O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Gañador Concurso De Postais virtuais (1º Ciclo)
O gañador do concurso de postais virtuais,na modalidade de 1º ciclo, por votación dos xuíces de normalización foi... ¡¡¡¡¡Javier Ordoñez Muñiz!!!!!

¡¡¡¡¡¡¡¡Noraboa a Javier!!!!!!!




Ricardo Mosquera García 1ºESO B
Sergio Somoza Tubío 1º ESO D
(Xuíces do concurso)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 18-12-2014 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Pavo recheo
Segumos cuha receita tipica do Nadal,eu escillin para vos a receita do pavo recheo.

Ingredientes: pavo, xamón, magro de porco picado, tenreira picada, touciño de xamón picado, manteiga de porco, un ovo, unha copiña de coñac, noz moscada, sal e pementa. Como guarnición pódense xuntar: ceboliñas, cenoria, manteiga, azucre e caldo.

Preparación da guarnición pasa por pelar as cenorias, redondear os seus cantos e cocelas en auga con sal durante dez minutos. A continuación escorréganse e colócanse xunto coas ceboliñas peladas nun recipiente con manteiga para dourar. Logo engádeselle o cubiño de caldo disolto en auga quente, o azucre e un pouquiño de sal, e déixanse cocer de novo destapadas ata que estean tenras e o caldo se consuma.
O pavo, logo de limpalo e aderezalo con coñac, con sal, pementa e noz moscada. O magro, a tenreira e o touciño mestúranse coas mazás raiadas e o ovo co que se enche o pavo que, logo, se cose, se ata e se adereza untándoo tamén coa manteiga. Asar no forno a lume moderado e mollándoo a miúdo co seu xugo ata conseguir que estea tenro e logre unha cor dourada (pódense calcular uns 50 minutos por cada quilo de pavo).
Arantxa 2ºESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 18-12-2014 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
O Nadal Catalán
O Nadal catalán ten dous personaxes destacados na súa tradición. Por un lado comparten as figuras dos Reis Magos, propios do cristianismo e por outro contan cun personaxe propio ou autóctono que é a do El Tió, e que nos achega á nosa figura do Apalpador.
Este é un anaco de madeira ao que lle poñen ollos, nariz, boca e orellas e fan como que é unha mascota á que lle dan de comer. O día 24 El Tió dálle regalos aos máis novos e o 25 bótano ao lume.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 18-12-2014 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Compota de mazá con canela
Ingredentes:
Para catro persoas

12 mazás do país medinas
1/2 kg de azucre
1/4 l de viño branco ribeiro (opcional).
1/2 l de auga
1 rama de canela

PREPARACIÓN
Limpamos e estonamos as mazás, cortándoas logo en cuarteiróns nunha pota para ia ao lume. Engadimoslle o viño e a auga, xuntamente co azucre e a rama de canela.
Poñemos a cocer todos os ingredientes e deixámoslos facer ata que reduzan o líquido e conseguir a densidade desexada.
Podemos servir a nosa compota moi quente ou morna segundo o noso gusto.




Alex Miguéns Martínez 2ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 18-12-2014 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Por que no Nadal comemos turrón?
O turrón é unha comida tradicional do Nadal e por iso case todo o mundo o come nesta época do ano.
Hai dúas razóns principais polas que o consumimos nas festas de Nadal. A primeira é que os ingredientes do turrón non son moi baratos e entón é un gasto que non facemos a miúdo pero si en datas sinaladas. A segunda, que a súa elaboración non é moi doada, polo tanto só se come nun nmomento especial do ano como é a época do Nadal.
O proceso da elaboración é autenticamente tradicional. Aínda que as modernas maquinarias facilitan a súa producción industrial e garanten unha maior calidade, o sector turroneiro segue guiándose pola mesma "receita" de sempre. Este doce, na especialidade máis común e antiga está feito de améndoas ou avelás, mel, clara de ovo e azucre. Pero aínda que este foi o primeiro tipo de turrón que se fabricou hoxe en día realmente hai moitas variedades con diferentes masas, ingredientes, formas e mesmo tamaños.

A produción dos turróns foi regulada pola Unión Europea en setembro de 1990 a partir dese momento comezaron a fabricarse as diferentes especialidades de turróns e a ampliarse a súa comercialización.

O turrón asóciase á tradición cristiá do Nadal e hoxe alcanzou a fama en todo o mundo.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 18-12-2014 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Xa chegou o Nadal

Xa chegou o Nadal, a época da felicidade.Unha época na que todos nos esquecemos dos malos momentos que tivemos durante todo o ano, aínda que tamén recordamos os éxitos e grandes momentos como a chegada ao instituto, e as xeniais notas.
Deséxovos a todos un Bo Nadal e un próspero ano 2015

Sergio Somoza Tubío . 1ºESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 18-12-2014 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Creadores de Rianxo
Éste venres día 19 de decembro, no instituto faremos a presentación dun libro, chamado Creadores De Rianxo.

Entre as 10:30 e as 12.00, varios dos autores que participaron neste libro, van presentarnos a súas creacións. Entre eles están mestres actuais como Ricardo Losada e Xosé Manuel Lobato, outros coma Xesús Costa que tamén estivo dando clases no noso IES.

Ademais destes exemplos de escritores tamén asistirán artistas doutras ramas coma a música (Rafael Collazo, Iago Hermo, José Nine e Alfredo Susavila) ou as artes plásticas (Noel Pérez e Che Tembra).

Esperamos que vos guste esta actividade.


Ricardo Mosquera García 1ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 17-12-2014 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Porque se adorna en Nadal con unha árbore.
Unha árbore de Nadal é unha árbore decorativa, típica das festas de Nadal. A súa colocación é unha tradición anterior á cristiandade e provén da cultura celta onde soía celebrarse a chegada do inverno colocando unha árbore, xeralmente un abeto, no centro da vila, adornado con cáscas de ovo pintados.
Algunhas investigacións especifican que esta árbore estaba presente nas cerimonias da primitiva Roma,sendo conservado polo cristianismo que o adornou con obxectos brillantes e velas que representaban o sol,a lúa e as estrelas.Foi cara ao século XVI cando Martín Lutero e os seus seguidores adaptaron este costume e introduciron a árbore adornada con velas da noite do 24 de decembro en fogares e templos.
A tradición da árbore de Nadal empezou en Alemaña no ano 1605 para ambientar o frío e así empezou a espallarse. O primeiro sitio a que chegou foi Finlandia no ano 1800 e en Inglaterra foi en 1829 véndose no Castelo de Windsor en 1841 polo príncipe Alberte, despois en España en Madríd no ano 1870, en Galiza chegou tarde no século XX principalmente nas cidades.

Arancha e Gadea (2ºESO)

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 15-12-2014 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
FALANDO CO ALUMNADO DE LONDRES EN GALEGO
O venres pasado o alumnado de 1ºESO B,A e C, asistiron a unha videoconferencia con alumnos e alumnas do instituto Cañada Blanch en Londres, que teñen no seu instituto o Galego como lingua optativa.

Nesta videoconferencia puidemos falar con rapaces e rapazas de pais ou nais galegos emigrantes, e outros que procedían doutros lugares de España e outros países e tiñan escollido o galego como materia optativa.

Entroutras cousas, falamos de fútbol, de lugares que deberiamos visitar si visitabamos Londres e fixémoslles preguntas como... Vedes a televisión de Galicia? A isto responderon que "non lles gustaba, porque falaban moi rápido"

Pasamos un bo rato.




Ricardo Mosquera García 1ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 09-12-2014 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica sobre O anuncio da Lotería
O anuncio da lotería de Nadal 2014 deu moito que falar. Tanto que este , pola miña parte , non ten moito mérito , xa que utiliza a xente e usa historias reais, cun sentimento esaxerado para facer caixa.
Nos últimos anos, a campaña publicitaria da Lotería convertírona en cine e concertos de música.
Este ano,usaron un bar real para gravar o anuncio. Cambiaronlle o nome e denominárano Bar Antonio, xa que neste hai un home chamado Antonio que lle garda un décimo premiado da lotería a un señor que non comprara a lotería este ano.
Eu, prefiro algunhas das parodias, xa que falan de temas más reais na sociedade actual.

Sergio Somoza Tubío . 1ºESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 05-12-2014 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego