O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

A lingua que queremos... Participa no Foro de lingua de Achegarte
Nun artigo que lin hoxe, falabase da feira cultural, Achegarte, que terá lugar os días 2 e 3 de abril. É de agrado que se celebre unha feira na cal se recollen ideas propias da xente da rúa, que fala o galego. Desta maneira, non só fan participar ás persoas interesadas na feira dunha forma moito máis directa, senón que ademais deste xeito motivan enormemente á xente para que se anime a ir á feira cultural e pasalo ben. Paréceme moi atractiva a idea de que haxa concertos, espectáculos, exposicións, venda de produtos, etc. xa que é un gran recurso para atraer xente de todo tipo, dende rapaces ata xente de avanzada idade. Sobre todo, gustoume a idea de que haxa un foro sobre o estado da cultura e outro do idioma. A maiores de todo isto, o espazo que abriron na rede para poder comentar e detectar problemas e propoñer solucións, dende o meu punto de vista, é unha gran idea. Así, todos podemos opinar e dende a organización xuntan estas propostas con outras e publícanas e difúndenas. Considero que a idea de que participemos nun documento representativo e de utilidade axuda a que a xente se solte máis a falar o galego.

Alba Moares
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-03-2011 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nai négase a que o seu fillo aprenda o galego.
Nunha noticia atopada na edición dixital do Xornal de Galicia fálase sobre a denuncia que fai unha nai ante a suposta discriminación que sofre o seu fillo no colexio por non poder usar os libros de texto en castelán, nunha materia que debe impartirse obrigatoriamente en galego,segundo o actual Decreto e mais segundo os anteriores, porque Coñecemento do medio, debe darse en galego desde o 1995.
Esta nai, contando co apoio de Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, presentou cinco escritos ante o centro e a Inspeción Educativa e solicitou ao conselleiro de Educación que lle propoña unha solución.
Pola súa banda, a docente do pequeno négase a impartir as clases mentres este non teña libro de texto en galego, tal e como está fixado polo Decreto do plurilingüismo. Hai que citar que, tal e como dita o devandito Decreto, os materiais e libros de texto de cada materia deben estar redactados na lingua na que se imparta esta, e casualmente, a lingua na que lei di que se lle impartan as clases a este neno é o galego. Isto fai que careza de sentido a denuncia desta nai.
A nai mesmo ameazou con presentar un recurso para que sexa un xuíz quen diga se con esta lexislación vixente se pode impedir que un neno utilice o libro de texto en castelán. Pola súa banda, Gloria Lago recrimina o consentimento da Consellería cara o que ela chama “incumprimento do decreto”.
Persoalmente, creo que o uso do galego nas aulas non significa ningún problema senón que todo o contrario posto que o galego, como lingua nosa que é, debe ser utilizado no ámbito do ensino para así conseguir que os nenos poidan aprendelo, xa que se non lles damos a oportunidade aos cativos de aprender o galego, este irá diminuíndo o número de falantes pouco a pouco.
A señora Lago tamén denunciou que a Xunta omite a vixilancia do cumprimento do decreto do plurilingüismo na ensinanza e prohibe aos alumnos usar os libros e facer os exames no idioma da súa elección. Para comprender esta situación hai que dicir que no ano 2007 instaurouse o Decreto no que se facía dar como mínimo o 50% das materias escolares en galego, sendo este abolido no 2010 e orixinando un retroceso da presenza da lingua no ensino. No decreto que temos agora en vigor imponse un máximo de materias a impartir en galego, por primeira vez na historia, xa que se lle poñen impedimentos ao avance normalizador do galego.
Penso que o galego tería que ser a lingua máis utilizada no ensino, aínda que este decreto non sexa o axeitado para lograr isto posto que este abole ao do ano 2007, o cal presentaba mais vantaxes para a nosa lingua, que é a primeira que ten que contar co noso apoio xa que hoxe en día segue a ser unha lingua minorizada.

En conclusión, aos cativos habería que impartirlles as clases en galego xa que é a nosa lingua e é a que debemos aprender de primeira en todos os ámbitos, sendo a ensinanza unha moi boa opción para que o galego non acabe por desaparecer.
Na foto da dereita atopamos a Gloria Lago xunto coa nai do neno.

Cristina P. (2º Bac. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-03-2011 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Aloumiños para todos
Acabo de atopar unha noticia no xornal galiciahoxe.com na cal se informa sobre unha nova iniciativa impulsada polo Departamento de Política Lingüística da Xunta. O Cartafol dos axóuxeres ten como principal obxetivo introducir o galego na comunicación familiar e asegurar a súa transmisión de pais a fillos.
Trátase dun maletín con recursos didácticos e divulgativos co que se pretende incorporar o galego de forma afectiva. Este seralles otorgado ás mulleres embarazadas a través das matronas do centro de saúde.
Segundo Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, este plan trata de proporcionar materiais que favorezan a transmisión familiar do galego enmarcado nos obxectivos do Plan Xeral de Normalización. Este tamén citou que o galego ten un uso baixo na mocidade pero, ao parecer, non vai a peor.
Persoalmente defendo esta nova iniciativa posto que teño a certeza de que isto mellorará a actitude receptiva da xuventude respecto ao idioma, mellorando así tamén, os indicadores do uso do galego. A ver se, así, desta forma e xunto con novas iniciativas, a nosa lingua irá acadando máis falantes garantizando así o seu futuro.

Cristina P.



e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-03-2011 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
O galego é rexeitado no Congreso dos deputados
Francisco Jorquera, deputado do BNG, foi un dos poucos que votou a favor da lei que permitía o uso do catalán, galego e éuscaro no Congreso. Esta lei foi rexeitada por PP, PSOE, UPyD e UPN.
Segundo Jorquera aínda hoxe en día vese o castelán como a lingua que deben falar todos os cidadáns do Estado e o resto dos idiomas son os coñecidos como raros: idiomas que parecen reliquias arqueolóxicas, encontradas nunha excavación, que deben protexerse pero non permitir o seu uso social.
Este proxecto de lei só foi apoiado por uns poucos partidos, que a modo de rebeldía utilizaron os seus idiomas para defenderse no Congreso. Jorquera explica que esta idea de manifestarse desta forma a favor plurilingüismo, foi pactada momentos antes de entrar no Congreso.
Ao deputado do BNG parécelle que tanto o PSOE como o PP consideran o castelán como lingua española e non ven normal o uso doutras.
Jorquera seguirá traballando para conseguir que o se use no Congreso aínda recordando as miradas atónitas dos deputados cando escoitaron falar éuscaro na Cámara.

Virginia 2º Bach.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-03-2011 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
O comercio en galego!?
Tras trinta anos de vida, a Xunta decide deixar de dar axudas para o comercio en galego.
As explicacións que dán é que debido á crise económica que está a acontecer cómpre analizar con moito coidado os movementos nos presupostos.
Por outra banda tamén se intenta defender dicindo que ata o momento ningún partido levou a cabo o previsto no artigo 25 da LNL(O Goberno galego e as corporacións locais fomentarán o uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras coa finalidade de por actos singulares poderanse outorgar reducións ou exencións das obrigas fiscais”)
Outra medida tamén levada a cabo en torno a este tema é a nova Lei de Comercio Interior, na cal se eliminan os artigos que favorecían o uso do galego no comercio.

Lara 2ºBach c
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 24-03-2011 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Non mudedes o galego
Boas, o outro día lin unha noticia moi interesante. Trátase dun artigo que nos anima a falar o galego e a facer que nos respecten pola nosa opción lingüística.
O que máis me emocionou foi a experiencia dun señor do concello de Teo que chamou á empresa Unión Fenosa por causa dun avaría e unha das respostas da teleoperadora foi "a mi me habla en español, si no le importa que yo soy española ¿de acuerdo? a reacción deste veciño foi pedir unha copia da gravación da conversa e presentar unha queixa.
Todos nós debemos facer o mesmo, desta maneira reforzaríamos o galego e faríamos que as empresas que están instaladas en Galicia falasen, ou cando menos respectasen, o galego, como debería ser.
Asi que, por favor, non deixedes de usar o galego con xente galega, pero sobre todo na administración, xa que alí a lei ampáranos.


Alba Moares
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 24-03-2011 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
o galego axúdanos a coñecernos
Un artigo que lin hoxe di que o estudo do galego debe servir para axeitar a nosa lingua ás existencias terminolóxicas dunha sociedade moderna, facilitar a súa aprendixaze, vencer os prexuízos que a atenazan e coñercernos e sentirnos orgullosos de nós mesmos. Isto díxoo Anxo Lorenzo, o secretario xeral de Política Lingüística.
Pois ben, nisto ten razón. Os galegos debemos aprender ben a nosa lingua non só para falala correctamente senón para sentirnos orgullosos dela. Ademais canto mellor adaptada estea máis fácil será a súa aprendizaxe. A parte disto, o galego dende hai poucas décadas comezou a avanzar, e o seu avance foi espectacular. De feito, neste ano 2011 o Instituto da Lingua Galega cumpre trinta anos da súa creación e que foi importante no labor de estudo e modernización da lingua.
Por outra banda, Anxo Lorenzo fixo unha investigación lingüística, concretamente de dialectoloxía, e afirmou a riqueza da nosa lingua. Esta riqueza non podemos nin debemos renunciar a ela . O que deberiamos facer é estar moi orgullosos da nosa lingua, como moitos, e ademais estar orgullosos das nosas variedades dialectais, pois o galego , como o resto dos idiomas, compónse de diferentes variedades dialectais e deste xeito como galegos estimar o noso idioma.

Alba Moares
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-03-2011 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
As matemáticas revelan que o galego seguirá adiante.
Acabo de atopar unha noticia sorprendente no xornal galiciahoxe.com no que se informa sobre o recoñecemento internacional dun artigo que aplica conceptos físicos para realizar un estudo sobre noso idioma, o galego. Esta investigación foi levada a cabo por Jorge Mira, Juan Nieto e Luís Seoane.
Este estudo fica nunha das revistas mais importantes de física, o New Journal of Physics, e puiden descubrir que obtivo case o máximo número de visitas acadadas en toda a súa historia grazas a este artigo.
Na investigación atópase un estudo sobre a importancia da similitude interlingüística e a situación de bilingüísmo, cando dúas linguas compiten, para a supervivencia ou non desas linguas en contacto. Neste caso, as linguas obxecto de estudo veñen a ser, o castelán e o galego.
O artigo agasállanos coa noticia de que é posible a coexistencia de dúas linguas se se producen certas condicións de estabilidade, asegurando a presenza dese equilibrio en Galicia e garantizando o futuro do galego. Este desmontaría moitos dos artigos feitos con anterioridade nos que se afirmaba que cando dúas linguas compiten no mesmo territorio, unha delas acaba por desaparecer. Estes estudos, teoricamente teríanse vido abaixo con esta investigación, posto que , Mira e os seus compañeiros, puideron chegar a conclusión, mediante a matemática, de que o galego e o castelán teñen un contido común do 80%. Isto é unha boa noticia posto que se non houbese un grao tan alto de parecido, unha das linguas sería abandonada, e neste caso, por desgraza, tocaríalle ao galego, así o afirma Mira.
Segundo os medios de comunicación, puiden descubrir que esta investigación chegou á conclusión de que este momento é o punto máximo de bilingüismo, e, segundo o que se faga, pódese condenar ao galego ou facer estable no tempo o actual bilingüismo.
Non debemos de quedar parados nun momento, xa que logo, de tanta importancia xa que hai que seguir loitando para conseguir que o noso idioma sexa empregado en todos os ámbitos, sen ter que recurrir a outra lingua en certas situacións. Isto pódese conseguir con, por exemplo, plataformas como a de “Queremos Galego” que segue loitando pola defensa do galego, celebrando numerosas actividades e manifestacións a favor da lingua. Dito isto, cabe citar que o próximo acto desta plataforma levarase a cabo o vindeiro día 30 no Pazo de Congresos e que contará con persoeiros da cultura e sociedade a favor do galego e no que se quere acordar un manifesto de reivindicación e defensa do galego. Así, deste certame preténdese acadar un discurso que será lido o 17 de maio, día das letras galegas, día no que se convocarán numerosas manifestacións a favor da lingua.

Cristina P. 2º Bach.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 21-03-2011 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Non mudedes o galego
Boas.
Hoxe lin unha noticia moi interesante. Trátase dun artigo que nos anima a falar o galego. Pode darse o caso de que nalgunhas circunstancias nos pidan ou mesmo nos esixan que cambiemos de idioma ao castelán porque non nos entenden; pois ben, neste artigo dise que non nos sintamos obrigados a facelo (a mudar de idioma). As leis, a miudo incumpridas , din que se algunha empresa oferta os seus servizos en Galicia ten a obriga de respondernos no noso mesmo idioma. O que máis me emocionou foi a anécdota dun señor do concello de Teo que chamou á empresa Unión Fenosa por causa dunha avaría e unha das respostas da teleoperadora foi "a mi me habla en español, si no le importa que yo soy española ¿de acuerdo? A reacción deste veciño, e usuario, foi pedir unha copia da gravación da conversa que ao final conseguiu,para así poder facer a súa reclamación. Todos nós debemos facer o mesmo, desta maneira reforzaríamos o galego e faríamos que as empresas que están instaladas en Galicia empreguen o galego, tal como debería ser. De feito Carlos Callón , o escritor deste artigo, foi a Palma dar unha conferencia e invitárono a impartila en galego e , salvo certas cousas que tivo que traducir para que non perdesen o fío da conferencia, todos entenderon á perfeción o noso idioma.
Asi que, por favor, non mudedes o galego por imposición.

Alba Moares
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 18-03-2011 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
O Papa saberá do catalán… e do galego?
A presenza do Papa Bieito XVI en Cataluña espertou na poboación desexos de dignificar máis o idioma propio da comunidade, o catalán. Para iso, creouse un manifesto encabezado por Jordi Puyol, asinado por outras trinta personalidades catalás, entre as que se atopan Artur Mas, Josep Antoni Durán i Lleida (os dous máximos responsabeis de CIU na actualidade) , Jordi Carbonell (presidente honorario do ERC), alcaldes socialistas, maxistrados, representantes da vida cultural, social e relixiosa. Este manifesto, publicado o día dous de novembro no xornal italiano Corrielle della Sera, expresaba o desexo de que o Papa “rezase con eles en catalán”, é dicir, que se fixese toda,ou senón parte, da misa en catalán.

A resposta do Vaticano a este manifesto foi afirmativa, pois indicaron que gran parte da misa estaría oficiada en catalán. Ante este acontecemento, o presidentre do PP Mariano Raxoi afirmou de que se trataba do feito máis importante para a lingua catalá.

Pola contra, a estancia do Papa en Galicia o día anterior, non aportou nada novo ao noso panorama lingüístico. No xornal A Nosa Terra Diario afirman que a visita foi diferente: a de Galicia sería unha visita pastoral con “contido universal”, e a de Catalunya sería unha visita de carácter local.

Como se prevía, as referencias a Galicia e ao galego foron case nulas. Tan só dirixiu unhas breves palabras en galego ao remate do seu discurso, dirixíndose a todos os presentes, para reiterar o seu agradecemento.

Se a embaixada española no Vaticano e o seu embaixador, o galego Francisco Vázquez e os seus axudantes, lle asignaran un papel máis importante ao galego na preparación desta vistita do Papa, e esquivasen diversas organizacións como a Conferencia Episcopal Europea e a Embaixada Española, como fixeron as xerarquías catalás, faríase máis referencia tanto a Galicia como ao idioma galego, que actualmente non goza dun bo estado de saúde.

O feito de que o Papa se exprese en catalán e en galego na súa visita, non significa que vaia a mellorar a situación das linguas dun día para outro, pero si é significativo observar a diferente postura das autoridades tanto civís como eclesiásticas na súa visita a Galicia, que contrasta coa de Cataluña: “na nosa terra desvalorizouse o idioma; en Cataluña sacáronlle partido”.

O feito de que se prepare un discurso e o Papa se esforce en facer a súa lectura en catalán, evidencia que tamén se podería ter feito o mesmo en galego. A única explicación pode estar en que as autoridades non teñan interese en empregar e dignificar o galego.

Penso que a visita do Papa a Galicia , fora pastoral ou non , foi tamén unha visita de Estado, onde as autoridades tanto civís coma eclesiásticas estiveron presentes en todo momento. Todos trataron de beneficiarse da visita, as autoridades locais, as dos gobernos, as eclesiásticas,... pero ninguén se preocupou de extraer beneficio para a língua galega. No que ao uso da lingua se refire, o Papa estivo en Galicia como se estivera en calquera outro sitio, de non ser por ese agradecemento ao remate da súa intervención.



Roberto, 2ºBac.
Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 18-03-2011 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego