O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Videoconferencia co alumnado do colexio Cañada Blach
Pasámolo moi ben na videoconferencia o pasado xoves, aínda que estivemos algo nerviosos.Foi moi divertido estar a falar por video con alumnado da nosa mesma idade que estuda en Londres.
Nós fomos poñéndonos en grupos de tres para poder entrar no ángulo da cámara de vídeo e eles tamén ían falando ben de un, de dous ou de tres. Fixémoslles moitas preguntas e presentamos Rianxo e o noso IES.

Foron moi simpáticos e falaron moi ben en galego.
Contáronnos que algúns dos seus pais eran galegos e que a eles lles gustaba falar a nosa lingua, mesmo aos que non tiñan orixe galego.Parecíalles fácil pero tamén aprendian mais idiomas como o francés,o castelan, chinés madarín,etc..

Alumnado de 1º ESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-02-2014 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Vida
Rirse, gritar, saltar, correr,
Namorarse centos de veces,
Visitar miles de lugares
E saber aproveitar cada instante,
Caer unhas cantas veces,
E erguerse unhas cantas máis.

Ter a cabeza sempre erguida,
E non deixar xamais que ninguén cha baixe.
Que vivir che quite o sono,
E que soñar che manteña vivo,
Xa que non hai peor pecado,
Que non ser feliz.

Cristian Vicente, 1º Bach A
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 24-02-2014 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Falsidade
Posoloxía:
Todo era nada, pero a nada era todo.
Inxerir en momentos
De rabia:
Ou se a túa confianza
Foi danada.
Precaución:
Abstéñanse as persoas
Puras de corazón;
Pois dana a alma
E a súa emoción.

Sergio Lamas, 1º Bach A
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 23-02-2014 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Microrrelatos
AS CHAMADAS
Ía frío unha noite escura e chea de néboa. As mans tremíanme, saquei o móbil e…. tiña sete chamadas perdidas de miña nai….(chan, chan, chan, chaaan) I(*.*)I

Noel Martínez Vicente, 1º Bach A

Outro día
Cústame respirar, cústame abrir os ollos, a boca, sentir a vida e o aire, cústame todo, encóntrome como peixe fóra da auga, noto que todo me pode, que as forzas me abandonan, pero quero seguir adiante, enfrontarme a iso, conseguir gañar outra vez contra ese grande inimigo, maldito Luns.

José Benito Cores Rañó 1ºBach A

Traballaba de camareiro, no mesmo bar que frecuentaba cando estudaba. Coñecía a todos os clientes e a todos lles atopaba unha semellanza cun familiar, cun amigo ou cun profesor seu.. Pero aquel raparigo que entrou pola porta, a quen se parecía realmente era a el, dez anos atrás. Este rapaz pediu una copa e sentou cunha rapaza realmente semellante á súa ex noiva… Reflexionou, e pensou que non era ela, non podía ser a mesma rapaza desalmada que rematara abandonándoo polo camareiro, a mesma que agora mesmo lle sorría, insinuando desde o outro lado da barra.

Sergio Rial Comojo 1º Bach A

Son as oito da mañá, o seu amante marcha da súa casa, ela esperta e ve o seu compañeiro converténdose nun Alien.


Raúl Muñíz García, 1º Bach A
e ti que opinas? (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 20-02-2014 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
O disco do IES Félix Muriel
Son Brais e cheguei novo este curso ao instituto.Souben que hai moitos anos o equipo de normalización editara un disco que se chama Os quinse máis votados. Hai moitos participantes de grupos:Astarot, Berrogüetto,Fía na roca,Heredeiros da crus,Ruxe-ruxe,Trifulka.E outros grupos que a min me son menos coñecidos como:A compañía do ruído,A roda,Café ó Tisón, Dios ke te crew, Jabon Blue, Lamatumbá, Os diplomáticos de Montealto, Pé de Boi, Reggaeifeiros do Miño.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 20-02-2014 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Microrrelatos por José Places e Alejandro Galbán
REGRESO
Nazis por todas partes, só vía brazaletes e esvásticas, todo estaba borroso e unha bandeira ondeaba no alto dun edificio, una bandeira nazi tinguida polo sangue de vícimas inocentes. Unha forte presión cubríame o torso e estaba todo en silencio. De repente, sentín xente que se aproximaba á miña posición e dicindo por todo o alto que Hitler, o ditador, falecera. Encontráronme e dispuxéronse a sacarme de alí pero, mentres levantaban os cascallos, non puiden resistir a dor e fiquei dormido.
Hoxe, 70 anos despois, espertei dun coma, non recoñezo este mundo pero a pregunta que máis me inqueda é, por que non me avellentei?


José Places Tourís 1ºBach A

Soidade
Cando espertei non había nada, nin persoas, nin coches, só soidade.



Alejandro Galbán Ces 1ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 17-02-2014 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Galletas de manteiga

Para 30 galletas aproximadamente

Preparación: 20 min

Repouso: 12 h

Cocción: 10 min

Ingredientes:
· 4 xemas de ovo
· 125 g de manteiga
· 250 g de fariña
· 125 g de azucre
· 1 chisco de sal
Preparación:
1. Nun recipiente, mestura a fariña, o azucre, o sal, a manteiga e as xemas dos ovos ata que quede unha masa homoxénea.
2. Envolve a masa con película transparente e gárdaa no frigorífico durante 12 horas.
3. Prequenta o forno mentras traballas dándolle forma á masa.
4. Estende a masa co rolete cun groso duns 4 mm. Logo recorta a masa dádolle a forma desexada ás
galletas. Colócaas nunha bandexa cuberta con papel vexetal espaciándoas o suficiente para que ao medrar non se peguen.
5. Enfórnaas a 180 graos durante uns 10 minutos,xa vemos que van collendo cor dourada.

- Degústaas frías.
Categoría: Cousas - Publicado o 17-02-2014 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Pudin
Pudín
Ingredientes:

-Unha barra de pan reseso
-Medio litro de leite
-Uvas pasas
-Unha rama de canela
-Unha de vainilla
-Tona de laranxa
-8 ovos
-Caramelo

Preparación:

-Córtase o pan en cachos pequenos
-Quítaselle a tona á laranxa
-Nunha tarteIra grande ponse o leite,a canela,a pel da nlranxa,a rama de vainilla,a rama de canela e o azucre
-Ponse a quencer o leite da pota xunto cos restantes ingredientes e antes de que chegue a ferver retírase do lume e engádeselle o pan
-Déixase repousar 30 min.
-Logo bótanse os ovos e mesturamos todo moi ben.
-A continuación vertemos isto extendéndoo moi ben nun molde que poida ir ao baño María.
-Quéntase o forno previamente a 220 grados
-Dentro colócase un recipiente apto para baño Maria que sea o suficientemente grande para que dentro do noso molde coa mestura anterior.
-Introdúcese a mestura xa, por fin, no forno e déixase cocer durante 40 min.
-Pasado este tempo compróbase cun pauciño se xa está.IMPORTANTE se o pauciño sae limpio é que xa está e se sae húmido é que aínda lle falta un pouco.
-Cando estea completamente frío desmóntase e sérvese a temperatura ambiente.

Bon proveito.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 17-02-2014 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Felicitación ao Cañada Blanch
Ola! Somos 6 alumn@s do 1ºD do Félix Muriel de Rianxo; queremos felicitar aos compañeiros do Instituto Cañada Blanch polo premio recibido da Fundación Barrié.
Alegrámonos moito por eles, e de que nun Instituto de fóra de España estuden galego,esperamos que sigan así e que outros institutos se sumen a esta iniciativa.
Esperamos vervos por Galicia algún día.
Un sáudo!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 17-02-2014 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Videoconferencia co colexio Cañada Blanch
Hoxe, xoves 13 de febreiro, imos participar nunha videoconferencia co Colexio Cañada Blanch de Londres. Estamos moi contentas ao saber que un centro educativo de Londres ensine a nosa lingua a estudantes de fóra de Galicia transmitíndolles tamén que é unha lingua bonita e única.Tamén nos gusta que queiran saber cousas da nosa cultura,e dos nosos costumes.
A nós,tamén nos gusta aprender e falar o inglés e tamén saber dos seus costumes e cultura.Parécenos unha boa idea o da videoconferencia,xa que podemos comunicarnos con eles e que nos digan o que opinan do GALEGO.

Alumnas 1º ESO D
Categoría: Cousas - Publicado o 13-02-2014 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego