O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

NO MEU MAR, NA MIÑA LINGUA
Desde o ENDL estamos desenvolvendo o proxecto "No meu mar, na miña lingua". Xa fixemos un montón de actividades:
Comezamos un traballo terminolóxico coa idea de normativizar o léxico do ámbito mariñeiro. Elaboramos cuestionarios con fotografías de embarcacións e outros coa definición das palabras que nos interesaban referidas ás partes dos barcos.
Logo realizamos entrevistas entre mariñeiros de idade avanzada para recoller o léxico tradicional que se está perdendo. Tamén fomos a xunto especialistas do sector (membros das escolas deportivas, profesionais dos astaleiros, etc.) .
Logo un grupo encargouse de xuntar os datos. Os e as profes elaboraron unha lista de termos coa definición de cada un, partindo de manuais especializados. Comprobaron todo no VOLG e en varios dicionarios máis para ver se o que recolleran eragalego normativo. Agora anda vendo de buscar outros profes "máis listos" ca eles que lles dean a solución do que eles non saben...

Dentro deste proxecto tamén editamos calendarios nos que aparecen embarcacións típicas da zona, cantigas e refráns con temática mariñeira...

Pero aínda temos que seguir traballando... andamos agora deseñando carteis e trípticos co léxico e cos debuxos. E aínda nos faltan máis cousas.

e ti que opinas? (3) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 31-03-2008 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Correlingua en Ribeira
Desde a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza, da que forma parte o noso ENDL, estase a organizar un Correlingua no que participemos tódolos centros de ensino integrantes da mesma desde Rianxo a Ribeira, pasando por Boiro e A Pobra.

Vaise celebrar en Ribeira o vindeiro 7 de maio. Nós xa nos estamos preparando... a ver se damos feito unha pancarta ben xeitosa.

Para que se nos distinga no medio de todos os demais imos todos vestidos coas camisetas do equipo e se cadra temos tamén que enganchar un laciño dunha cor que nos identifique, porque cadaquén ten a camiseta da cor que máis lle gustou... e hai ben delas.
e ti que opinas? (1) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 31-03-2008 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Tamara Batalla gaña o 1º premio no Barbanza
Debuxo gañador empregado no almanaqueA Editorial Sanyg de Ribeira fai cada ano un concurso de pintura para colgar nun almanaque que se distribúe en toda a Barbanza. O premio para o gañador é de 200 euros.
En novembro deste 2007 a gañadora do concurso foi a nosa compañeira Tamara Batalla Rey que cursa 3º ESO neste centro educativo e que participa activamente no ENDL. Tamara, ademais do diñeiro, conseguiu que se difundise un debuxo seu por toda a comarca,chegando tamén a Vigo, A Coruña, Madrid e Barcelona.
e ti que opinas? (11) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 31-03-2008 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
O que estamos lendo nas vacacións de Semana Santa...
Neste momento hai diversos grupos pertencentes ó Club de lectura lendo diferentes libros:

Uns escollemos unha aventura policíaca:

Ollos de auga de Domingo Villar

Outros inclináronse por algún dos dous últimos títulos de Agustín Fernández Paz:

Noite de voraces sombras

Corredores de sombras

Outros optaron por unha tradución de Óscar Wilde
A de Pantasma de Canterville

Á volta de vacacións faremos tódalas reunións e achegaremos os comentarios. Moitas han ser o luns ó medio día, despois de xantarmos todos xuntos.
e ti que opinas? (1) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 17-03-2008 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Lendo: Nun lugar chamado guerra


NUN LUGAR CHAMADO GUERRA
Jordi Sierra i Fabra



Un pequeno grupo do club de lectura de 2º ESO estamos lendo: Nun lugar chamado guerra


De que vai:
Un xornalista vai á imaxinaria república ex-soviética de Tudzbestán para informar sobre a guerra que se está a desenvolver alí.

Alí coñece a Milo, un rapaz que lle serve de intérprete-coidador e co cal establece unha relación que acabará converténdose nunha verdadeira amizade.

A través deste xoven imos vendo ao longo do relato como viven na actualidade millóns de rapaces e rapazas vítimas da guerra e empuxados por ela a éxodos masivos.


Opinións:
A verdade é que a obra estános resultando moi agradable de ler e tennos enganchad@s a tod@s.

e ti que opinas? (7) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 17-03-2008 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Intercambio Rianxo/Ribadeo
Os/as alumnos/as do ENDL do IES de Rianxo estamos organizando un intercambio co alumnado do IES Porta da Auga de Ribadeo. Virannos visitar a Rianxo o 17 de abril e logo iremos nós a finais de maio. Estámonos escribindo cartas e falando vía internet para coñecernos mellor antes de vernos, e
esperando que chegue ese momento porque parece que incluso vai haber algunha parelliña.
e ti que opinas? (6) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 14-03-2008 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
IX Premio Leixaprén: Escola Infantil Raiola
A coordinadora Leixaprén de Equipos de Normalización e Dinamización lingüística, que agrupa a nove centros de ensino, entre os que está o noso, vén de outorgarlle o noveno premio Leixaprén á Escola Infantil Raiola. O noso ENDL está especialmente contento porque levaba 5 anos presentando a esta escola como candidata ó premio, polo seu labor de defensa e uso da lingua galega no ensino infantil na urbe compostelá desde hai máis de 30 anos.
Este ano tócalle organizar o premio ó CPI Cernadas de Castro de Lousame. Recordamos que o noso IES organizou o acto da entrega do premio no 2006... Que traballiño pasamos!!!
Enlace á web da Coordinadora Leixaprén
Enlace á web da Escola Infantil Raiola
e ti que opinas? (0) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 12-03-2008 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da campaña
Nos seguintes enlaces pódese ver a repercusión mediática da campaña.
Preme aquí para ver o artigo publicado no canal rias baixas
Preme aquí para ver o artigo publicado en Certo
e ti que opinas? (0) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 04-03-2008 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación
Este espazo dedicarémolo a deixar as novas que do noso ENDL saen noutros medios. É dicir, actividades, exposicións, premios, proxectos, etc...
e ti que opinas? (0) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 04-03-2008 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Outra carta de amor
Lorena Lapido Abuín (de 2ºESO E) non chegou a tempo para presentar a carta a concurso, pero entregóunola para que lla publicásemos. Aquí a tendes:

EPITAFIO DUN AMOR PERDIDO

Hai tempo que non sabemos nada un doutro, e neste día tan especial para todos decidín dar a cara a través desta carta. Sei que todo foi rápido, mais con esa rapidez foron pasando as horas, os días e ao final acabaron pasando os meses..., os máis bonitos, nos que en cada segundo penso en ti, e seguirei pensando sempre!
Sei que nun momento me fallaches pero todo foi rápido e pouco doloroso, aínda que unha pequena espiña cravóuseme no corazón.
Ó final a xente conseguiu que seguira pensando mal e eu falleiche a ti ata que unha boa persoa se cruzou no noso camiño e grazas a ela vin as cousas tal e como son. Sei que me queres pero estou metida nun lío...
O bo é que aínda estou a tempo de rectificar, ou iso creo. Espero que me poidas perdoar porque se a min se me cravou unha pequena espiña no corazón, a ti atravesouche a alma.
Ben, téñote que deixar, espero que o tempo non siga pasando e nos poidamos volver cruzar e que volvan pasar cinco meses, cinco anos, e a poder ser, toda a eternidade!
Sempre túa,

P.D.: Perdóame...


e ti que opinas? (6) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 03-03-2008 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego