O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Un galego-suizo cántalle a Rosa Díaz a ritmo de hip-hop
Como se di por aí... "Rosa, pedíchelas...leváchelas"

e ti que opinas? (3) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 20-03-2010 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Máis vídeos de "Orgullosos/as do noso... e do galego"
Un grupo de alumnos e alumnas xa estiveron facendo os seus vídeos sobre esta campaña. Ímolos colgando na nosa revista dixital Bico da ría www.bicodaria.com (sección "Nós, normalizando". Xa hai 3 novos. Aquí o grupo enteiro berrando...



Non esquezades ir á revista!!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 17-03-2010 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
MOTORES DA LINGUA
Ese é o noso obxectivo como galegos. Ser un motor da nosa lingua, que alá onde vai leva o seu sinal de identidade, e este é o galego.
Os adolescentes galegos non se serven do galego para vivir, e a base dunha lingua é o seu uso, polo tanto a súa normalización é fundamental.
No tempo que vivimos o goberno está empeñado en que falemos castelán e un non sempre fai o que quere, porque non pode, pero si podemos non facer o que non queremos’. Nós queremos o galego, e ímolo conseguir. Simplemente fai falla xente que o fale e o promova, como pequenos galego-normalizadores andantes. E isto é moi sinxelo , só se precisa falar galego e esixir as cousas no noso idioma, posto que a obrigación dos galegos é dar o servizo en galego. Por exemplo pedir a carta nos restaurantes en galego, consumir produtos galegos para o seu mellor desenvolvemento, e falar en todos os ámbitos o idioma tanto no dentista, como no bar, como por exemplo no xulgado.

Sexamos galegos, promovamos a lingua.

J.Daniel´s
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 15-03-2010 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chegou Kiis o IES Felix Muriel
Catro rapazas de 4ºB convertéronse en kiss para un traballo de Inglés, pintando a cara como os compoñentes da banda de rock. O traballo de inglés trataba de expoñer un grupo de música, as rapazas fixeron un escenario con cartón e con un telón que levaba pegadas fotos deste grupo.
As rapazas son Jésica, Paloma, Paula e Tania que sen ningunha vergoña posaron por todo o instituto fotografándose co alumnado.





Asinado:
Tania, Paloma, Paula e Jésica. 4ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 15-03-2010 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Anteproxecto do Decreto: para a Xunta o galego resta!
Presentan un Anteproxecto do Decreto do Plurilingüimo (???) para a nosa comunidade educativa no que se busca "coidar" o castelán... Coma se tivese algún problema esta lingua na nosa comunidade... quen non sabe castelán?.
Queixámonos cando lemos o borrador, pero resulta que podía ser aínda peor! Descubrimos que despois de apoderarse do lema que sacamos os ENDL a finais do curso pasado: "As linguas suman" que o repite o noso presidente por todas partes, para eles o galego non suma, resta, estórballes, non necesita protección... písano!

Agora xa nos chegou o texto(tédelo en anexo)e brevemente queremos dicir:

- O alumnado vai rematar o ensino obrigatorio con menos competencia en lingua galega da que xa ten!!! Nalgunhas cidades é nula
Sabedes que hai alumnos en infantil que lle preguntaron a un contacontos "Que es can?"... Haberá algún alumno galego que pregunte "Que quere dicir perro?"
Nota: Competencia significa entender, falar e escribir con corrección nunha lingua

- Fálase de que vai haber equilibrio entre as linguas no ensino. MENTIRA. Imos poñer o ex. con 4º ESO no noso centro. Vai haber 3 materias que se imparten obrigatoriamente en castelán: mates, tecnoloxía e física-química... E en galego dúas a historia e a bioloxía. Con que outras materias se vai acadar o 50% de materias en galego?

- Só desde o coñecemento se é libre para poder elixir. Se non coñecemos o galego non é verdade que cadaquén poida falar na lingua que lle pete!!

POLO TANTO, QUE NON MINTAN:
- NON HAI EQUILIBRIO ENTRE AS LINGUAS
- NON VAI HABER COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO
- SÓ SE FOMENTAN PREXUÍZOS CARA AO GALEGO (non válido para as ciencias...)
- A SUPOSTA LIBERDADE DE ELECCIÓN DE PAIS E ALUMNOS DEIXA AO GALEGO, lingua minorizada e sobre a que hai moitos prexuízos xa, TOTALMENTE DESPROTEXIDA.
Anteproxecto do Decreto para o plurilingüismo
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 15-03-2010 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Estudante rianxeira en Madrid, orgullosa de ser galega e de falar galego
Patricia Neira, ex-alumna do noso IES, estuda Fisioterapia en Madrid e ten unhas notas brillantes. Ela relata como o galego non lle supuxo ningún problema nos seus estudos fóra de Galicia, todo o contrario… escoitádea!



e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 14-03-2010 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Biscoito
INGREDIENTES:
250g de manteiga
18 culleradas grandes de fariña
18 culleradas grandes de azucre
4 ovos
Un pouco de leite

PREPARACIÓN:
Bata os ovos xunto coa manteiga e o azucre. Despois, xunte a fariña, aos poucos, e un pouco de leite. Bata todo moi ben durante cerca de 15 minutos.
Nunha forma untada con manteiga e cunha pouca fariña bote a masa, leve todo ao forno a 180⁰ durante 30 minutos.

Paloma Romero 4ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 12-03-2010 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Bacallau rebozado
Anacos de bacallau rebozado:
2 Talladas de bacallau desalado.
2 Culleradas de sopa de fariña de trigo.
2 Ovos.
2 Culleres de sopa.

Confeccion:
Primeiro mesturase os ovos coa fariña.
Despois,xuntanse o bacallau en anacos coa masa dos ovos e a fariña.
Logo levase a fritir os anacos envoltaos na masa.
Fritense ben polos dous lados en aceite de oliva,que está máis rico.
Por último sérvense en pratos acompañados de arroz, tomate,patacas...
Eso xa depende do gusto de cada un.

Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 12-03-2010 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
MATAPA
Vouvos deixar unha receita típica de Mozambique

Ingredientes

750 gramos de cacahuete cru
1 coco
1 kg de camarón seco
1 kg de follas de mandioca
2 litros de auga
sal ao gusto

Modo de preparación
Bátese o cacahuete(sen casca) ata quedar en po e disólvese en medio litro de auga.
Ráiase a polpa de coco e esprémese nun pasador , xuntando pouco a pouco o restante do medio litro de auga de forma a extraer todo o leite ao coco.Xúntase este leite de coco a auga co cacahuete.
Pícanse as follas de mandioca máis ou menos dous centímetros de grosor.
Cocíñanse as follas de mandioca (sen auga)durante media hora,a ola lévase ao lume coa mestura de leite de coco con auga de cacahuete, cando comeza a ferver,xúntanse os camaróns xa preparados e cociñados e déixanse repousar durante hora e media a lume lento .
Sérvese con arroz branco.


Fabiola 4ªB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 12-03-2010 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
O conselleiro que se perdeu en 'Desván de los monjes'
O conselleiro contestáballe no Parlamento hai dúas semanas a un membro da oposición que o criticaba por dirixirse, nun acto oficial en Madrid o pasado mes de xaneiro, a Sobrado dos Monxes e a Touro como ‘’Desván de los monjes’’ e ‘’Toro’’. Roberto Varela, como defensa negou ter dito tal cousa manifestando que había que ser estúpido para pensar que el ía dicir tal cousa e que deixasen de andar no lixo dos portais de internet que non din máis que mentiras.

Os internautas déronse por aludidos e buscaron a proba do ‘’delito’’. A páxina galiciavesientela, foi pola cal se puido acceder ao vídeo onde aparecen as imaxes de cando empregou tales topónimos.

Dende o goberno acusaron de mentirosos aos que aseguraban que Varela tiña inventado novas localidades nun acto en Fitur.

As reaccións da oposición, como era de esperar, foron inmediatas e o BNG pide unha rectificación pública. Xa non só foi o feito de que o conselleiro corrompera os topónimos oficiais senón que Varela mentiu.

María Quintás dixo que podía considerarse unha simple anécdota, pero que en realidade non o era, xa que era algo máis serio que iso, ata o punto de amosar un desprezo cara á nosa lingua.

Non entendo que unha persoa galega como é Varela, poida facer o que fixo e despois mentir como mentiu. Creo que isto para el foi caer bastante baixo xa que eu considéroo como un desprezo cara a nosa lingua.

Aquí deixo o vídeo no que Varela di ‘’Desván de los monjes’’:
http://www.youtube.com/watch?v=TAxDHlS0Ef4

pero tamén o tendes colgado na nosa revista Bico da ría (xa sabedes: www.bicodaria.org)


María Hernández Noya, 2ºBach. A
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 11-03-2010 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego