O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O GALEGO DEIXA DE ESTAR EN PERIGO?
A nova edición publicada pola UNESCO do Atlas de linguas en perigo retira o galego da categoría de linguas en perigo. Algúns dos criterios polas que a organización internacional considera que a nosa lingua xa non está tan en perigo son o poder falar libremente o galego, o feito de que os nenos o aprendan, a súa presenza na educación e a súa proximidade ao portugués.

Cristina Saborido (2º Bach. C)
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-02-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
A Editorial Demo preséntase co álbum Lobos de Moeche
Lobos de Moeche é o segundo cómic en lingua galega elaborado por Manel Cráneo.
Esta obra é unha historia de aventuras que se embienta na Galicia da revolta irmandiña; é unha obra de tema medieval.
A aditorial Demo presentarase entre marzo e abril apostando por este cómic en galego e pola recuperación do patrimonio histórico de Galicia.
Se queremos botarlle unha ollada a Lobos de Moeche xa podemos ver a capa, un teaser e varias páxinas na rede.

Lucía Rey (2º Bach. B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-02-2009 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
PROBABLEMENTE OS DEUSES NON EXISTEN PERO A CULTURA GALEGA SI
Kiko da Silva, ilustrador e director da revista mensual de humor galego “RETRANCA”, estivo o pasado martes no IES e comentou entre outras moitas cousas, a censura que sufriu a campaña PROBABLEMENTE OS DEUSES NON EXISTEN PERO A CULTURA GALEGA SI. PORQUE NON FALAMOS DAS COUSAS QUE EXISTEN? deseñada para ser exposta nos autobuses de Vigo
A intención desta iniciativa non era outra máis que a de concienciar á xente que a cultura galega necesita tamén que creamos nela para existir. Esta campaña non gardaba ningunha relación coa iniciada hai pouco tempo en Barcelona sobre o ateísmo.
Tras unha entrevista coa dirección de Vitrasa, chegaron ó acordo de cambiar na frase a palabra “Deuses” pola de “Zeus” e a empresa de transportes, comprometeuse a facer dentro dos seus autobuses, unha exposición coas obras e cadriños de Retranca así coma poñer dúas traseiras dos buses coa publicidade da publicación. A partir do xoves 19 de febreiro, en Vigo poderase contemplar nos autobuses urbanos, esta enxeñosa e interesante iniciativa.

Nota: Recordade que a revista A Retranca era un dos candidatos para o premio Leixaprén deste ano. Non o gañou desta vez, pero quizais para o ano...
e ti que opinas? (2) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 18-02-2009 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
V Concurso Nacional para a promoción de Escritores Científico-Técnicos.
O pasado 29 de xaneiro comezou o quinto Concurso Nacional para a promoción de Escritores Científico-Técnicos e o prazo de inscrición rematará o 10 de marzo, e o de entrega de traballos o 30 de abril.

O tema a tratar é: Os descubrimentos médicos máis importantes dos séculos XX e XI. Poderán participar alumnos de Eso , bacharelato e formación profesional.

O obxectivo é fomentar a cultura e o coñecemento científico , entre as novas xeracións.

Os seis grupos finalistas , xa recibirán premio.

-A organizadora do evento e Acta ( autores científico-técnicos e académicos) , coa colaboración de Cedro (centro español de dereitos repográficos).

-Toda a información referente o concurso na web de Acta (www.acta.es).

Ángel Rodríguez (2º Bach.C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 18-02-2009 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Este mércores en Ourense , Carlos Callón avaliará a situación do galego no ensino.
Este 18 de Febreiro en Ourense, terá lugar un coloquio, que avaliará a situación do galego no ensino e o decreto 124/200. Este coloquio será dado polo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (Carlos Callón).

O coloquio terá lugar arredor das 18.00 na Aula 0.7 do Edificio de Ferro (Facultade de Ciencias da Educación). Despois da conferencia , abrirase un debate entre os participantes a dita conferencia.

O acto público da Mesa servirá tamén para dar a coñecer entre a cidadanía ourensá o Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego.

Ángel Rodríguez (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 18-02-2009 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Olimpiada Matemática Galega para os alumnos de 2ªESO.
Olimpiada Matemática Galega para os alumnos de 2ªESO.



Agapema (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática) , organiza por décimo primeiro ano consecutivo a Olimpiada Matemática Galega. Nesta olimpiada só poderán participar os alumnos que cursen 2º de ESO , e que o cursen nun centro dentro de Galiza.

A finalidade desta olimpiada é promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da Resolución de Problemas e do traballo en equipo.Os centros que queiran paticipar deben inscribirse antes do 12 de Marzo na web ou por correo electrónico(olimpiada2eso@edu.xunta.es).

As probas terán lugar dende o 30 de abril ata o 22 de maio. A final será en Vigo o 22 de maio , e os finalistas paticiparán no campeonato nacional en xuño. Ademais os gañadores levarán uns diplomas e uns grandes agasallos.

-Esto será posible grazas a algúns dos patrocinadores do evento como : Casio , concello de Vigo , Xunta de Galicia entre outros.
-Todas as dúbidas e normas para a inscripción poderanse consultar na web :: (www.olimpiadagalega.org).

Así que se cursas 2º de ESO , non o dubides , fala co teu profesor e apuntadevos xa!!!

Ángel Rodríguez (2º Bach. C)
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 18-02-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Unha de filloas en antroido!
No antroido e como todos os anos toca comezar a facer os postres tradicionais, e que máis tradicional que a receita da miña avoa das filloas. Os ingredientes son:
·12 ovos
·2 kg de fariña
·8 l de auga
·un pouco sal
e moita paciencia.
Para preparalas, só temos que mesturar os ingredientes, procurar que non nos queden grumos e preferiblemente deixar repousar a mestura.
Logo con paciencia deixar que se fagan pouco a pouco na tixola, sartaña, pedra ou derivados.

Bo proveito!


Raquel Cespón (2º Bach. A)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 18-02-2009 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTO POLA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA NA CORUÑA
Este sábado 14 de febreiro na Rúa Barcelona da Coruña (dentro do barrio coruñés da Agra de Orzán , cerca do Mercado das Conchiñas), o grupo comarcal da Mesa na Coruña organizou unha cita arredor das 17:30 , para dar a coñecer un moi esperado Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego.


Ademais difundironse folletos (colaboración concello da Coruña) , con información sobre A Liña do Galego, servizo de atención de queixas, consultas e parabéns ao que calquera persoa pode consultar no teléfono 902 106 474 ou no enderezo electrónico linhadogalego@amesanl.org (gratuitamente).

Ángel Rodríguez (2ºBach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 18-02-2009 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
O entroido no IES
O IES esta organizando o entroido. Este ano o tema está dividido en a Prehistoria, a Idade Media e o Futuro.

Os de terceiro poden escoller entre as tres variedades.

Os de 4º A e algúns de primeiro de bacharelato escolleron a Prehistoria,seica teñen pensado facer sacrificios,pintadas,etc.
O alumnado de 1º e 2º de ESO está indeciso. Habería que animalos a participar.
Do profesorado temos algunha información pero de momento non a desvelamos.

Tamara 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 17-02-2009 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
O presidente do Eixo atlántico pide que se estude portugués nas escolas
Luís Felipe Menezes, o presidente do Eixo atlántico, solicita a inclusión do portugués nas escolas de Galicia.
Segundo a proposta de Luís Felipe, o galego sería estudado nas escolas de Portugal ao igual que o portugués se estudaría nas de Galicia. Para o presidente do Eixo Atlántico esta sería a mellor maneira de mellorar a comunicación e de consolidar o entendemento entre Galicia e o Norte de Portugal.

Cris Saborido (2º Bac. C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 16-02-2009 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego