O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Yolanda Castaño no noso IES
Hoxe, xoves 30 de abril, tivemos a honra de contar con Yolanda Castaño no noso IES para falarnos da poesía galega actual.

Dúas compañeiras do ENDL, Clara Suárez e Esther Domínguez, entrevistárona antes da súa intervención. Para saber o que lles contou tedes que estar pendentes de ler a nosa revista dixital: Bico da ría (Recordade: www.bicodaria.com)
Aquí tamén vai saír hoxe mesmo un artigo resumindo o que foi a interesantísima charla que nos ofreceu.

Patricia e Lucía (1º Bach. C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-04-2009 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Interesante entrevista
No xornal Galicia Hoxe podemos ler unha interesante entrevista de Henrique Alvarellos un home cunha actividade moi intensa: editor, xornalista e escritor.
Fálanos da situación do galego na actualidade xa que está a vivir un proceso de decadencia e os motivos polo que pasa isto, indicando que non só e culpa dos políticos senón tamén de todos nós.

www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=420688

Isabel Tembra (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-04-2009 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Enganchadas ás series da TV
Somos dúas alumnas de 1º ESO e queremos falar das series de TV que máis nos gustan. Son dúas:
Gústanos a serie "Física y química" e "URGENCIAS 24". Enganchámonos a "Fisica o Quimica" cando empezou, porque está Maxi Iglesias e é moi divertida. Urxencias 24 gústanos porque o que pasa é realidade.
(Eva e Jenny, 1º ESO E)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 28-04-2009 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
IV Serán mar de Rianxo
Xa vos enterastes? O sábado 23 de maio, no Campo de Arriba de Rianxo celébrase o IV edición do Serán Mar de Rianxo!
Ide reservando a data e estade atentos a información que van publicando os organizadores no blog: www.vaideroda.org

Patri Neira (ex-alumna)

e ti que opinas? (2) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-04-2009 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
Video sobre Ramón Piñeiro


Atopamos na rede este interesante vídeo sobre o autor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Mirádeo que é moi bo para entender o máis importante sobre o autor.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 24-04-2009 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Un premio: o selo violeta!
Acabámolo de saber! Temos un recoñecemento que nos fan desde o blogue Na lingua de todos do CPI don Aurelio de Cuntis pola ampla participación do alumnado do ENDL, tanto no blog coma na nosa revista dixital.
Non fomos os únicos. Tamén lles enviaron selo violeta ós nosos amigos e amigas do blog da Silva de Lousame e ós das Heroínas de Salvora de Aguiño, ámbolos dous ben bonitos e interesantes!

Nós aceptamos encantados este selo, por suposto!

As regras para aceptar o Selo Violeta son:

- Exhibir o Selo Violeta no blogue xunto coas regras.
- Indicar cantos blogues considerades que merecen este selo.
- Avisárllelo aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que imaxinaches ter.

Empezamos polo último, os nosos poderes máxicos: - - A forza que nos dá, neste curruncho galegófono do planeta, manter a lingua de noso
- O voluntarismo e as ganas de traballar de todos e todas por un ideario que vemos que cada vez somos máis os que compartimos na rede.

Consideramos que hai moitísimos Blogues Violeta, pero imos destacar os de dous centros educativos:

1- O blog Educaldea (http://www.blogoteca.com/educaldea) dos nosos veciños rianxeiros do CPI Brea Segade de Taragoña, por seren tan activos en introduciren no mundo do galego e das novas tecnoloxías ao alumnado de primaria, do que logo nos nutrimos no IES.
2- Os dous do IES Lagoa de Antela Castro de Xinzo de Limia (Ourense), que coma nós reparten esforzos para incrementar a presenza do galego na rede: "O falar non ten cancelas" (www.blogoteca.com/ofalarnontencancelas) onde sempre atopamos información de interese, sobre todo vídeos e mais o do seu club de lectura: www.blogoteca.com/nostamennavegar.

e ti que opinas? (3) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 24-04-2009 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Ciencias ou letras?
Ciencia e humanidades: dúas culturas en colisión? é o título do ciclo que presenta o Consello da Cultura no que se debaterá sobre o conflito de ambas ciencias.
O programa comeza o vindeiro 28 de abril coa presentación da tradución en galego da conferencia As dúas culturas que Charles Percy estableceu hai 50 anos.
O programa continuará o vindeiro 4 de novembro na Facultade de Matemáticas da USC cun debate entre biólogos e escritores e rematará o 25 de novembro en Vigo coa xornada Ciencia,cultura e sociedade na materia Ciencias para o mundo contemporáneo.

A propósito deste discusión entre ciencias e letras, recordámosvos que na nosa revista dixital (Bico da ría: www.bicodaria.com) podedes ler unha colaboración do profesor do IES Espiñeira, o noso veciño Ricardo Losada, titulada: Carta a un alumno indeciso)

Daniel Díaz (2º Bach. C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 22-04-2009 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
O instituto Cervantes e a promoción do galego
Mediante unha ampla programación e a sinatura de convenios de colaboración coas comunidades autónomas e outras entidades, o Instituto Cervantes realizou máis de 200 actividades de promoción da lingua galega, ademais de organizar cursos de divulgación para a correcta aprendizaxe desta no período abranguido entre 2005 e 2008.

Estes cursos de galego rexistraron case un centenar de matrículas sendo o principal obxectivo garantir a oferta lingüística, para iso a a Xunta achegou o profesorado e os materiais didácticos para as devanditas clases.

Estes proxectos culturais foron postos en marcha, de xeito conxunto, pola Real Academia Galega da Lingua, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Universidade da Coruña ademais de institucións privadas.

Daniel Díaz (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 22-04-2009 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
OS PAIS E SINDICATOS NON QUEREN QUE AS FAMILIAS ELIXAN A LINGUA ESCOLAR
Esta pasada fin de semana lemos en El País unha interesante noticia. Resumímola debido ó seu interese.

Alberto Núñez Feijóo, presidente electo, recuperou a súa promesa electoral que entusiasmou tanto a Galicia Bilingüe: preguntar ós pais en que idioma queren que estuden os seus fillos,pero por outro lado alarmou a sindicatos e tambén ás asociacións de pais de alumnos. Comisións obreiras, UGT, CIG e a Confapa (Confederación Galega de APA de Centros Públicos) que todas coinciden en que é "escolarmente imposible" que as familias teñan carta blanca para decidir.
O responsable de Educación, José Fuentes, explícao co seguinte exemplo: "Da mesma maneira que os pais non poden decidir se os seus fillos aprenden a facer ecuacións, tampouco poden decidir se estudan ou non en galego unhas ou outras materias".Os alumnos deben rematar a educación secundaria obrigatoria coas mesmas competencias tanto en castelán como en galego e CC OO considera que as familias "poden poñer en perigo" esta máxima se inflúen en "temas curriculares".
UGT agárrase ó mínimo do 50% de clases en galego que marca o decreto en vigor: "Se queremos salvar a lingua desde a escola, hai que poñer un mínimo de obrigatoriedade. E o galego xa non se pode retirar máis do currículo", afirma Raúl Gómez.


Noemi Patiño (2º Bach. C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 22-04-2009 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Cultura relixiosa
Somos catro alumnos e unha alumna de 2º de ESO e gústanos a materia de cultura relixiosa.Gústanos porque aprendemos moitas cousas interesantes. Traballamos na aula de informática, buscamos a información sobre as culturas doutros países. As clases son moi entretidas e non perdemos o tempo.
Na aula somos poucos e gústanos traballar con Rodolfo.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 22-04-2009 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego