|
|
|
|
| Gañade 2 billetes para as Olimpiadas! |
|

TEDES A POSIBILIDADE DE GAÑAR 2 BILLETES PARA AS OLIMPIADA DE 2008
QUE TERÁN LUGAR EN PEKÍN, CHINA. O PREMIO INCLÚE NADA MENOS QUE O BILLETE DE AVIÓN E TODOS OS GASTOS DURANTE 10 DÍAS!!!
Para participar é moi fácil. Tedes que enviar as vosas respostas ao Comité Internacional dos Xogos Olímpicos a Lausane, Suíza. Se as respostas son correctas o premio e voso (sen sorteos)
Só cómpre mirar a foto e contestar ás preguntas que seguen:
Sorte!!!
1. Que estudante ten aspecto de estar canso/a ou durmido/a?
2. Quen son os xemelgos masculinos?
3. Quen son as xemelgas femininas?
4. Cantas rapazas hai na foto de grupo?
5. Cal é o profesor/a ?
Síntoo, pero creo que vós tampouco iredes a Pekín... Polo menos non á conta do Comité!!!
Sabedes que nós para eles tamén somos todos moi semellantes. Alucinante, non!? |
|
|
|
|
| Castrapo a todo trapo 2 |
|
Trágame terra!!!
Pois xa nos mandaron a primeira colaboración ó noso correo electrónico, tal e como pediamos no artigo que comezaba esta sección.
Esta vén desde Cruído, no concello de Lousame, onde un mozo lle respondeu nos seguintes termos á súa moza, castelán falante, cando ela lle dixo que tiña que marchar:
Ya te vas tan cedo?. Llamarasme...
|
|
|
|
|
| Non sei falar. |
|
Non sei falar
Eu non sei falar galego
nin tampouco castelán,
pois son fillo dun pobriño
e non puiden estudiar.
Cando tiven doce anos
empecei a traballar,
pra poder tirar a fame
que tiñamos que pasar.
Hoxe quero facer versos
e non poido recitar,
pois en vez de ir a escola
tiven que andar o mar.
Cando leo a Rosalía
a Curros a Castelao,
sinto un murmurio no peito
e póñome a chorar.
Agacho preto as bagullas
moita bergoña me dá,
que vexan as miñas fillas
chorando estar o seu pai.
*O poema está escrito tal cal, polo tanto existen nel moitos erros.
Xosé Ramón (23/02/70) |
|
|
|
|
| Digalego.org: Dicionario de galego en liña |
|

A editorial Ir Indo acaba de colgar na rede un dicionario de galego (www.digalego.org)que está baseado no seu último dicionario de galego editado en papel e que consta de máis de 65.000 entradas.
Este dicionario en liña está adaptado á reforma normativa de 2003 e incluso se pode acceder a el desde o móbil: a través de wap.digalego.com. Isto para cando esteamos fóra do IES e nos xurda unha dúbida sobre o significado dun termo ou sobre a súa grafía...
Así que non se diga que non se dan facilidades, eh?! |
|
|
|
|
| Europa é plurilingüe. Quen sabe galego sabe máis! |
|
Évos ben certo! Quen sabe galego sabe máis...
A nós xa nos parecía que, como galego falantes que somos, sabemos un montón, pero no Observatorio de Sociolingüística da Universidade de Vigo colleron este lema para lanzar unha campaña a prol da aprendizaxe de idiomas: As linguas no sistema educativo, quen sabe galego sabe máis
Podedes acceder a toda a información na páxina web:
http://webs.uvigo.es/plurilinguismo/
ou premendo directamente no enlace que aperece ó pé deste artigo.
Dentro da mesma campaña tamén teñen un caderno As linguas no sistema educativo, o novo Decreto 124/2007, co que queren incidir especialmente en explicarlle polo miúdo á comunidade educativa a aplicación do decreto de galeguización do ensino. Ademais parece que profesores/as de sociolingüística ofrecerán charlas divulgativas en centros de ensino primario e secundario, para docentes, para asociacións de pais e nais, ou para estudantes.
Os concellos de Pontevedra, Ourense e Vigo sumáronse xa a esta iniciativa, á que se poden unir calquera outra organización ou entidade. |
|
|
|
|
| O FÚTBOL MASCULINO EN RIANXO |
|
En Rianxo hai dous equipos defútbol: o Unión e o Taragoña. Entre eles existe unha grande rivalidade, e por iso nos partidos que se enfrontan sempre hai moita xente mirando e animando. Debe de ser o único partido que crea expectación, porque os demais apenas teñen público. Debería de haber máis xente interesada en mirar a canteira dos seus equipos posto que son o futuro.
O Taragoña normalmente sempre queda peor que o Unión na clasificación e nos partidos que xogan entre eles tamén é normal a victoria do Unión. O último partido entre eles foi na categoría cadetes que se saldou coa victoria do Unión por "1" gol a "3". O gol do Taragoña foi nun corner sacado por Yosi e rematado polo defensa Alexito. Os goles do Unión: 1º- Prolongación do Canario para gacela Víctor que lle fai unha sutil vaselina ao porteiro do Taragoña Alberto. 2º-Centro de Cristian que remata en boca de gol ao dianteiro titular Duarte. 3º-O porteiro do Taragoña sale a por patacas e Cristian marca dende a banda un gran gol.
A ver se para o ano hai mais preocupación pola canteira.
Canario (3ºC) |
|
|
|
|
| FRÁXILES |
|
 A simple vista a foto non nos di nada pero se queredes pasar unha tarde de terror tendes que vela pero aconsellámosvos que non esteades sós.
Fráxiles é unha película que transcorre no hospital Mercy Falls onde se está producindo o traslado de todos os rapaces para ser levados a outro hospital.
Só quedaban oito rapaces cando Susan a enfermeira da quenda de noite decide marchar do hospital por unha serie de circunstancias. No seu lugar chega Amy, outra enfermeira que tamén pasa á quenda de noite. Tanto Amy como Susan intentan axudar a Maggie, unha rapaza que levaba ingresada moitísimo tempo e que era capaz de falar con Charlotte, a causante de todos os estraños acontecementos que alí estaban a suceder.
Se queredes máis información tedes que vela..... pero nunca a miredes s@s.
Tania García Vidal
Goretty Fungueiriño Ordóñez |
|
|
|
|
| Serán do Mar |
|
Animádevos!!!!
Ven a Rianxo o 10 de maio para bailar, cantar e gozar da festa no III Serán do Mar, organizado pola asociación rianxeira de música e baile tradicional Vai de Roda
O sábado 10 de maio no Campo de Arriba de Rianxo, ás nove e media da noite comezará o serán.
Se queredes máis información , podedes ir ó blog da asociación organizadora:
www.blogoteca.com/vaideroda
Tamara Batalla
|
|
|
|
|
| Novo disco de Lamatumbá |
|
Para os amantes deste grupo! Acaban de sacar un novo disco: Paraugas universal. Moitos dos que gozamos co seu anterior album (Lume!)estamos desexosos de facernos con este novo disco, que seica inclúe un DVD con videoclips e outros documentos.... esperamos tamén as vosas impresións.
Por certo, a ver se alguén os contrata para as festas da Guadalupe... |
|
|
|
|
| Homenaxe a Curros Enríquez |
|
 Cinco concellos galegos: A Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Pontevedra están a organizar unha actividade de homenaxe ó poeta do rexurdimento Curros Enríquez.
Os actos programados son: unha exposición titulada “Curros Enríquez, Nación, liberdade e progreso” , un recital poético-musical, un concerto, unha representación teatral, un documental e unha unidade didáctica para difundir o pensamento do poeta.
Se tedes oportunidade non perdades a ocasión de acudir a algún destes eventos. |
|
|
|
|
|
|
|