ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

O APALPADOR
Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galicia xa habitaba a figura do Apalpador.
O Apalpador é un xigante gordullón de profesión carboeiro que vive nas serras do Courel, e fuma unha pipa. Viste unha boina, ten unha barba loura e sempre anda cunha chaqueta e un pantalón cheos de remendos.
Conta a lenda que o Apalpador abandona as montañas, para baixar ata as aldeas e entrar sixilosamente nas habitacións das criaturas pequechas da casa. O seu obxectivo, é palparlle as barrigas para ver se estaban ben alimentadas, e comprobar se comeran o suficiente durante o ano, deixándolles un puñadiño de castañas como agasallo. Se ademais foron bos, tamén lles deixaría un xoguete para desexarlles un feliz Nadal.
Actualmente o Apalpador, foi dalgunha maneira substituído pola figura de Papá Noel, pero dende os concellos fanse actividades normalizadoras para que non nos olvidemos da existencia deste xigante.
Nós sumámonos a esta iniciativa propoñéndovos a seguinte actividade. Dille á túa familia que che cante esta cantiga tradicional antes da chegada do Apalpador:

Vaite logo meu meniño/miña meniña,
marcha agora para a camiña,
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barrigiña.

Xa chegou o día grande
día do noso señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela comba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Antía Lamas Suárez
Iria Iglesisas Franco
2º E.S.O C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 20-12-2018 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
A oposición de dúas cores

Dende o I.E.S Félix Muriel, non nos quedamos quietos fronte á violencia de xénero. No centro fixéronse varios carteis e actividades, como por exemplo: que o luns todos fóramos ao centro vestidos de negro, a fala deste día no programa da radio, ou unha exposición de frases na entrada. Esta última vai ser na que nos centremos nesta redacción.
A principios de semana, colocouse na entrada do instituto unha exposición, que a simple vista, parecía un tendedeiro con carteis colgados. Pero este escondía moito máis:
-O reparto do espazo.
Claramente este tendedeiro tiña o espazo dividido en dúas partes totalmente opostas. A primeira (a máis agradable á vista, e coa que todos deberíamos estar de acordo) defendía, sen lugar a dúbidas a igualdade entre homes e mulleres . Nestes carteis había citas, de homes de todos os tempos que defendían esta idea.
Na outra parte ( que tiña ideas erróneas) atopábamos enunciados machistas de homes que pensen ou pansaban, que o home é por natureza superior a muller.
Vemos entón que o tendedeiro estaba dividido en dúas posicións enfrontadas, coas que nos atopamos na vida real.
-Dúas cores.
Para que estas ideas quedaran aínda máis claras, a división do espazo estaba acompañada por dúas cores representativas.
Coa defensa do feminismo, como non, os carteis eran de cor violeta (a cor representativa desta ideoloxía). Que esta cor sexa o símbolo do feminismo, remontase ao 1.911. Cando 146 mulleres traballadoras dunha fábrica téxtil puxeron en marcha un folga, e o xefe destas decidiu plantarlle lume ao edifidio con elas dentro, o que provocou a morte de todas elas calcinadas. Estas mulleres fabricaban camisetas de cor violeta, dise que o fume que desprendía a fábrica era violeta, desde aquela o violeta esconde máis que un simple tono.
Na segunda parte, atopábamos a cor negra. Esta representa o misteio, a morte, a escuridade, a tristeza e un sin fin de cousas negativas. O negro non precisa de máis explicación, simplemente o asociamos co machismo por que é algo negativo.
Nos pensamos que facer estas cousas dende o centro, conciéncianos (polo menos ás persoas que nos molestamos en lelo) do que está pasando no mundo, por que ás veces evitamos pensar polo que teñen que pasar moitas mulleras aínda a día de hoxe.
Ademais aprendemos novos puntos de vista arredor des situación, porque ás veces estamos tan seguros de que temos a razón, e simplemente fai falta escoitar outra perspectiva para que nos demos conta de que estábamos equivocados. O mellor se todos o fixéramos, poderíamos vivir nun mundo mellor, sen desigualdades,sen inxustizas.
Antía Lamas Suárez 2º ESO C
Iria Iglesias Franco 2º ESO C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 05-12-2018 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego