O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Acordádevos de participar no Cantalingua!
O Cantalingua é un concurso musical ideado polas entidades organizadoras do Correlingua: a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra e Vigo, en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net.

Solistas ou grupos, só tendes que mandar unha canción en galego.

Tendes as bases colgadas na nosa revista: www.bicodaria.com, pero podedes ir tamén directamente á páxina do concurso e xa vedes todo o que hai colgado e mais as cancións gañadoras das dúas edicións anteriores.

Non vos despistedes, que remata o prazo o día 1 de abril!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-03-2013 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
ESTARASE EQUIVOCANDO A XUNTA CO GALEGO?
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística (CGENDL) pediulle recentemente á Xunta de Galicia que cumpra a lei despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulase dous puntos do decreto por ser ilegais e deixe de fomentar preconceptos en contra da expansión social do galego.

Hai que destacar que o uso que posúe o galego no ensino vén rexido polo Decreto do plurilingüismo do cal o TSXG invalidou dous artigos: a realización dunha enquisa ás familias do alumnado e a posibilidade de que estes empreguen o castelán cando a materia en que se imparte é o galego. Desta forma, o que pide a Coordinadora Galega é que se respecte a decisión do TSXG, é dicir, respectar o plurilingüismo, pero garantindo que cando un alumno remate a educación obrigatoria, teña unha competencia plena na utilización do galego.

Así mesmo considera que a situación social actual mostra unha enorme desigualdade entre o galego e o castelán, e por iso, aproveitando que temos a posibilidade de desenvolvernos perfectamente en ambas linguas , non debemos perder esta oportunidade.

Fabián Gómez Ces
2º BACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-03-2013 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
UN CAFÉ DE IDIOMAS
Unha nova proposta para que os galegos practiquemos linguas estranxeiras e viceversa xurdiu a comezos deste mes de marzo no concello do Porto do Son. Todo aquel que estea interesado en practicar o inglés ou o francés, teña unha mínima base e sobre todo moita valentía e ganas de aprender, pode apuntarse a este novo proxecto que consistirá en que un grupo de persoas de polo menos dous integrantes se reúnan para mellorar as súas competencias lingüísticas no idioma que eles desexen.

Sen dúbida, un gran acerto do concello sonense que axudará a rematar coa pobreza idiomática existente no noso país e na nosa comunidade, e sobre todo a que os estranxeiros residentes en Galicia se animen a aprender a nosa lingua e a descubrir aínda máis a nosa riqueza cultural.

Fabián Gómez Ces
2º BACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-03-2013 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO NAS REDES SOCIAIS
O galego nas redes sociaisDende hai anos atrás, o galego, lingua minoritaria en España, está conseguindo unha pequena representación nas redes sociais. Estas son moi utilizadas diariamente por miles de rapaces galegos que están tendo a oportunidade de usar a súa lingua neste mundo virtual. Así, redes sociais como o Facebook ou Tuenti posen a súa versión en galego (dende o ano 2009) para que os que desexan adaptala. Mais recentes son a introdución no WhatsApp, que diariamente está adquirindo máis fama, ou no Twitter, que é sen dúbida a máis recente de todas, xa que o uso do noso idioma se incorporou o pasado febreiro, despois de conseguir máis de 3000 sinaturas de diferentes usuarios. De todas formas, baixo a miña opinión, a tradución ao galego non está de todo completa xa que vocabulario como “Chío” ou “Rechío” non acabarán de enganchar ao público.

Por último, só facer unha apreciación persoal. Por qué o catalán e o vasco sempre se incorporan ás redes sociais antes que o galego? Por qué se incorporaron en xullo do 2012 e o galego tivo que esperar ao 2013? Por qué esta discriminación ao noso idioma? Son unha serie de preguntas retóricas que eu non sei responder pero que me gustaría deixar caer para que cada un as reflexione a súa maneira.

Fabián Gómez Ces
2º BACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-03-2013 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
"Por sempre"
Capítulo 4

As dúas amigas atopábanse no seu agocho segredo, ás aforas do castelo. Lili xa se estaba impacientando. Dayanne non lle facía caso:
-Daya, non me ignores. Daya...Daya!!
-Que, como, cando...onde?-dixo a rapaza, un tanto confusa.
-Eoooooooo, levas un anaco en "trance". Estás ben?
-Isto...si,iso creo...
-En que estabas pensando?
-En nada.
-Non che creo. Coñézote dende hai catro anos, estabas pensando en algo.
-Non, que va...he,he,he.-di Daya, cun sorriso pícaro.
-Outra vez Alexander?
-Quen? Ah, ha,ha,ha,ha,ha,ha...que cousas dis Lili?

Continuará...

Escritora: Aitana Alcalde 1ºA
Ilustradora: Aida Barros 1ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 21-03-2013 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Próximo Intercambio Rianxo-Cuntis
Ola, o alumnado do EDNL quere compartir con todos os lectores deste blog,A organizaión dun intercambio cun instituto de Cuntis. Para esta actividade tivemos que redactar unhas cartas de presentación, para os compañeiros cos que imos a facer o intercambio.
O vindeiro paso é poñernos en contacto por medio das diferentes redes sociais. Esta actividade é unha das máis esperadas xa que nos permite aumentar o noso número de amizades.

Aquí tendes o vídeo que fixeron eles para presentar o seu centro:


e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 01-03-2013 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
"Por sempre"
Capítulo 3

Dayanne estaba pensativa. Encontrábase no seu cuarto, acompañada da súa criada e amiga particular Lili, unha moza da súa idade. Xa pasaran seis anos daquel encontro... Aínda así non conseguira olvidarse daqueles ollos grises que a miraran con tanta curiosidade aquel día, nin do rapaz que os posuía. Lili estaba intentando chamar a súa atención, mais a mente de Dayanne estaba moi lonxe, lonxe no tempo, nesa data tan especial...

Que sería agora del? Non sabía nada, acordaríase el dela?

Continuará...

Escritora: Aitana Alcalde 1ºA
Ilustradora: Aida Barros 1ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 01-03-2013 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego