|
|
|
PROPOSTAS CULTURAIS 29 DE MARZO |
|
10.30 h - Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
OBRADOIRO DE POESÍA ERÓTICA A CARGO DE MARÍA LADO
21.00 h - Auditorio de Rianxo
BAIXO O MESMO CEO: VELADA SOLIDARIA A FAVOR DO POBO SAHARAUÍ
Coas actuacións de María Manuela, Mini e Mero, Helena de Alfonso e José Lara, Os Quinquilláns e Xosé Esperante e Teté García
As entradas teñen un custe de 5 € (menores ata 10 anos acompañados de balde) , á venda en: Carnicería Esperante en Taragoña, Ferretería Aurora en Asados. En Rianxo: Bar Lúa, Cafetería Brisas, Cafetería Castelao, Restaurante Feliciano, Cafetería Toffe, e no despacho de avogados de Mª José Escurís e asociados.
Ademais tamén poderán visitar a exposición de ZONA DA ZANFONA: TREBELLLOS DE MANIVELA. DE PABLO GIRÁLDEZ , que estará ata o 7 de abril no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.
Máis información na páxina web do concello |
|
|
|
A introducción do portugués no ensino aprobada polo Parlamento Galego |
|
Hai uns días enterámonos dunha noticia importante para o ensino en Galicia. Esta noticia trata sobre a posibilidade de dar clases de portugués en moitos centros, igual que xa estamos facendo no noso instituto.
A lei consiste en incorporar o portugués ao ensino, desenvolver relacións con países de lingua oficial portuguesa e participar nos foros da lusofonía e facilitar a recepción das radios e televisións do país veciño. Estes son os eixes da Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade que o Parlamento de Galicia aprobou grazas a ser apoiada con máis de 17000 sinaturas. |
|
|
|
Unha estrela no vento |
|
Este libro trata de un rapaz que se chama Miguel.
A súa familia è unha familia perfecta ata que o pai lle pon os cornos á nai de Miguel e vaise vivir coa súa amante.
Un día, cando vai para a casa despois de ir ao bar que se chama A Lagoa, uns rapaces que eran uns matóns atacaron a Miguel e un deles cravoulle unha navallada no peito e este cae ao chan sangrando moito.
Un tempo despois ocorre unha pelexa entre os que lle meteron a navallada e os amigos de Miguel. Abel morre tirado polo acantilado por un deles, o Maqui, ao mesmo tempo este crávalle unha navalla a Miguel que o leva de novo o hospital.
Reina, unha moza xitana, e Miguel ao final fanse
mozos.
Gustoume porque é moi interesante.
Brais Rodriguez Carou 1ºESO C |
|
|
|
“O cabaré dos 80… anos de Airiños” |
|
O Grupo de Teatro Airiños convídavos a asistir á derradeira función de “O cabaré dos 80… anos de Airiños” este sábado 15 de marzo ás 20.30h no Auditorio de Rianxo.
O Cadro Artístico Airiños cumpre 80 anos e quere celebralo ao grande cun proxecto ben especial, levando ao teatro a súa propia historia: momentos históricos mestúranse coas anécdotas máis divertidas, rememoraremos escenas clásicas e tamén haberá sorpresas… nunca vistas! Cantares de cego, xogos, música, bailes, cancións, paiasos, maxia… por que non?
Unha creación colectiva guiada por Esther F. Carrodeguas e na que máis de 20 actores e actrices suarán as táboas, e na que os actores reflectiran, precisamente, esas táboas que durante 80 anos foi cultivando a compañía de Teatro (en activo) máis antiga de Galicia.
O custo da entrada é de 3€ e pódense reservar anticipadamente respondendo a este mail ou mercandoas no Auditorio ese mesmo día(apertura de portas 1h antes da función).O Grupo de Teatro Airiños convídavos a asistir á derradeira función de “O cabaré dos 80… anos de Airiños” este sábado 15 de marzo ás 20.30h no Auditorio de Rianxo.
O Cadro Artístico Airiños cumpre 80 anos e quere celebralo ao grande cun proxecto ben especial, levando ao teatro a súa propia historia: momentos históricos mestúranse coas anécdotas máis divertidas, rememoraremos escenas clásicas e tamén haberá sorpresas… nunca vistas! Cantares de cego, xogos, música, bailes, cancións, paiasos, maxia… por que non?
Unha creación colectiva guiada por Esther F. Carrodeguas e na que máis de 20 actores e actrices suarán as táboas, e na que os actores reflectiran, precisamente, esas táboas que durante 80 anos foi cultivando a compañía de Teatro (en activo) máis antiga de Galicia.
O custo da entrada é de 3€ e pódense reservar anticipadamente respondendo a este mail ou mercandoas no Auditorio ese mesmo día(apertura de portas 1h antes da función). |
|
|
|
Actividades fin de semana Rianxo |
|
Sábado 15 de marzo
10.30 h - Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
OBRADOIRO DE POESÍA ERÓTICA A CARGO DE MARÍA LADO
20.30 h - Auditorio de Rianxo
TEATRO: O Cabaré dos 80 anos....de Airiños
O Grupo de Teatro Airiños vai representar a obra O Cabaré dos 80...anos de Airiños no Auditorio de Rianxo.
As entradas terán un custe de 3 € e poderán mercarse unha hora antes da representación no Auditorio.
Ademais tamén poderán visitar a exposición ARDENTÍA: Recuperando a historia do sector pesqueiro de Rianxo, que estará ata o 22 de marzo no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.
Máis información na páxina web do concello |
|
|
|
Actividades para esta fin de semana no concello de Rianxo |
|
Este venres 7 de marzo ás 19.30 h no Auditorio de Rianxo terá lugar a PRESENTACIÓN DE RIANXO ARTESANAL: PROXECTO ARDENTÍA E INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN ARDENTÍA. A exposición poderá visitarse do 7 ao 22 de marzo.
Tamén terá lugar esta mesma tarde as 19.30 h - Colexio CEP Brea Segade - Taragoña unha
OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA: a Lúa, Xúpiter, Orión,....
A actividade está enmarcada dentro do Programa TODOCOSMOS Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.
Ademáis o vindeiro sábado 8 de marzo as 19.30 h - Casa da República - Isorna relizarase unha
OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA: a Lúa, Xúpiter, Orión,.... ata as 20.00 horas no exterior con observación no exterior.
A actividade está enmarcada dentro do Programa TODOCOSMOS que o Concello de Rianxo participa xunto con outros seis concellos de Galicia e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.
Recordar tamén que o sábado 8 de marzo terá lugar o CERTAME DE CARROZAS de entroido e Obradoiros de Maquillaxe e Globloflexia, aprazada do sábado pasado, ás 17.00 horas en Campo de Pasos organizado pola veciñaza de Taragoña. Tamén este día terá lugar JUADALUPINOS FEST a festa organizada polas Juadalupeñas e o Festival Antrospinos que terá lugar no Campo de Arriba dende as 14.00 horas cun xantar popular e actividades e prolongarase ata a noite con SON de SWIN e DJ Peri.
CARMEN CAROU E MIRIAM MARIÑO 1º BACH C |
|
|
|
Concerto de aCadaCanto en Rianxo |
|
 Sábado 8 de marzo
21.00 h - Auditorio de Rianxo
CONCERTO aCadaCanto presentando o seu novo traballo A rosa d'Adina.
A entrada ten un custe de 10 € e pode adquirise anticipadamente na Cafetería Castelao e no Bar Toffe. Ademais tamén se pode reservar no enderezo electrónico acadacanto@musicasdesalitre.com
O propio día do concerto poderán adquirirse as entradas a partir das 19.00 horas no Auditorio.
aCadaCanto é unha formación composta por Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero, grandes dentro da música galega.
Máis información
Agardando que a información sexa do seu interese, reciban un cordial saúdo
Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística
Concello de Rianxo |
|
|
|
María Lado en Rianxo impartindo un obradoiro de poesía |
|
Veñen de comunicarnos desde a área de cultura do Concello de Rianxo que vai estar a poeta da Costa da Morte, María Lado, impartindo un obradoiro de poesía erótica durante tres sábados deste mes de marzo. Tomade nota:
DÍAS: 15, 22 e 29 de marzo
HORA: de 10.30 a 13.30 horas
LUGAR: Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
Esta actividade forma parte -tal e como se pode ver no cartel- do proxecto Ferve a lingua ("Excitando a lingua de febreiro a maio)
Non deixedes de anotarvos e acudir á cita con esta interesante poeta cubrindo a ficha de inscrición antes do 14 de marzo ás 14.00 horas. Animádevos que seguro que ides aprender moitísimo!
Máis información en cultura@concelloderianxo.es
|
|
|
|