ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

I Programa de Poesía Erótica chamado FERVEIRO AMARZO
Desde a Área de Educación Cultura e Normalización Lingüística do concello de Rianxo veñen de poñer en marcha este 1º programa de poesía erótica.
As propostas que se desenvolverán son as seguintes:

- SÁBADO 16 DE FEBREIRO, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas no Auditorio de Rianxo

Cando o corpo se fai verba . Obradoiro de creación (de poesía erótica) e posta en escena a cargo da escritora Antía Otero. Inscricións en www.rianxo.com a partir do venres 8 de febreiro

- VENRES 8 DE MARZO, Bar a Lareira (O Pazo) 22.30 horas

Slam de Poesía Erótica (fase de quencemento do I Certame de Poesía Erótica Recitada)

- SÁBADO 9 DE MARZO, Auditorio de Rianxo, 20.00 horas

I Certame de Poesía Erótica Recitada

Batallón de recitado entre o conxunto de poetas participantes (escolleranse 5 finalistas e unha persoa gañadora)

Intervención plástica erótica a cargo da artista María Piensos

Actuación musical a cargo de Najla Shami

Gozade de todo o progama!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 09-02-2013 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Os viñedos galegos, dende agora controlados por sensores sen fíos
O ITG (Instituto Tecnolóxico Galego) acaba de presentar a súa proposta de tecnoloxía inalámbrica WSN (Wireless Sensor Network) nos viñedos de cinco senlleiras bodegas galegas: Adegas Moure, Rectoral de Amandi, Martín Códax, Valmiñor e Grupo Vinícolo Marqués de Vergas S.L.

O obxectivo destes sensores é monitorizar máis de 30000 variables diarias con aproximadamente 170 sensores instalados que recollerán datos cada 15 minutos, e así poder controlar a calidade do viño que nun futuro chegará ós nosos padais.

Entre os salientables beneficios desta adaptación tecnolóxica atópase o baixo custo da instalación, a rapidez de resposta dos sensores e o mínimo impacto ambiental que causa a súa presenza. Así, convértese nunha boa ferramenta de soporte ante a predición e control de enfermidades, redución do uso de agroquímicos, caracterización climática, predición da colleita, redución dos custos de regadío,... Un sinfín de posibilidades.

Finalmente, tamén podemos destacar a personalización á que é accesible a rede, pois incuso pode ser configurada para o envío de alertas por SMS/e-mail. Os datos poden recollelos nunha web que o propio instituo lles habilitou sen precisar de instalar software algún.

Maravillas coma esta fan que a vida dos que se dedican ó traballo de horta sexa máis doado.

Pedro Tubío Figueira
2º Bach. B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 06-02-2013 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Petando nas portas da historia
Baixo o título de Petando nas portas da historia, o Equipo de Dinamización Lingüística do CEP Brea Segade de Taragoña, vos convida o vindeiro venres 8 de febrero ás 20:00hs á presentación do libro “Heredeiros pola forza”.
Os autores, Xurxo Ayán e Manuel Gago escolman nesta obra, as vivencias de quince anos de traballo profesional desde a investigación e a comunicación cultural ao longo de todo o país. Os episodios redactados neste libro, combinan a reflexión coa acción, devolvendo ás sociedades a relación coa súa propia memoria, e recuperando o sentido da nosa enorme herdanza e da nosa memoria. Cun amplo e apropiado anecdotario os autores analizan e profundizan na construcción da Galicia contemporánea dende a destrucción do patrimonio da Galicia antiga. Un libro que de certo, non vos vai a aburrir.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 04-02-2013 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
INTERCAMBIO CON CUNTIS
No vindeiro mes de abril organizaremos un intercambio co CPI de Cuntis.
Durante o Entroido ,para comezar, intercambiaremonos cartas entre ambos centros para ir coñecéndonos pouco a pouco . Logo verémonos,e por iso estamos ansiosos porque chegue ese día e poder poñerlles cara a eses rapaces , ademais vamos realizar varias actividades turísticas e de ocio en ambos sitios .

Nós xa somos veteranos nisto dos intercambios, pois o noso instituto xa leva varios realizados,e gardamos bos recordos e bonitas experiencias ,por non falar da amizade que mantemos, a pesar da distancia, cos rapaces e rapazas que coñecemos nesta actividade.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 04-02-2013 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego