O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Bo Nadal!

Tras unha primeira avaliación na que nos volvemos adaptar ao instituto, cos seus deberes e cos seus exames, por fin podemos apreciar un pequeno lapso ante nós, no que poderemos descansar e pasar unha tempada coa familia.
O Nadal é unha época que a todos lle acae dun xeito ou doutro. Ben se pode sentir certa melancolía, así coma felicidade e alegría a cachón. Pero, sen dúbida, estas son datas nas que compartir o que temos con outras persoas, de abrirlles as portas cun sorriso a aqueles que o precisan e de agasallar con ledicia a todos os que nos rodean.
Así pois, agardando que estes días sexan entretidos e amenos, dende o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, desexámosvos un MOI BO NADAL.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 21-12-2011 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Agustín Fernández Paz é recoñecido internacionalmente
Deixámosvos o vídeo do discurso que pronunciou na recepción do Premio iberoamericano SM


e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 21-12-2011 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Este sábado hai teatro...
O grupo DITEA TEATRO DE CÁMARA, presenta o vindeiro sábado 10 de decembro, a obra "FARSA PLAUTINA" ás 20.30 h

Farsa Plautina é unha peza baseada en textos do autor clásico Plauto que foi estreada en 1982 por Agustín Magán, fundador da compañía. Trátase dunha obra que decidiron reincorporar ao seu repertorio para celebrar os seus primeiro medio século de vida e paixón polo teatro segundo Alberte Álvarez, que na actualidade é o encargado de levar as rendas desta agrupación.

Animádevos!

As entradas poden retirarse 1 hora antes do comezo da representación (máximo 2 por persoa)

Para máis información poden consultar a web do concello www.rianxo.com ou dirixirse ás oficinas da Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística a través do teléfono 981 100 688.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 07-12-2011 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Postais de Nadal e demais recursos sobre esta época
Se queredes traballar arredor da festividade do Nadal en galego podedes acudir á páxina da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (www.coordinadoraendl.org) que preparou, coma no curso pasado, un monográfico que contén unha ampla compilación de recursos didácticos. Alí podemos atopar información sobre o Apalpador; modelos de cartas para enviarlle a este ou aos reis magos; as cancións, refráns, contos e mesmo teatro relacionados coa temática; unidades didácticas, libros interactivos e aplicacións para crear postais dixitais, láminas para colorear, e aínda máis cousas.
Ademais, os compañeiros e compañeiras da Coordinadora desenvolveron unha aplicación para recoller postais que se envíen desde todos os centros de ensino e logo preparalas para que as poidamos enviar aos nosos familiares, amizades, coñecidos... a calquera, tan só con un clic!
Apurade a pintalas para envialas xa... recordade que o texto que lle poñades debe ir na nosa lingua!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 07-12-2011 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego