O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

A LINGUA GALEGA NA FAMILIA
O galego é unha lingua oficial pero a pesar diso son múltiples os prexuízos que hai sobre a mesma. Entrando no ámbito do galego nas familias, as persoas maiores dixeron case todas as súas primeiras palabras en galego, entre os xovenes isto xa non é asi. Hai datos que afirman que a aprendizaxe do galego nestes últimos anos descendeu, todo o contrario do que acontece co castelán, que en Galicia aumentou.
Moito disto débese a que nas familias considérase que o castelán é unha lingua superior ao galego, e moitos dos pais fálanlles aos seus fillos en castelán pensando que así será mellor que falando galego, polos prexuízos de que é unha lingua vulgar ou que non serve para saír de Galicia , e en moitas ocasións os pais falan galego habitualmente, en cambio non queren que os fillos o falen.
A pesar disto, aínda que en Galicia como lingua de uso actualmente segue sobresaíndo o galego,
o grupo que máis medra é o dos bilingües como lingua inicial. En conclusión, nas familias galegas a maíoria fala o galego nas casas, pero unha gran parte non lles falan galego aos seus fillos. Segundo enquisas isto débese a que consideran o galego como unha lingua que non leva a ningún lugar.

Alicia Vidal (4º ESO C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 30-03-2012 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Filmes dobrados
Cando oímos o típico anuncio de “DANIEL O FEDELLO, ÁS DEZ NA GALEGA” non podemos evitar
sorrir. As traducións galegas , na miña opinión, son unas das máis simpáticas que hai, xa empezando
polos títulos (o mellor sempre foi e será “O HOME PUTO” – por Gigoló).
Tamén está o famoso apartado das palabrotas, que se incrementa moitísimo nas películas de Clint Eastwood (como por exemplo na película do Sarxento de Ferro, que di “con todo o respecto, Señor, estame empezando
a tocar os collóns”) e non nos esquezamos das expresións tipicamente galegas (o punto que máis
triúnfa nestas películas), poñamos algún exemplo: na serie Dragon Ball, Krillin, nun determinado
momento, di: “Home, cando era lobo aínda tiña un aquel, pero agora…”, o una serie Dallas a xa
coñecida frase de: ”Estás bébeda, Sue Ellen” e, por suposto, a tradución de Star Wars: “Terma Chewi, que escorrego” ou Yoda dicíndolle a Luke: “Luke, non poñas o carro diante dos bois”. Por suposto,tampouco hai que esquecer as dobraxes libres, como por exemplo o épico nome do hipogrifo
da terceira parte de Harry Potter, que na orixinal se chamaba Buckbeak e en galego pasou a ser FACOBICO.

Aínda que tamén o seu lado malo: os dobradores son sempre os mesmos e pode chegar a aburrir
oír sempre as mesmas voces. Outra cousa mala que teñen é que ás veces non traducen as cousas
como deberían e iso fai que se perda un pouco o fío, pero só esas son as pegas que lle podo poñer,
posto que me considero fan incondicional das dobraxes en galego.

Non vexo o momento no que saia a seguinte parte de Harry Potter ou no que volvan botar Star
Wars. É o mellor pasatempos para unha tarde de aburrimento, sen dúbida, polo que espero que
esta “tradición” non se perda.

Julia (2º Bac.B)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-03-2012 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
E que pasa na igrexa coa lingua?
Eu non me considero para nada relixiosa, son moi atea, mais, por costumes que os avós ditan coma se fosen vitais, e coma tantos outros rapaces da miña idade, acudín á igrexa ata a Comuñón.
Naqueles anos, pese a non estar moi interesada no sermón do cura, nin no catecismo, ben me puiden decatar de que o galego pouco se falaba de misa en misa.
O sacerdote realizaba cermonia tras cermonia, e todas elas en castelán. Dirixíase aos rapaces da cataquese no idioma oficial español… Mentras tanto o galego era falado entre os fregueses… Entre os rapaces e rapazas, entre persoas maiores, entre os adultos e adultas. O único sitio onde se escoitaba o galego era entre os montes de bancos que miraban cara o altar.
Recordo que naquela época na que tiñamos que asistir á Preparación, o sacerdote dirixíase a nós en galego. Falabamos con el en galego. Todo se levaba a cabo en galego. Menos o catecismo, que estaba en castelán. Era costume habitual que nos recitase pasaxes enteiras en castelán, cousas que tamén facían os e as catequistas. E cada vez que nos preguntaban as cuestión que había que memorizar, facíano en castelán. Nós, respondiámoslles en galego... ou en castelán.
Se nalgún momento acudín a alguna misa en galego, non a recordo. Non son relixiosa, polo que non acudo ós templos católicos máis que para vodas e enterros, pero nos catro anos nos que si asistín, o galego non se escoitaba.
Hai pouco tiven que ir a ceremonias de carácter fúnebre. O párroco que oficiaba na nosa parroquia xa leva anos retirado así que o van substituíndo outros curas de por aquí. Porén, o galego tampouco se escoitou. Nin na homilía, nin na misa, nin no sermón… Tan só falaban castelán. Ademais, puiden observar que neses eventos había una muller que tocaba o órgano e cantaba cando era o momento. As cancións? Quizais máis melódicas, mais seguían sendo en castelán.
Non espero volver asistir a unha misa máis que en ocasións puntuais mais creo que, para que o galego comece a entrar neses ámbitos, é preciso agardar ó retiro dos curas actuais. Quizais cando mentes máis novas se mentan ó sacerdocio, o galego poida ter un pequeño empuxe.

Alejandra (4º ESO B)
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 26-03-2012 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus a 4º da ESO
O outro día, sentada tan tranquila nunha mesa dunha cafetería, escoitei por casualidade que o dono da mesma quería rebaixar as horas que os seus empregados traballaban contratando a unha persoa máis.
En principio pareceume unha gran idea, xa que esas persoas traballarán menos horas e terán máis tempo para estar coas súas familias, e porque desa maneira unha persoa sairía da lista do paro, pero, máis tarde deime conta de que iso non era soamente positivo porque, cobrando por horas, traballando menos horas recibes menos diñeiro polo teu traballo.
Isto mesmo se pode aplicar á reforma da educación levada a cabo polo actual goberno: Por un lado a substitución dun ano de ESO por outro ano de Bacharelato permite que os estudantes que de verdade queiran estudar o realicen en mellores condicións, pero todo isto nun principio reduce un ano a escolarización obrigatoria o que suporía un descenso da calidade de vida nun futuro. Segundo as palabras do Ministro de Educación: ‘a reforma non suporá unha redución da escolaridade obrigatoria, que seguirá fixada aos 16 anos, senón que permitirá aos estudantes unha formación máis específica para o mundo laboral’.
Na miña opinión a reducción dun ano a ESO non vai facer que os alumnos queiramos estudar máis e nos preparemos para o mundo laboral, senón que fará que botemos a perder un ano das nosas vidas.

Este artigo esta feito por Laura Caamaño Ferreirós



Serxio lamas 3ºa
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 08-03-2012 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Heredeiros da Crus en Ordes!
Eu tiven a sorte de ir alá! Déixovos un vídeo, foi impresionante!


Neste outro video están os veciños de Rianxo Román(o dos polos) e Brais Moares.


Martiño. 1º Bach.
e ti que opinas? (2) - Categoría: Cousas - Publicado o 06-03-2012 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Unha visión sobre os usos do galego nalgúns deportes.
Veño de facer un artigo analizando os usos do galego que eu vexo no mundo dos deportes e que podedes ler colgado na nosa revista, bicodaria.Aquí simplemente vos deixo as conclusións e unha valoración persoal como resultado desta reflexión.
Espero que sexa do voso interese.

Na actualidade no mundo dos deportes así como nos demais ámbitos da sociedade
(ensino, igrexa, mundo económico, familia, medios de comunicación…) a lingua
galega conseguiu mellorar as súas condicións pero cun pouco de esforzo de todos nós
chegaríamos a converte a Galicia nunha sociedade bilingüe e a eliminar todo tipo de
comportamentos diglósicos que aínda perduran na sociedade.
Eu animo aos galegos a loitar polo seu, porque se o galego noutras épocas foi lingua predominante porque non o ha de volver ser nun futuro quizais non tan afastado.
Ser lingua non é fácil, frecuentemente outras con máis prestixio que ti atácante, poñámonos no lugar do galego e loitemos nós por el, pois ao fin e ao cabo é a lingua galega quen nos representa, a que representa a Galicia, aos galegos.


Cristina Cambeses. 4ªA
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 05-03-2012 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego