O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Está chegando o Apalpador
Agora que chega o Nadal deixámosvos este vídeo de Paco Nogueira, non o podedes perder para coñecer máis sobre este persoaxe.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 12-12-2013 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Salgado e o Bosón de higgs no noso IES
O pasado mes de novembro estivo connosco Carlos Salgado, que se definiu como físico teórico e deunos unha charla titulada "A Europa dos bosóns".
Falounos do descubrimento do bosón de Higgs que foi unha gran anécdota, dos tipos de bosóns e de como están formadas as partículas, de que está formado o universo e que se espera que en 20 ou 25 anos se descubra algo máis da materia escura. Da enerxía escura seica non se sabe nada e que o total do universo que coñecemos é unha parte moi pequena.
Deixámosvos un vídeo que presenta a actividade, mais a charla de Carlos Salgado está enteira na revista.
Julián Moares (2º Bac. A)



e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 12-12-2013 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Decoración de Nadal
Hoxe cando entrei polo centro vin que había un boneco de neve na entrada xunto cunha árbore de Nadal.O boneco de neve está feito de vasos de plástico grampados. Esta obra de arte é froito do persoal de limpeza do I.E.S que nos deixa a entrada do instituto decorada.E non só a entrada porque tamén decoraron unas pólas de piñeiro e adornos de gancho que puxeron na aula de normalización e secretaría.
Iago Rodríguez, 1ºESO C

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 05-12-2013 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Co Nadal ás portas
Bos días a todos e a todas.
Dádevos conta de que xa estamos empezando o mes de decembro? Estades agoviados de tanto estudar e de tantos exames? Enténdoo, ánimo que pouco falta para as vacacións de Nadal. Aínda que tendes moitos exames e aínda que tendes que estudar moito para aprobalos, ánimo que xa bos falta pouco para acabar as probas e poder descansar de tanto estudar e esquecernos dos profes.
Como vedes déixovos unha imaxe do Apalpador, para que poidades elexir os vosos regalos de Nadal.


Raquel Hernández Noya.4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 02-12-2013 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego