O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Bo Nadal!!
Tras a entrega de notas o alumnado do IES Félix Muriel , así como do resto de institutos, comezará as vacación de Nadal!
Este período do ano, tan desexado por todos, é o mellor para pasar máis tempo coa familia, amigos, e poder, tras o que se traballou durante o trimestre, descansar un pouco esas cabeciñas pensantes... Tamén, por outro lado é unha época de emocións e sorpresas agardando polos nosos regalos e desexando, con igual consideración, que lle gusten os teus regalos a quen se lle fagan.
Bo Nadal a todos e que teñades un moi moi moi bo ano 2013!!!
Marta Lorenzo 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 18-12-2012 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Documental 100% Celso Emilio
Este é un trailer do documental que dirixiu Aser Álvarez e no que participa Luis Tosar. Vaise estrear mañá na TVG ás 23,35. Non o perdades!

100% CEF. Trailer from asombraproducions on Vimeo.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 11-12-2012 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Mañá teatro: "O profesional" do CDG
O Centro Dramático Galego (CDG) en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga (CTB) presenta o espectáculo O profesional no Auditorio de Rianxo mañá sábado.

O director da compañía da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Manuel Guede Oliva, púxose á fronte desta montaxe dun só acto e catro personaxes que indaga na fraxilidade dos ideais así como na grandeza e miseria do espírito humano.


A obra, que está baseado no texto de Dusan Kovacevic, guionista e director de orixe serbia, e unha das grandes figuras da escrita dramática europea actual, está dirixida a público adulto.

Quenqueira asistir, poderá recoller as entradas (máxima 2 por persoa) unha hora antes do comezo da representación.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 08-12-2012 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Xa temos o número 3 da Revista "Ollos de aula"
Chega o mes de decembro co Nº 3 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. O reforzo educativo, os xoguetes do Nadal ou o Informe do Consello Europeo sobre a política lingüística da Xunta son algúns dos contidos que atoparedes neste Ollos de aula



Máis información na nosa revista dixital www.bicodaria.com
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 05-12-2012 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego