|
|
|
|
| Vixésimo segunda edición dos cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois |
|
Os cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois, desenvolveranse dende o 2 ao 30 de xullo deste 2009 na Universidade de Santiago de Compostela.
Trátase dunha iniciativa que co paso do tempo foise consolidando , e cada vez máis persoas amosanse interesadas por este proxecto (2000 dende que se puxeron en marcha).
A convocatoria foi posible grazas a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de abril. Nel poderanse inscribir todas as persoas que o desexen (sempre que teñan os 18 anos). Para realizar a inscrición ou solicitar información sobre o curso , os interesados poden chamar o teléfono 34-981 563 100, ou do enderezo electrónico ilgcurso@usc.es.
O obxectivo principal é ofrecerlles aos alumnos o achegamento á lingua galega e á realidade sociocultural de Galicia.
O programa inclue clases teóricas e prácticas de galego , sesións sobre literatura , xeografía , arte e historia, viaxes e visitas a espazos de interese cultural e paisaxístico.
A organización establece diferentes niveis dentro dos cursos, un nivel elemental , medio , superior. Cada un elixirá o correspondente atendendo o seu coñecemento do idioma.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística financia bolsas (450 euros), para a realización destes cursos. Ademais os solicitantes das bolsas quedarán exentos do pagamento da matrícula. Os aspirantes a estas axudas deben consultar as condicións na web ilgcurso@usc.es.
Cando remate o prazo de inscrición, a organización outorgará as bolsas e comunicaralles o resultado ós agraciados.
O importe total da matrícula para aquelas persoas que non solicitaron bolsa ou que non lles foi concedida, ascende a 200 euros, incluíndo o dereito a clases, material didáctico, excursións e certificados.
A recepción do alumnado terá lugar o 2 de xullo, na praza da Universidade, dende as 10.00 as 14.00 horas. Este día , os estudantes recibirán os horarios e o material das clases.
Ángel Rodríguez (2º Bach. C) |
|
|
|
|
| O DECRETO DO GALEGO TEN UN RESPALDO TOTAL DA COMUNIDADE ESCOLAR |
|
A Mesa pola normalización lingüística recórdalle ao PP que o Decreto do galego que pretende derrogar cando chegue á Xunta, ten un respaldo unánime da comunidade educativa. En concreto do consello escolar de Galicia, das organizacións de estudantes, dos sindicatos que representan o 90% do profesorado, dos movementos de renovación pedagóxica e a Federación pública de asociacións de pais e nais que impulsaron e apoiaron esta norma.
A Mesa reta ao PP a elaborar outra lexislación que teña máis respaldo cá actual, e recorda que o anuncio da derrogación do decreto fíxose sen contar ca comunidade escolar.
Adrián Silva (2º Bach. C)
|
|
|
|
|
| Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación de Goretti Sanmartín. |
|
Hoxe 30 de marzo, na Asociación Alexandre Bóveda da Coruña, levarase a cabo a presentación do libro Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación de Goretti Sanmartín.
Este libro ten como fin ligar a defensa do galego co emprego dun modelo de lingua culto que inflúa na recuperación do prestixio e dignidade que precisa para ocupar o lugar que merece como lingua propia de Galicia.
O acto contará coa participación de Xosé Manuel Sánchez Rei, Manuel Bragado e Goretti Sanmartín.
Cristina Saborido (2º Bach. C) |
|
|
|
|
| AIR GALICIA CO CONFLITO LINGÜÍSTICO |
|
Primeiro: sabedes o que é Air Galicia?
Air Galicia é un programa de humor que reflite de maneira irónica a relación que os/as galegos/as mantemos ante diferentes temas.
Por iso un dos seus capítulos foi dedicado ao conflito lingüístico con diferentes sketchs.Por exemplo, o dun madrileño indignado co uso do galego ou unha recollida e firmas contra a imposición.
Fixádesvos no fondo do tema? Deixamos que un madrileño nos aquí traslade o "seu problema"...
Lucía Rey (2º Bach. B) |
|
|
|
|
| A Unión Europea apoia as linguas minorizadas e o plurilingüismo |
|
o Parlamento Europeo acaba de aprobar -con 355 votos a favor, 279 en contra e 69 abstencións- unha resolución que subliña a necesidade de prestar unha atención especial aos alumnos que non poden estudar na súa lingua materna. É dicir que cómpre favorecer o ensino nas linguas minorizadas.
O texto que foi aprobado non tivo en conta a proposta do Partido Popular Europeo de que se deixaxe liberdade para que os pais poidan elixir a lingua na que queiran educar aos seus fillos nos países con linguas cooficiais.
O texto aprobado incide na necesidade de preservar a diversidade lingüística e o multilingüismo ao tempo que fomenta a aprendizaxe de idiomas.
Dado que esta noticia saíu á luz onte 25 de marzo, pódese ver en toda a prensa alusións a esta noticia, enfocada -coma sempre- desde os distintos puntos de vista.
|
|
|
|
|
| CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA OS ENDL DE TODA GALICIA |
|
AO COIDADO dos responsables e membros dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do centros de Ensino Infantil, Primario e Secundario.
Ola a todos/as.
Somos un grupo de persoas que está a traballar en ENDL de diferentes centros de Ensino da zona de Santiago que nos xuntamos para falarmos de como podemos afrontar a nova situación canto á normalización da nosa lingua. Dado que as cousas van mudar, e parece que non para ben, consideramos que é necesario transmitirlle á sociedade e ao novo goberno o que pensamos ao respecto dos cambios anunciados. Por iso vos convocamos a unha reunión que se celebrará o vindeiro sábado 28 de marzo ás 16.30 da tarde no Instituto Galego de Información (IGI) (San Marcos, Estrada do Aeroporto, ao pasar o Hotel Apóstol Santiago). O obxectivo da reunión é o seguinte:
-Avaliarmos a posibilidade de facermos pública a nosa posición canto ao Decreto 124/2007, que se quere derrogar. Levaremos un texto base para consensuarmos antes de mandalo aos medios. Sería un texto de carácter técnico, como normalizadores que somos, e para nada incompatible con outros posicionamentos que poidan facer outras organizacións sociais e políticas que fagan algo ao respecto.
-Pensarmos na posibilidade de crearmos unha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para actuar colectivamente a prol da nosa lingua tanto a nivel particular, nos nosos centros, como en xeral, na sociedade.
Por favor, comunicádelle esta convocatoria a todos cantos membros dos ENDL coñezades, e que polos motivos que foren non leron esta información.
Agardamos contar coa vosa asistencia para entre todos poder traballar para conseguir obxectivos normalizadores.
Por favor, confirmade asistencia.
Saúdos a todos/as.
Román Landín Cerqueiro (CEIP Aurelio-Cuntis)
Valentina Formoso Gosende (IES Félix Muriel- Rianxo)
Xesús Mosquera (CRA de Santa Comba)
Luís Aldegunde (CEIP de Rois)
Sara Paz (CEIP da Baña)
Pila Buela (IES de Valga)
Gracia Sanctorum (IES Pintor Colmeiro-Silleda)
Sechu Sende (IES Marco do Camballón-Vila de Cruces)
Daniel Asorei (CEIP de Touro)
Xoán Constenla (CEIP de Portas)
Ana Rial (IES de Caldas)
Miguel Louzao Outeiro (IES Coroso-Ribeira)
|
|
|
|
|
| 70 anos despois |
|
AS PROPOSTAS CULTURAIS DO EXILIO MARCARON AS DÚAS BANDAS DO ATLÁNTICO.
70 anos despois é o título do congreso que se celebrou do 12 ata o 14 de marzo no Pazo de Mariñán.No evento analizáronse as pegadas deste colectivo en ámbitos coma a ciencia, o cine ou o teatro. Entre as múltiples figuras que se analizaron na iniciativa cabe destacar un dos exemplos senlleiros daquel exilio, Luís Seoane.
Cristina Saborido (2ºBach. C) |
|
|
|
|
| Para sermos máis nós! |
|
 Este é o lema no que se basea GALEGUIZAR GALIZA, un portal de internet no que colaboran colectivos como a Asociación de funcionarios para a Normalización Lingüística, Fundación Lois Peña Novo, Asociación Álvaro das Casas e o Foro Enrique Peinador.
Todas estas organizacións teñen obxetivos comúns e o máis importante é o de promover políticas lingüísticas para contribuír a normalizar o noso idioma.
O nome deste portal non o inventaron senón que , Galeguizar Galiza, son termos que qixeron recuperar da obra de Lois Peña.
Lucía Rey (2º Bach. B) |
|
|
|
|
| Torta de Santiago |
|
Ingredientes:
- 9 Ovos
- 125 gr. de azucre
- 5 gr. de canela moída
- 500 gr. de fariña
- 250 gr. de améndoas
- Raiadura de limón
- Manteiga
Preparación:
Para a masa: Xúntase un ovo batido cunha cullerada de auga, coa canela e co azucre engadindo pouco a pouco a fariña ata ter unha masa máis ben fina.Amasar e estirala cun rolo de cociña. Forrar o molde, previamente untado con manteiga.
Recheo: Escaldar, pelar e esmiuzar as améndoas. Bater o resto dos ovos co azucre, a canela e raiadura de limón. Xuntar coas améndoas reservando algunhas para o adorno. Bater novamente. Botar todo isto sobre o molde, enriba da masa, espolvorear coas améndoas sobrantes e reservadas para este fin.Meter no forno ata que acade unha tonalidade dourada.
Aproveitade o festivo para sorprender á vosa familia con esta inesquecible torta.
Daniel Fernández Romero |
|
|
|
|
| O esperado Atlas Mundial en Galego xa está na rede! |
|
O pasado sete de marzo fíxose realidade o proxecto, que se viña anunciando dende o 2008 e que consiste nun Atlas Mundial en Galego, onde se poderán consultar os exónimos e a súa adaptación ao galego.
Este Atlas na nosa lingua abarcará o nome de todos os países, as súas capitais, as principais cidades, provincias e rexións. Pero tamén recolle os principais accidentes xeográficos.
O proxecto establece criterios de adaptación ao galego de topónimos que empregan alfabetos distintos ao latino(grego), ou que conteñen sons non existentes en galego, así como indicacións de lectura para a súa pronuncia.
Este atlas, pódese consultar na web www.crtvg.es/atlas , este é unha resposta a un convenio de colaboración (entre A Compañía de Radio Televisión de Galicia [CRTVG] e a Consellaría de Innovación e Industria) , este convenio permitirá a posta en marcha desta base de datos dos tóponimos internacionais e accidentes xeográficos en galego.
Así , agora cando teñas unha dúbida , non o penses dúas veces , e consulta na páxina anterior. |
|
|
|
|
|
|
|