O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

POEMAS
Soños e medos

Lume aterrador,
leva montes,
trae dor.
Músico soñador,
trae soños,
leva a dor.
Apagaremos o lume,
que leva montes,
que trae dor.
Falaremos co músico
soñador, que trae soños.
Que leva a dor.
Mirando trala ventá,
levantando os ollos sen
dubidar. Poder escapar.
Poder pensar, que todo
vai cambiar. Soñar sen dubidar.
Coa cabeza ben alta,
observar e mirar o mar
sen pensar.

Goretti Fungueiriño

e ti que opinas? (7) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 19-12-2007 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Por que o Castelo da Lúa?
O Castelo da Lúa é un xacemento arqueolóxico conformado polos restos dun castelo medieval situado ao carón da Praia da Torre e o seu paseo marítimo, e habilitado para a súa visita libre.

Situación

O Castelo da Lúa sitúase no lugar de "O Pazo", no concello de Rianxo, provincia da Coruña, concretamente nas inmediacións da Praia da Torre, na punta da Torre, tamén coñecida como " A Salgueiriña".
Historia
O castelo foi erixido, probablemente no século XIII, por Pai Gómez Chariño, pasando máis tarde a formar parte do patrimonio da Orde do Temple e despois do da Mitra Compostelá. Derrubado polos Irmandiños ó redor do ano 1465 e reedificado novamente por Suero Gómez de Soutomaior, bisneto do anterior.
As novas conservadas sinalan o ano 1480 como o ano no que foi novamente derrubado polo gobernador real Fernando de Acuña. Dende entón ata 1532 as ruínas do castelo foron empregadas como cárcere, ata que nese ano a súa xurisdición pasa ao arcebispo Alonso II de Fonseca, novo señor da zona.
Quedando a fortaleza arruinada no ano 1600 as ruínas foron espoliadas para realizar no ano 1740 o campanario da Igrexa de Santa Comba de Rianxo, así como distintas construccións na comarca e arredores.

Escavacións arqueolóxicas

No verán do ano 2001 o equipo dirixido por A. Bonilla Rodríguez realizaron traballos de escavación que lles permitiron comprobar que a construcción tiña pranta trapezoidal cunha muralla exterior, xa desaparecida, reforzada no lado sur por un foso, e unha segunda muralla interna. no seu interior situábase a torre da homenaxe complementada por dous baluartes laterais.
No ano 2007 realizáronse novas escavacións e traballos de consolidación e limpeza do destapado en campañas anteriores. Os traballos centráronse na fachada dianteira e no espazo existente entre a segunda muralla e o foxo. Durante os traballos atopouse abondoso material cerámico (datado entre os séculos XI a XIII): olas, cuncas, vasos, xerras, botellas, potes ou testos, e tamén un total de oito moedas.

Situación actual

Na actualizade quedan soamente os vestixios do que noutrora fora unha das fortalezas militares maiores da Galiza, da que hoxe en día poden verse os cimentos da localización orixinal, na punta da Praia da Torre (nomeada así por mor da presenza do castelo), na desembocadura do río Té.
A administración autonómica ten programado continuar o estudo do xacemento e anunciou unha nova campaña para o ano 2008

Restos cerámicos e moedas

Precisamente, durante os traballos apareceu abondoso material cerámico tal que olas, cuncas, vasos, xerros, botellas, potes e testos, que ilustran as diversas actividades e as rutinas de vida das persoas que habitaron o castelo. Os tipos de restos cerámicos tamén amosan as diversas épocas nos que se habitou o castelo: a cerámica gris medieval propia da olería galega dos séculos XI ao XIII e a cerámica acastañada e ocre, empregada a partir do século XIII, na que figuran ilustracións.
Tamén se atoparon algúns restos cerámicos importados do estranxeiro, con decoración vidrada e esmaltada de tonalidades verdosas. Por último, o persoal investigador tamén recolleu oito moedas, que serán limpadas para o seu estudo.








e ti que opinas? (1) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 19-12-2007 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego