O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Receita de cociña: Crema <>
Ingredientes: 1/2 litro de leite,200 ml de nata líquida,2 ovos, 2 vasos de auga,7 culleradas de azucre, 2 culleradas de Maicena,1 culleradiña de zume de limón.
Elaboración:
-Montar a nata e reservar.
-Nun cazo grande a lume forte, deixar ata que ferva sen remover a auga, seis culleradas de azucre e o limón.
-Cando rompa a ferver baixar o lume e mover o cazo ata formar un caramelo. Reservar, arrefriar e engadir o leite apartando un vaso. Mesturar ben.
-Quentar a mestura a lume lento sen deixar de remover. Cando estea disolto o caramelo retirar e deixar arrefriar.
--Nunha cunca grande mesturar ben cunha vara o vaso de leite, a Maicena, unha cullerada de azucre e os ovos. Agregar a mestura reservada e seguir removendo.
-Quentar a crema e cando ferva retirala do lume e colala. Incorporar a nata montada e remover ben.
-Verter a crema en cuncas individuais. Introducir no frigorífico e deixar arrefriar polo menos un par de horas. Servir frío.



Sara. 1ºD
e ti que opinas? (2) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 26-02-2012 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cartas de amor
Recordade que aínda estades en prazo para presentar a concurso esa carta de amor que tendes escrita, ou que queredes escribir... Aproveitade as vacacións para rematala e deixala na caixa de correo do EDLG o vindeiro xoves. Animádevos!

De paso, deixámosvos este vídeo que fixeron no IES As Barxas sobre o AMOR:

Ámote from Seso Durán on Vimeo.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 21-02-2012 01:42
# Ligazón permanente a este artigo
Volta de Heredeiros da Crus
Os míticos Heredeiros da Crus volven ós escenarios. Antonio Novo, Antonio Axeitos, Fran Velo, Javi Maneiro (antigos compoñentes do grupo) xunto co novo batería Manu, están a ensaiar na parroquia do Araño aqui en Rianxo para preparar a nova xira, que comenza co primeiro concerto en Ordes, na sala de festas LP-45.
O seu concerto que os lanzou á fama foi na Festa da Dorna, hai vinte anos.
O grupo caracterízase porque cantan cos nosos trazos dialectais (gheada e seseo).

Martiño Galbán
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 16-02-2012 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Callón será xulgado por recriminar ao xuíz decano da Coruña

O xuízo ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, acusado de inxurias ao xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, foi suspendido na mañá do pasado 10 de febreiro ao pedir a defensa a recusación.
De calquera forma, Callón deberá volver sentar no banco tras ser denunciado por inxurias polo xuíz decano da Coruña, a quen acusou de incumprir a Lei de Normalización Lingüística por unhas declaracións nas que aseguraba non ter "ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña". "Aínda que nos intenten criminalizar, a MNL non vai calar na defensa do galego", asegurou Callón en declaracións aos xornalistas. Ás portas do xulgado máis dun centenar de persoas, encabezadas polo líder do BNG, Guillerme Vázquez, arrouparon a Callón exhibindo unha pancarta "En galego, é de Xustiza". "Non nos van calar pola vía da represión na defensa do galego", asegurou o líder do BNG, quen cualificou de insostible e "intolerable" o xuízo.
Desde 1983, a Lei de Normalización Lingüística, que fora aprobada por unanimidade no Parlamento Galego, recoñece que os nosos nomes de lugar teñen como única forma oficial a xenuína, a galega. Diferentes sentenzas xudiciais déronlle unha e outra vez a razón a toda a xente que se mobilizou para demandar o seu cumprimento ao longo de todos estes anos. Porén, mesmo algo tan básico como isto dista de ser aplicado sen problemas por parte dos poderes públicos.
Antón Fraga Mandián xa ocupou titulares en varias ocasións nos medios de comunicación pola súa campaña particular contra a lingua galega. Por exemplo, cando denunciou a un veciño da Coruña, Eduardo Álvarez, despois de que este solicitase recibir as notificacións no idioma do país e co topónimo oficial da cidade, dereitos aos que está asistido pola lexislación. Foi no transcurso deste proceso xudicial, criticado polo presidente da Mesa, cando decidiu presentar a denuncia contra Carlos Callón. Como esta situación foi criticada publicamente por Carlos Aymerich, tamén presentou outra denuncia contra este deputado, que xa foi desestimada polos tribunais.

http://amesanl.org/gl/novas/amosar/id/120

Sergio Lamas 3ºA
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 15-02-2012 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Posible cambio do aborto nas menores
O actual goberno central de España pretende a reforma da lei do aborto nas rapazas menores de idade, xa que coa nova lei preténdese que as rapazas de entre 16 e 18 anos necesitarán consentimento dos pais ou titor.
Esta reforma o que pretende é que os pais estean informados en todo momento da situación pola que están atravesando as súas fillas, xa que estas son menores de idade. Ademais búscase que non se tome o aborto como un métedo anticonceptivo, é dicir, o aborto non sexa un método de embarazos non desexados, senón que é a técnica para finalizar cun feto non desexado que non se debía de haber concebido para non ter que chegar a este punto, dado a gran cantidade de métodos anticonceptivos os que poden acceder as menores.
Como conclusión, podemos matizar que, aínda que, as menores deberían ter un total dereito sobre si mesmas, xa que é algo que lle vai a condicionar a súa vida, hai que darse conta, que se está xogando coa saúde e a vida, ás veces dun xeito inconsciente e imprudente

Lidia 4ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 08-02-2012 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Unha visión sobre o uso do galego no ámbito do comercio
O galego no mundo económico

En Galiza, nas tendas de cidades galegas fálase castelan, pero en cambio no ámbito rural, polo menos na nosa vila e a súa contorna, case sempre se usa o galego. No meu pobo en todas as tendas se fala galego, exceptuando algunhas cadeas de mercado que veñen de fóra de Galiza, coma pode ser o Mercadona. En cambio, noutras coma o Gadis, creadas en Galiza, fixeron anuncios en galego, pero lamentablmente os seus produtos están etiquetados en castelán igualmente.

Vitor González Creo 4ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 08-02-2012 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Unha visión sobre os usos do galego no deporte

O galego no ámbito deportivo (remo)

Nas regatas en Galiza, normalmente case todo se fala en galego, exceptuando as clasificacións, é dicir, os postos acadados por cada embarcación. Dentro dus clubs galegos sempre se fala galego exceptuando se hai extranxeiros ou persoas que non o usan como idioma habitual. Nos campionatos de España case sempre se utiliza o castelán. As retransmisións tamén son todas en castelán, pero pola contra, na Concha, as retransmisions fanse en euskera.



Vitor Gonzalez Creo 4ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 08-02-2012 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
O significado de recibir inmigración
Atopei a Gabriel Tizón grazas ao aburrimento somnolento da espera e admireino case inmediatamente polo seu traballo.
Trátase dun fotógrafo ferrolán de nacemento pero cunha gran conciencia de habitante do mundo. O obxectivo da súa cámara baséase en captar as historias da inmigración e dos problemas sociais actuais.
Paréceme un fotógrafo que dispara onde máis doe.

Hoxe vou deixar unha curtametraxe escrita por el chamada “Unha oportunidade”, aínda que outros dos seus traballos non teñen desperdicio. O guión é bastante bo, pero ás veces paréceme que raia un pouco no tópico, sobre todo ao final. A reconciliación dos personaxes e a sensación de que o argumento se pecha dá unha sensación de plasticidade. O resultado non resulta crible. Aínda así, as imaxes mostran unha realidade do noso mundo. Persoalmente, incluso chegaría a identificar algunhas situacións co meu entorno. Falando de tópicos, a escena diante do escaparate de viaxes semella un tanto sucia con estereotipos. Mais a escena do bar, cando o senegalés lle pide un cigarro...é como un cuspe na cara. Mais ben mostra o prexuízo e descoñecemento do tema.

O que está claro é que esta curta abre un camiño: o de preguntarse qué significa recibir inmigración nun país. Quizais ese descoñecemento do cigarro só signifique contemplar a persoas durmindo debaixo de cartóns nas nosas rúas como se fosen parte do decorado.

Sara Galbán (2º Bac. B)

http://www.youtube.com/watch?v=yplfWEiP9ms&feature=related
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 06-02-2012 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
O día da Candeloria

O día 2 de febreiro celebramos o día do amor en Galiza no noso instituto.Para iso, púxose en marcha un concurso de cartas de amor no que todo o alumnado do centro pode participar e ademais publicouse unha noticia cun post bno no que o alumnado deixou uns comentarios tipo SMS para demostrar o seu amor.

Raul Castro 3ºa
Ámame cando - o mereza, xq é cando + o preciso. TKM

Catherin 3ºb
Din que os anxos son as criaturas máis bonitas do mundo. Entón debo ter moita sorte, porque eu encontrei un...

Carmela 3ºa
xq sempre stas ai kndo o ncsito. TQM

Edu 3ºa
Tardéi un só minuto en namorarme e unha hora en conocerche, pero levarame toda unha vida olvidarche...

Cristian Vicente 3ºc
Qéroxe, pero nn x o qe eres, senón x o qe me fas ser cando estou xunto a ti ¡¡TKM!!

Ahora está nas vosas mans elixir o mellor destes comentarios. Dicide cal vos gusta máis e porque, o máis votado terá un premio
sergio lamas 3ºa
e ti que opinas? (10) - Categoría: Cousas - Publicado o 06-02-2012 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
O DEREITO DA NAI A DECIDIR
O pasado mércores, o ministro de Xustiza Alberto Ruiz-Gallardón fixo públicas as primeiras medidas no ámbito da Xustiza. Entre elas atópase a revisión da lei do aborto, cuxos límites non precisou; aínda que si adiantou que as rapazas de 16 e 17 anos deberán dispoñer da autorización dos seus proxenitores para abortar. Esta medida é na miña opinión un gran erro que conleva a limitación das liberdades das cidadás en canto ao control da súa propia vida.
Por unha banda, supón un retroceso nos dereitos do individuo á hora de decidir sobre a súa vida, xa que unha rapaza desta idade xa posúe a capacidade de razoar, o que lle permite tomar decisións que terán transcendencia na súa vida. Feitos que evidencian isto,e que parecen cando menos unha contradición, son que a unha rapaza de 16 anos recoñéceselle legalmente o dereito ao matrimonio sen consentimento paterno e que se lle aplica a xustiza de xeito semellante a un adulto. Do mesmo xeito, debería poder decidir no que atinxe á súa maternidade independentemente da opinión de seus pais, xa que se, por exemplo, a familia da rapaza en cuestión fose antiabortista e quixese que súa filla seguise adiante co embarazo debido ás súas crenzas -contra a vontade da rapaza- non sería xusto que esta última tivese que renunciar definitivamente aos seus soños e aspiracións por culpa da ideoloxía de seus pais.
Por outra banda, esta medida supón un retroceso nos dereitos da muller, xa que tendo o dereito de decidir sobre o seu corpo para manter relacións sexuais con outra persoa, tamén o é para decidir sobre as consecuencias dese feito ó estarmos falando do SEU corpo e a SÚA vida, e de ninguén máis.
Por conseguinte, toda rapaza de 16 e 17 anos que o desexe, ha de ter o dereito a interromper un embarazo que só lle pode traer consecuencias negativas e para o que non está aínda preparada, é dicir, ter o dereito a decidir sobre a súa vida e o seu futuro independentemente da opinión de calquera outra persoa.


Ana María Fernández Prol
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 06-02-2012 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego