Hernández.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-04-2010 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos Galego denuncia en Bruxelas o 'desmantelamento' do galego por parte do PP


A plataforma ‘’Queremos Galego’’ vén de denunciar hai poucos días en Bruxelas, ante institucións europeas, a política de agresión contra a lingua galega que está a facer o goberno de Feijóo.
Esta plataforma deixou claro que o concepto de ‘’plurilingüismo’’ non tiña nada que ver co uso espúreo que se lle está a dar dende o PP.

En resumo, segundo se avaliou ‘’a vulneración da lexislación e a negación de dereitos lingüísticos para a comunidade lingüística galega supón a conculcación de dereitos fundamentais garantidos en todo o espazo da Unión Europea’’.

Actualmente en Galicia temos un goberno que parece que nos quere quitar por completo a nosa lingua e por iso debemos defendela ao máximo nestes momentos e loitar polo que é noso.



María Hernández Noya 2º Bach A
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-04-2010 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
O PSOE avala tramitar o uso do galego no Senado

A voceira socialista no Senado, Carmela Silva, comunicou o pasado sábado que o seu grupo votará a próxima semana a favor da iniciativa presentada por varios grupos para que se empreguen na Cámara todas as linguas nacionais con certos límites.

A senadora galega dixo que aínda que non logren o consenso, non admitirán o veto do PP.

Silva confirmou que o PSOE formulará os límites que consideren oportunos para o uso das linguas na Cámara.

No caso de que o PSOE apoie a proposta, o galego, o catalán e o eúskaro xa terán a súa presenza no Senado. Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG, aplaudiu a decisión socialista e tamén dixo que o máis seguro, de levarse a cabo a iniciativa, será que o PP a vaia desvotar.

Tamara Iglesias Carou 2ºBACH.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-04-2010 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Charla sobre a lusofonía

Na charla do mércores 14 de abril, que tivo lugar dentro da programación da semana cultural do centro, estiveron tres profesores de portugués da universidade de Santiago falando nesta lingua e explicando o mundo da lusofonía.

Na universidade de Santiago hai en total unha ducia de profesores de portugués dos que se achegaron aquí un lector angolano, un galego e un brasileiro.

José Luis Rodríguez explicounos os parecidos entre o portugués e o galego e por tanto que é a lingua máis fácil de aprender para os galegos. Tamén é unha lingua importante, internacional e intercontinental e é xunto co inglés, a única lingua que se fala en todos os continentes. Hai 230 millóns de falantes portugueses, e é unha lingua de países potencialmente ricos.Ten moitos falantes en Europa, América e en África. En 1996 fundouse a Comunidade de falantes de lingua portuguesa.

O profesor brasileiro Ulisses Infante falou de Brasil, o país lusófono de América do sur. Neste país perviven preto de 50 linguas indíxenas, pero a lingua común e maioritaria é o portugués.

Na beira de Brasil fálase un portugués europeo, máis antigo. En Sao Paulo conviven con chineses, portugueses, galegos... Sao Paulo ten aproximadamente 12 millóns de habitantes.

Tamén puxo un vídeo sobre Brasil e os brasileiros, para ver a diversidade do país, os serios problemas sociais do Brasil e a diversidade das persoas que viven alí.

O outro conferenciante é tamén lector na Universidade de Santiago de Compostela, veu de Angola, e falounos un pouco sobre este país.

Angola é un país que ten varias linguas, está a medrar bastante e acaba de saír dunha guerra. A roda amarela da bandeira de Angola significa a unión do país angolano, o vermello o sangue e o negro o loito.

Angola ten cousas moi bonitas,entre elas unha que é unha única: un animal negro e grande que só se atopa alí.Lugares moi coñecidos son; o parque dos namorados que é un dos máis visitados polos turistas; Baia Azul que é unha praia moi fermosa, un deserto que é moi grande, o Cristo Rei do que hai só tres estatuas no mundo del; varias fervenzas ou unha planta do deserto que non precisa auga e só existe en Angola.Entre os seus espazos naturais conta coa Serra da Leva que é un dos grandes lugares turísticos. Esta serra chámase así porque unha enxeñeira surafricana chamada Leva construiu unha estrada de 17 km de curvas, e despois de acabala morreu.

Angola tamén ten diamantes, café, marfil, pedras preciosas, e moito granito.Alí encóntranse persoas de todas as clases e razas. É un país que medrou moito nos últimos anos.

Eva López 1ºBach B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-04-2010 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Feijóo fala na televisión das linguas no ensino
Hai xa uns días o presidente da Xunta, Núñez Feijóo participou nun programa de televisión no que contestaba as preguntas dunha serie de persoas.
Por suposto, ao presidente da Xunta preguntáronlle sobre a situación das linguas no ensino. Feijóo asegurou que a Xunta intentará que o inglés teña máis peso no ensino e polo tanto que os mestres melloren o seu nivel de inglés.
Outras das preguntas que lle fixeron estaban relacionadas co decreto do galego, e sobre isto este asegurou que os novos estudantes terán o mesmo nivel en calquera das linguas.
Pola contra dende Queremos Galego asegúrase que o plurinlingüismo que defende o actual goberno da Xunta non respecta a Carta Europea das Linguas Minorizadas.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-04-2010 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
PLATAFORMA “QUEREMOS GALEGO”

A Plataforma “ Queremos Galego” manifestou que considera un “boicot” o decreto do goberno actual contra o galego. Declarou, tamén, a súa intención de levar e plantexar este tema en instancias europeas.

Os representantes desta organización (Carlos Callón, Anxo Louzao e Bieito Lobeira) acudiron á sede do Parlamento Europeo hai uns días. Alí declararon que o “plurilingüismo” que se fomenta nas institucións da Unión Europea, non se realizan, nin respectan na política da Xunta de Galicia.

Esta plataforma tamén acudiu ao que eles denominan como “reunión histórica” sobre o galego, congregandose alí o Intergrupo das Minorías, Comunidades Nacionais e Linguas. Así mesmo, citáronse, aínda que de xeito informal, con Jonathan Hill, membro do Gabinete da Comisaría Europea de Educación, Cultura e Multilinguismo.

Sen dúbida, un gran paso para a reivindicación e presenza do galego en Europa.

Ana Pérez, 2º bac
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-04-2010 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO NAS CIENCIAS
Os alumnos do I.E.S Félix Muriel tivemos o privilexio de asistir e gozar dunha charla do prestixioso físico Carlos Salgado.
O estimado conferenciante iniciounos no tema da física molecular. A charla durou dúas horas, nas cales Carlos Salgado ademais de aportarnos información moi interesante, (axudado por unas imaxes e uns vídeos),tamén nos dou a oportinidade de debater sobre o tema.
Aprendemos moitos conceptos novos sobre as moléculas, pero tamén aprendemos una lección máis: o galego é válido para as ciencias.

Carlos Salgado, dou toda a conferencia nun galego espontáneo a pesares de estar vivindo en Xinebra. Demostrounos así que os prexuízos sobre o galego son tan só iso, prexuízos. O noso idioma pode ser utilizado en todos os contextos e rexistros, quedando demostrado isto, cortando todo tipo de controversia.

Quedan, para nós, atrás os prexuízos de que o galego é unicamente para falar na casa e coa familia. Parece deste xeito que o galego progresa, a paso lento, pero progresa cara á normalización. Grazas a xente como Carlos Salgado isto vaise facendo posible.

J.Daniels
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-04-2010 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
AS PORCENTAXES FALAN

Números que expresan un valor medio do estudio levado a cabo. Iso son as porcentaxes. É ó contrario do que cre Homer Simpson (` a xente inventa porcentaxes con tal de demostrar algo, e iso sábeo un 14% da poboación´), os datos tentan aproximarse o máximo posible á realidade. Se miramos as porcentaxes de galego falantes e castelán falantes neste último ano e o comparamos con anos anteriores, o descenso salta á vista.

Cada vez somos menos os galegos que falamos habitualmente na nosa lingua. Estes datos, así enunciados, son moi xerais, pero se nos centramos máis, mirando os adolescentes e nenos que falan galego, as porcentaxes e, xa que logo, os datos que reflicten, son terribles.
En canto aos lugares, nas grandes cidades galegas (A Coruña, Vigo….) as porcentaxes de galegofalantes non alcanzan cifras superiores ás unidades. Un desastre sen dúbida.

Os membros do equipo do ENDL estivemos este luns en Cangas do Morrazo, e as porcentaxes fixéronsenos realidade. Isto ten que cambiar, debe cambiar amigos.

J.Daniels

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-04-2010 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
DATOS ALARMANTES

Cada vez máis a poboación nova emprega o castelán en lugar do galego. Desta forma a lingua galega vai cara á ruína. Este cambio dáse por cuestións persoais.
Nas cidades a situación é alarmante, sobre todo nas da provincia de Pontevedra, onde a lingua galega cada vez resulta máis allea para a poboación; a xente cada vez compréndea menos, aumenta o número de persoas que a descoñece e os fogares pontevedreses onde todos os membros empregan o galego son escasísimos. Na Coruña acontece algo parecido.
En canto ao ensino a situación foi favorable ate o de agora debido ás medidas levadas adiante polo goberno bipartito. No 2008 os rapaces ata os 16 anos recibían, en teoría alo menos, a metade das clases en galego aínda que a partir dos 17 a porcentaxe baixaba.

Se a situación continúa así nuns anos o castelán convertérase na lingua ademais de hexemónica, tamén maioritaria en Galiza, se non o está sendo xa…

Tamara Nine 2º B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-04-2010 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Harry Potter e O Cáliz de Fogo
O libro que lin foi o de Harry Potter e o Cáliz de Fogo.
Eu son unha persoa á que lle encantan as historias de fantasia; ao principio do libro aburríame un pouco pero no terceiro capítulo empecei a interesarme realmente e lino en pouco tempo. A aventura está moi ben narrada por J.R. Rowling e, no meu parecer ten un toque macabro moi interesante.

Samuel Garabal Rodríguez, 3ºB

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-04-2010 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego