ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

A VER SE NO 2010...
Todos/as sabemos que os soños non se alcanzan sen esforzo, por iso, no ano que comeza, desde o ENDL do IES Félix Muriel seguiremos traballando a prol da lingua.






e ti que opinas? (2) - Categoría: Cousas - Publicado o 20-12-2009 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Dicionario galego das TIC
Tras dous anos de un longo traballo, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomuncicacións de Galicia e da Xunta, coa colaboración Universidade de Vigo e da RAG, levou a cabo a elaboración do "Digatic".

O proxecto consiste nun dicionario enciclopédico galego baseado en termos das novas tenoloxías. O seu obxectico é fomentar o uso da terminoloxía das novas tecnoloxías na cidadanía, dado que uso do galego para as novas tecnoloxías é moi inferior ao que se produce noutros contextos.

O dicionario contén sobre unhas catro mil entradas. Esta publicación podémola encontrar en papel ou na rede, en www.digatic.com


Patricia Túñez Gómez (2º Bach C )
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 20-12-2009 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
Feijóo nega reunirse con ?Queremos Galego?
O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, negouse a manter unha entrevista coa plataforma "Queremos Galego".Así foi transmitido á plataforma, por medio dunha carta.
Con isto, o presidente da Xunta non só se negou a unha simple entrevista, senón que rexeitou a unha plataforma que conta con 600 entidades e que convocou unha das tres maiores manifestacións democráticas de Galiza, cunha participación de 100.000 persoas.

Queremos Galego considera isto unha falta moi grave de Feijóo, quen se opón a escoitar a aquelas persoas que só piden o cumprimento dos seus dereitos lingüísticos.

Sen dúbida esta negativa do presidente da Xunta supón un claro insulto ao idioma propio do país, ó que compre buscar unha solución.

e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 18-12-2009 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
RETROCEDEMOS



Que me diríades se vos digo que se creou unha páxina web para fomentar a comida galega neste próximo ano Xacobeo?

Até aquí ningún problema -foi o mesmo que pensei eu. Tras de seguir lendo todo o positivismo da noticia tornouse en pesimismo:

Para comezar a páxina está completamente en castelán, algo relativamente comprensible posto que esta trata de atraer turistas de toda España. Pero o trasfondo da páxina táchanos ós galegos de paletos. Afirma isto Carme Adán e arguméntao cunha frase da páxina: ?esta rexión setentrional de España é un lugar ideal para asistir á matanza do cocho con todos os ritos herdados dunha tradición lexendaria na que o animal máis xeneroso co home recibe a homenaxe que merece?.

Parece que en vez de avanzar, o que estamos facendo é retroceder.


J.DANIEL´S (2ºA)

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 17-12-2009 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Denominación de orixe.





Cada vez son máis os que se unen ao proceso de normalización da lingua.
Como anteriormente vimos co exemplo da Galicola, os produtos galegos teñen boa saída cara ao mercado. Pero por desgraza, non todos os produtos da nosa terra se mostran como tal. Agóchanse baixo etiquetas en castelán coa intención de atraer un maior número de clientes. Como se os podutos galegos non tivesen a mesma calidade que os produtos `extranxeiros´!
Pois isto mesmo deberon pensar os membors do grupo `FORO PEINADOR´ cando dende hai xa catro anos comezaron o labor de normalización no mercado, provocando así a sensibilización
dalgúns produtores.
Quen dixo que o galego non servía para o ámbito económico?

Desexámovos sorte e esperamos poder ver os produtos galegos expostos como tales.


J.Daniels (2ºA)

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 11-12-2009 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
EU XA TEÑO O TUENTI EN GALEGO


Con permiso de todos os membros do equipo de normalización e en especial do resto de compañeiros redactores, excúsome antes de comezar a escribir este artigo. Por qué? preguntaredes. A razón das miñas disculpas anticipadas é que este artigo non é de carácter informativo, senón de carácter íntimo.

Como adolescente explicarei os meus sentimentos cara a esta nova actualización deste foro social. Esperando que vos sintades identificados cos meus sentimentos e sen máis dilación aqui volos deixo plasmados:

Non esaxeraría dicindo que máis dun 70% de adolescentes son usuarios desta comunidade. Compartimos os nosos sentimentos, os nosos recordos ,en xeral, as nosas vidas. De cara ao público é un lugar no cal podes coñecer xente e os momentos das súas vidas que este permita. Pero de cara á propia persoa é como un album íntimo ou mesmamente como unha axenda.

O que moitos usuarios, como aquí mesmo un servidor, levabamos xa tempo desexando era poder contar con este foro social na nosa propia lingua. Porque, se esta páxina amosa as nosas vidas, por que estas non poden estar contadas en galego?. Eu xa adquirín esta actualización e cando abro a páxina e me saúdan cun BENVIDO en vez dun "bienvenido", ou cando miro os meus amigos e estes aparecen no apartado de XENTE en vez de no de "gente", deste xeito síntome galego, sinto que todo o que estamos
a facer, que este duro traballo me recompensa.


J.daniel´s



e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 10-12-2009 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Cornualles terá sinalización bilingüe en inglés e en córnico
A partir de agora, en Cornualles haberá sinalización bilingüe: córnico e inglés. Os sinais aparecerán en córnico, para promover a lingua propia deles, e en inglés, que é a lingua maioritaria. Esta medida foi aprobada polo executivo córnico.

Medida polémica
Como sempre, esta medida recibiu todo tipo de críticas, dos que queren que a lingua gañe peso e se trate como tal e dos que cren que esta medida ?é ridícula xa que o número de falantes é mínimo?.

O Gabinete do Consello asegurou que este cambio non contén ningún gasto a maiores para as arcas do Estado, simplemente o bilingüísmo será adoptado nas novas sinais e os fabricantes comprometéronse a facelo gratis.

· Así recolle a noticia a BBC: Cornish to be put on street signs

· Así a recolle o An Buro (xornal córnico): Bilingual Signs on the Border

· No especial de Vieiros Europa Terra de Pobos, podes ler máis sobre a lingua córnica.



Esta medida, desde o meu punto de vista, é correcta e deberían de facela en todos os lugares onde haxa bilingüísmo para que a lingua minorizada recupere o seu valor, como por exemplo, aquí na Galiza, en Cataluña ou no País Vasco entre outros.

TAMARA IGLESIAS CAROU 2ºBACH A

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 08-12-2009 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
? O ME HABLA EN CASTELLANO O ACABAMOS LA CONVERSACIÓN?

A conversación dunha operadora de UNIÓN FENOSA, na que se negou a comprobar unha avaría que deixou sen luz a cincuenta familias e que esixía que se dirixisen a ela en castelán, foi recibida onte pola entidade Movemento Polos Dereitos Civís despois de ter feita unha reclamación á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD). Dita entidade, decidiu facer pública a conversación para denunciar o ?maltrato? dado pola compañía eléctrica a un usuario.

Dita conversa, sucedeu en novembro do ano pasado, cando un veciño do municipio coruñés de Teo, telefoneou para informar da avaría. Na gravación, a operadora esixe que se lle fale en castelán no momento en que se lle pide que comprobe a avaría, feito ao que se negou respondendo que era un corte programado. Aínda por riba, os operadores cortan dúas veces a conversa colgando o teléfono e negándose a pasar a chamada a un superior.

Por outra banda, Unión Fenosa negouse a informar de como conseguir copias das gravacións para posibles reclamacións. Mais, U. FENOSA sostén que este trato ?non é desde logo habitual?.

Sendo Unión FENOSA unha empresa galega, paréceme vergonzoso este tipo de trato, e a vós?

Tania Rodríguez Sobradelo 2º Bacharelato C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 03-12-2009 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
?TRÁTANO COMO UN DIALECTO?

O BNG tivo varias iniciativas ante o Parlamento Galego para denunciar a ?progresiva marxinación e exclusión" da lingua en áreas como a cultura, a sanidade ou a administración local, responsabilizando á Xunta desta agresión ao galego. O Bloque culpa ao PP de imcumprir a Lei de Normalización Lingüística e o Estatuto de Autonomía de Galicia. A este respecto sostén que o idioma galego é tratado "coma un dialecto, inferior ó castelán? á vista das instrucións para completar unha das probas específicas do galego nas institucións.

Bieito Lobeira denuncia que "non importa que se redacte un exame correctamente na lingua propia de Galicia, porque prima o español". Censurando así que se permita o uso de comiñas no caso de que o opositor non estea seguro da tradución dun neoloxismo ou dun termo técnico ao expresarse en galego.

Por outro lado o BNG denuncia as supostas ?ameazas? aos concellos por parte de Norberto Uzal (Director Xeral da Administración Local) co fin de que "reduzan" a incorporación da lingua galega. A formación denuncia que o alto cargo da Xunta "fai unha manipulación restritiva da última modificación" da Lei de Función Pública de Galicia. Polo visto, o escrito advirte de que a Xunta "impugnará" calquera proceso selectivo nos concellos que "non declaren exentos da realización das probas en galego" a aqueles aspirantes que teñan un certificado de coñecemento do idioma.
O Bloque tamén critica a utilización da toponimia, acusando a Consellería de Cultura de realizar comunicacións relativas ao Centro Coreográfico Galego "íntegra e unicamente en castelán" e empregando a fórmula "deturpada" do topónimo da Coruña".


Laura Rodríguez Rodríguez (2ºbach C)
e ti que opinas? (3) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 01-12-2009 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Somos os galegos uns viciosos?
Esta é a dúbida que se plantexa Suso de Toro quen ironicamente criticou a actitude do goberno e sobre todo do conselleiro de cultura a quen acusa de xogar contra os intereses dos galegos. Critica que non se invirta en cultura, pero o que máis indigna ao escritor é a política da Xunta cunha retórica culpabilizadora da cultura galega. Parece que o que pretende é que deixemos de ser galegos para que a comunidade poida avanzar, que sexamos como o resto da poboación española. Loxicamente isto é un disparate posto que para nada somos iguais ao resto de españois, xa que contamos cunha lingua propia que nos define como pobo


Tamara Sobradelo Nine 2º bach. B

e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 01-12-2009 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0