O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

AVISO PARA OS NOSOS NAVEGANTES
Ola a todos os nosos seguidores tanto no blog como na revista bicodaria.
Se sodes lectores habituais da nosa revista xa poderiades ter comprobado que temos un "problemiña técnico" que nola ten bloqueada. Para todos e todas vós vai dirixido en especial este aviso para navegantes pois queremos comunicarnos que estamos a traballar para resolvelo canto antes e poidamos seguir contándovos todas as nosas novidades.
No caso de que nos leades só de vez en cando ou mesmo se é que algúns dos que visitades o blog non coñecesedes bicodaria, a nosa revista, dicirvos que vos animedes a entrar e a deixarnos as vosas opinións e impresións.
Confiamos en amañar pronto este "problemiña" xa que temos moitas cousas que contar e non queremos que nos esquezades.
Moitas grazas polo voso interese.
Un saúdo de toda a tripulación que traballa con ilusión nesta nave.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 28-02-2013 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Twitter, por fin en galego!
Por fin! Dende fai uns días, a rede social estadounidense xa é configurable no noso idioma. Xunto co galego incorpóranse outros quince idiomas, entre os que están o gaélico irlandés moderno e o galés, ademais do tamil, serbio, búlgaro, kurdo, vietnamita, croata, romanés, letón, canarês, bielorruso, bengalí, albanés e eslovaco.

O galego foi, até o outro dia, a única lingua oficial do Estado que non fora considerada polos responsábeis de Twitter. Castelán, éuscaro e catalán xa tiñan a súa versión en Twitter, mais o galego foi ignorado malia a campaña que durante meses mantivo activa a conta @tweet_en_galego -seguida por case 15.000 usuarios- a prol da nosa lingua e secundada por miles de persoas que utilizaron etiquetas que se fixeron populares e mesmo chegaron a ser tendencia, como #TwitterEnGalego.

Pedro Tubío Figueira
2º Bach - B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-02-2013 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Séchu Sende pasa polo Félix Muriel
Séchu Sende é un escritor galego nado en Padrón.
Empezou estudando o bacharelato en Noia e rematou en Viveiro.
Séchu nunca pensou que sería escritor.
Todo comezou cando escribía poemas de amor para unha rapaza a cal non lle facía moito caso.
Estes poemas presentounos a un concurso e parece que gustaron moito, pois gañou. A partir deste intre comezou a escribir.
Tras algúns libros escritos chegou 'Made in Galiza' , publicado no 2007.
Sechu estivo hai uns días dando unha charla no noso centro e contounos que decidiu escribir este libro porque estaba preocupado polos prexuízos lingüísticos e quixo narralo dende o punto de vista do que pensaba a xuventude. Por exemplo, cando se foi á Alameda de Santiago a entrevistar aos mozos e mozas sobre o que pensaban do galego. A súas respostas son un dos capítulos de Made in Galiza. Pero tamén nos dixo que outro dos capítulos dese libro, o que trata sobre a uija, foi certo que lle pasou a el cando aínda era un rapaz, que daquela falaba castelán porque seus pais sempre llo falaron, pero dende que entrou en "contacto" co espíritu de Catelao pensouno e aos 17 anos xa falaba galego habitualmente.
Made in Galiza foi traducido a varios idiomas. Entre eles, atópase a lingua curda (lingua falada no Curdistán, territorios de Turquía, Irán, Iraq e Siria) o seu título nesta lingua foi "Nin en soños vou perder a miña lingua" o que amosa que o curdo sofre unha situación de asoballamento e que hai quen quere defendela. Tamén está traducido ao euskara e ao turco.
Nesta charla, ademais de contarnos cousas do libro falaounos dalgunha cousa máis como o conto da muller que tartamudeaba e foi ao doutor para ver se podía ter solución e el recomendoulle que deixase de falar o galego, e que falase castelán que así se lle notaría menos aínda que non ía curar.
Outra anecdota foima de cando cando veu en internet que unha muller poñía que se ao falar galego cando ela dera clases ía ter que dicir en vez de 'tres ao cubo', tres ao caldeiro?
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 27-02-2013 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Por sempre
Capítulo 2

Os habitantes dos Reinos Xemelgos estaban moi emocionados,era un día moi especial.Os príncipes Dayanne e Alexander coñeceríanse por fin, e a raíña de Terebintia, xunto co rei Don Meldin, celebrarían o compromiso dos seus fillos, que poderían casar cando ámbolos dous cumprisen 18 anos.
Téredens non quería quedar mal diante dos conselleiros e da súa maxestade Don Meldin, a causa da rebeldía da súa filla Dayanne. A pobre rapaza non lle gustaban nada estas formalidades, e menos comprometerse con alguén que non coñecía.

Continuará...

Ilustradora: Aida Barros 1ºA
Escritora: Aitana Alcalde 1ºA
e ti que opinas? (1) - Categoría: Relatos - Publicado o 22-02-2013 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades: Poemas de Rosalía
Este ano celébrase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos da nosa Rosalía, así que os profesores pedironnos que este venres 22 de febreiro lle dediquemos os primeiros minutos de cada clase a ler, como mínimo, un poema de devandito libro, que os profesores, xunto con algúns de nós van traer á clase.
Á parte, o equipo de normalización xa deixou algúns poemas en cada clase e dende aquí animámosvos a que vos tamén traiades os que poidades.

Gracias pola vosa colaboración.



María Domínguez Pérez 3ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 21-02-2013 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Día de Rosalía en Rianxo
O Concello de Rianxo, en colaboración co Colexio Rural Agrupado do concello e a Asociación De Escritores e Escritoras en Lingua Galega, están conmemorarando a figura de Rosalía de Castro na que organizaron diferentes actos.
Onte mércores 20 de febreiro, na Escola do Cruceiro de Taragoña leron e cantaron a Rosalia de Castro coa colaboración das familias e Luz Fandiño como podemos ver na foto.
O sábado 23 de febreiro ás 18:00h farase ante o busto de Rosalía na ribeira coa presencia de Luz Fandiño unha lectura pública na que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen.E tamén se realizará unha ofrenda floral.



Ana Lucía González Alcalde
Alba Pérez Castaño

4ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 21-02-2013 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Nuñez Singala
Antonte,luns día 18 de febreiro, os alumnos de 3º e Bacharelato, recibimos no noso instituto a Manuel Núñez Singala, que foi presentado por unhas compañeiras, que redactaron e leron una pequena introdución sobre el.
A continuación comezou a súa charla con dous xogos para ensinarmos que a simplificacion e os prexuízos definen as nosa opinión a cerca da lingua.Para reflexionar sobre estes prexuízos tamén nos ensinou unhas fotos de varios falantes das distintas linguas do mundo para que vexamos que o que non nos gusta destas, non é a lingua senón a imaxe que temos nós dos seus falantes.Comentounos que normalmente aos pobos non lles gustan as linguas estranxeiras máis si a propia, e que Galiza debe ser o único lugar onde a nosa lingua non lles gusta a parte dos seus falantes.


Cinthia Carou e Nerea Grela. 3º ESO
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 20-02-2013 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Non ó recurso contra a sentenza do TSXG
Aproximadamente preto duns 200 artistas, políticos, docentes e intelectuais firmaron xa o Chamamento polo Galego, no que lle piden ao presidente da Xuna Alberto Núñez Feijoo que non recorra as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o famoso decreto do plurilingüismo. A Xunta anunciara que podería recurrir ante o Supremo se a oposición non avalaba o decreto depurado dos puntos que o TSXG considera ilegais. Para os asinantes, a Xunta "cometería unha grave infamia arrastrando o idioma galego ao Tribunal Supremo".

Pedro Tubío Figueira
2º Bach - B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-02-2013 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
O Pozo Bastón
Un lugar de Rianxo que non todo o mundo coñece é o Pozo Bastón, no Araño. Como o seu nome indica é unha especie de piscina natural rodeada de pedras que forman un recuncho coma de conto. Está preto da aldea de Buía e pódeste achegar en coche ata onde comeza o sendeiro.
A nós gústanos moito ir alí porque é moi relaxante, ademais é unha paisaxe natural da que pouca xente sabe e pensamos que é importante conservalo.

Aldara Muíños 3ºA
CinthiaCarou 3ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 12-02-2013 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación en Santiago
O domingo 27 de Xaneiro en Santiago tivo lugar unha manifestación en defensa da nosa lingua e para solicitar a "derrogación inmediata do decretazo" e da lei Wert, a reforma educativa que deixaría ao galego fóra das escolas.
A manifestación foi convocada pola plataforma Queremos Galego. Aínda que facía un tempo horrible acudimos á convocatoria milleiros de persoas, unha mostra de que pese a todo imos seguir defendendo o noso idioma.

Aldara 3ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 12-02-2013 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego