O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Rosa Díez di que Zapatero é galego no sentido máis despectivo da palabra.
Rosa Díez, líder do partido "Unión Progresista y Democracia". Tras a pregunta de como definiría de maneira rápida a Zapatero nun programa da canle de televisión CNN+ afirmou que " Podería ser gallego, en el sentido peyortaivo de la palabra".
Pero non só foi na descrición de Zapatero, senón que tamén foi na de Rajoy. A súa contestación cara ao líder dos populares foi "es gallego". De novo empregando o termo de xeito despectivo.

Esta non foi a primeira vez que se refireu os galegos dunha forma insultante e crítica.

En Galiza as verbas de Rosa Díez non pasaron desapercibidas. O líder do BNG e o Secretario de Organización do PSOE criticaron e solicitaron as desculpas da líder de UPyD.

De todos xeitos, Rosa Díez para desculparse dixo que a súa declaración no programa de Iñaki Gabilondo foi sacada de contexto.

Agora deixo un enlace do vídeo no que podemos ver a declaración; que se encontra aproximadamente no minuto 5:04. Xulgade vós mesmos.

http://www.youtube.com/watch?v=7_2CrYs0VY4&feature=channel




Patricia Túñez (2º bach C)
e ti que opinas? (3) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-02-2010 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Un Goya que fala galego e é aplaudido
Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da RAG, louvou ao actor galego Luis Tosar por dar un discurso en galego despois de ser galardoado cun dos Goya ao mellor actor pola película ‘’Celda 211’’.

Algúns tachan a Luis Tosar de maleducado e radical por falar nun dialecto, e algúns destes son galegos. Este actor expresouse no idioma que a el lle apeteceu sen ningún tipo de complexos nin odio a algo que é del e de todos nós.

Desde o meu punto de vista estivo ben que Tosar falase na súa lingua, que é unha das linguas existentes en España e que todos deberían coñecer.

María Hernández (2º Bac. A)


e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-02-2010 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Tadashi Yahamoto no noso IES
O xaponés Tadashi Yahamoto profesor da universidade de Tenri en Xapón, está agora mesmo no noso instituto dando unha conferencia na que nos fala da súa terra e a pon en comparación con Galicia.

O noso convidado é un coñecedor da cultura galega e da nosa propia lingua, de tal xeito que domina e fala fluidamente a lingua galega. No 2005 cursou un programa de galego para estranxeiros.

Tadashi Yahamoto é un exemplo a seguir e merecedor de todo o noso respecto polo seu labor a prol da cultura en xeral e da nosa en particular.



Patricia Túñez (2ºBach C)



e ti que opinas? (2) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-02-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
ORGULLOSOS/AS DO NOSO, ORGULLOSOS/AS DO GALEGO
Vistes os vídeos da nova campaña da Coordinadora galega de ENDL?

Están moi ben, e mirade quen fala!!!

Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%.




En galego, proba e verás:


e ti que opinas? (4) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-02-2010 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
LEITE EN GALEGO
Reducidas son as empresas lácteas que etiquetan os seus produtos en galego.Xa sexa por prexuízos ou por deixadez, os fabricantes prefiren amosar ó publico os seus produtos en castelán. Entrevistouse ao xerente dunha das reducidas empresas lácteas que expón os seus produtos na nosa propia lingua: Lito Andión. Recollemos algún aspecto da entrevista que nos pareceu moi interesante:

-NOME DA EMPRESA

Comezouse chamando Quesos Hoxe pero dende hai 10 anos, coa etiquetaxe en galego, presentámonos ó público en galego, e a verdade é que soa mellor: Queixos Hoxe.

-VANTAXES E DESVANTAXES

É obvio que o produto se enriquece ó ir no seu propio idioma. Á parte aos consumidores entusiásmaos esta idea incluso fóra de Galicia. En canto as desvantaxes non se me ocurre ninguna agora porque todo o proceso foi harmónico e sen complicacións. Aproveito para animar a todas as empresas galegas a dar este paso.


J.Daniels
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-02-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
SON POUCOS OU NINGÚNS OS QUE PRESENTAN OS SEUS PRODUTOS EN GALEGO
Lito Antón, xerente da cooperativa “Hoxe” (empresa de produtos lácteos) foi entrevistado, xa que a pesar de que no sector lácteo a maioría sexan galegofalantes, son poucos os que presentan os seus produtos en galego.
O que máis me gustou da entrevista foi a afirmación que fixo o xerente: etiquetar en galego é vantaxoso, e por suposto el anima os outros empresarios a dar este paso.
Pola miña parte creo que isto non ten segredo ningún. O feito de que vaia todo escrito en galego dálle autenticidade ao produto, tanto fóra como dentro da Galiza.
En conclusión, todas as cooperativas deberían dar este paso, xa que é beneficioso para todos. Así comezaría unha segunda fase de normalización lingüística: a do funcionamento interno da empresa.

Arancha
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 22-02-2010 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Este domingo é o día internacional da lingua materna
Parece que temos un día para celebrar que temos unha lingua materna, este domingo 22 de febreiro...

Esta data estableceuse na Conferencia Xeral da Unesco en 1999 co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

Pois desde o ENDL queremos animar aos pais galegofalantes que lles transmitan a súa lingua aos fillos!!!

Pero... todo o mundo sabe que é unha lingua materna? Por lingua materna adoita entenderse aquela na que un suxeito adquire a linguaxe; é dicir, aquela na que aprende a falar de xeito espontáneo.
Actualmente, adóitase recomendar o emprego de lingua inicial (lingua primeira- L1) no canto de lingua materna, pois empregar "materna" pode levar a presupoñer que é a lingua que só transmite a nai e non é así. O factor máis importante é a lingua que empregan os axentes de socialización do neno durante as etapas iniciais do seu desenvolvemento. Na actualidade, este papel compárteno a familia e outros axentes externos, como as escolas infantís e mesmo os medios de comunicación audiovisuais (practicamente todos en castelán!).
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 19-02-2010 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Un Goya falando galego!!
Que o galego Luís Tosar recibise o Goya ao mellor acto é moi boa noticia, pero que cando foi recollelo fixese a metade da súa intervención en galego, na súa lingua, na nosa... pois pareceunos unha excelente nova e queremos compartila convosco.
Se non o escoitastes a el, deixámosvos o enlace ao vídeo onde se recolle o momento. Non deixedes de escoitalo:



e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 17-02-2010 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Maña celebraremos o entroido no noso IES
Mañá celebramos o entroido no noso IES e convidamos a todos os que queiran vir para que vexan as escenas de entroido que preparamos.
Terá comezo as 11:30 da mañá na planta baixa do edificio. Esperamos que veñan moitos rapaces para pasalo ben connosco.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 11-02-2010 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Un poema de amor
Escollin este poema porque me parece axeitado para esta época de San Valentín:

O mediodía escribe
As mellores palabras sobre a noite;

No seu xardín a flor
Amígase coa estrela insubornable.

Nas copas en que xuntos afogamos
As augas moribundas doutras lúas,
Xa estaba a luz
Serena para sempre, presentida.

Aqueles ollos meus
Que nunca se cansaron de mirarte.


(De Luz do Mediodía)

Eva 1º Bach B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 11-02-2010 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego