ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Páxinas, aplicacións e outros produtos en galego.


O outro día estaba mirando páxinas web en galego e de alí a un pouco atopei unha que me gustou especialmente.
Esta páxina que por certo, está totalmente en galego, ensínanos páxinas, buscadores, aplicacións, e produtos electrónicos en galego. Ademais diso tamén nos deixa unha pequena descrición da páxina ou produto que sexa que esteamos vendo, de modo que saibamos cal é o produto ou de que trata. Obviamente a páxina non contén todos os produtos que están en galego, (por exemplo scratch), pero si unha gran recopilación de moitos deles, cousa que non é doada de facer. Así mesmo engade tamén unha breve descrición, que a fai unha páxina digna de ver e ser comentada.
Non vos conto máis. Se tedes curiosidade ou vos apetece, o mellor é consultala.
Se desexas visitala déixoche aquí o enlance ó cal podes aceder facendo click nesta frase.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 07-02-2018 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego