O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Recollida de alimentos
Nestes días estamos levando a cabo no noso Centro unha actividade posta en marcha dende o banco de alimentos. Para colaborar, estamos recollendo comida para as persoas máis desfavorecidas. Como xa saberedes é mellor aportar produtos non perecedeiros ou con marxe grande de caducidade.
O prazo para traela xa está aberto e remata o 11 de decembro. Por favor, axudade a esta xente; para nós é un pequeno esforzo, pero para eles unha grande axuda.

MELLÓRALLES O NADAL!

COLABORA XA, NON TE DESPISTES!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-11-2013 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
O CASTELO DA LÚA
No ano 2007 apareceu no xornal El Correo Gallego unha reportaxe sobre o Castelo da Lúa, fortaleza medieval situada no concello de Rianxo.

Segundo nos di o autor desta noticia,V. Oliveira, o castelo foi construído polo militar e poeta da Idade Media, Paio Gómez Chariño, o primeiro señor feudal de Rianxo, alá polo século XIII. Ao longo da súa historia pasou por diversos atrancos: no século XIV os Irmandiños botárono abaixo, aínda que foi de novo reconstruído por un bisneto do trobador; tamén os Reis Católicos ordenaron o seu derrubamento e, até o século XVI, as súas ruínas empregáranse como cárcere.

Non obstante, parece que até o século XIX conservaba moita da súa estrutura, segundo documenta o debuxo dun viaxeiro desta época. A partir de aquí, algúns dos restos foron espoliados e destinados á construción do campanario da igrexa de Santa Comba de Rianxo ou a outras edificacións da zona.

Despois dos traballos arqueolóxicos desenvolvidos no verán de 2001, chegouse á conclusión de que esta construción tiña planta rectangular cunha muralla exterior – xa desaparecida –, un foxo na zona sur e unha segunda muralla que delimitaba o recinto interno. Aquí situaríase unha torre e as dependencias comúns e servizos do castelo.

Por outra parte, tamén se constata a construción no castelo dun forno para facer cerámica, xa nos séculos XVI e XVII. Aquí coceríanse diferentes tipos cerámicos de uso común que logo se venderían na vila, como xerras, olas...

Unha vez rematen os traballos, preténdese recuperar a traza do antigo castelo e instalar paneis explicativos sobre a súa historia.


Alumnado de 3º PDC
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 28-11-2013 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Os inmigrantes achéganse ao galego
O servizo de Normalización Lingüistica do concello do Grove organiza a terceira edición do curso "Achégate ao galego" creado para os inmigrantes que residen neste concello.
Tamén poden participar os veciños que o desexen.

Este curso dura setenta e cinco horas e ensínanse as nocións básicas do galego, así como outra información de utilidade para facilitar a integración sociocultural e lingüística destes colectivos.

Persoalemente cremos que, este curso ademais das utilidades mencionadas anteriormente, pode ser moi útil para integrar a eses inmigrantes que se achegan a Galicia na nosa cultura e lingua. Ademais, serve para que os veciños poidan recordar os coñecementos básicos do galego.

Para terminarmos, cabe dicir que valoramos moi positivamente a importancia destes cursos para a nosa sociedade.

Fátima Ordoñez Muñíz 3ºB
María Domínguez Picón 3ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 22-11-2013 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
O día 12 de novembro de 2013 participamos nunha videoconferencia de Marilar Aleixandre, doutora en bioloxía e catedrática de ciencias naturais no ensino medio e que tamén coñecemos pola súa faceta coma escritora. Nesta ocasión a contactamos com ela en relación ás actividades do Día da ciencia en galego.

A súa charla centrouse no descoñecido,para nós, mundo dos insectos sobre os que nos contou datos que nos sorprenderon.

Aínda que na face da Terra podemos atopar unha enorme cantidade de especies animais, a máis numerosa, con diferenza, é a dos insectos, hai dous billóns de insectos por humano no planeta. Estes seres vivos son moi importantes no planeta, pois conteñen gran cantidade de proteínas, polo que nalgúns países serven de alimento.

Hai moitísimos tipos de insectos, desde insectos case microscópicos, ata algúns tan grandes como o escaravello Goliat.

Moitas das especies están en perigo de extinción, algún dos casos é o das abellas, que están desaparecendo por culpa dunhas avespas asasinas.
Categoría: Cousas - Publicado o 20-11-2013 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
OS BOLECHAS NO BARBANZA
O escritor e debuxante vigués Pepe Carreiro estivo en Rianxo para presentar a guía turística sobre Arousa norte. Nesta nova aventura todos os membros da divertida familia Bolechas están nas terras do Barbanza. A aventura descorre polos catro concellos da mancomunidade. Arranca no dolmen de Axeitos e percorre a comarca polo interior ata Rianxo, para logo realizar a ruta á inversa, pero pola costa, ata chegar a Sálvora e ao faro de Corrubedo. Esta guía ofrece información sobre os recursos turísticos da zona para que os máis pequenos da casa poidan ir coñecendo os distintos lugares de Galicia. Pepe Carreiro sempre se documenta a fondo para non esquecer nada. O que máis lle sorprendeu de Rianxo foi o Castelo da Lúa e a súa lenda que antes de facer esta guía descoñecía. Pepe Carreiro asegura que moita xente vai visitar estes lugares cos nenos, xa que despois de ler o libro queren coñecer os lugares onde estiveron os seus personaxes favoritos. Asegurounos que os Bolechas seguirían medrando durante moitos anos.
Alégrome moito de que Pepe Carreiro sacara unha nova historia dos Bolechas e que a viñera presentar a Rianxo. Isto fíxome recordar cando era nena e todas as noites lía unha historia dos Bolechas. Quen de pequeno non leu un libro dos Bolechas?


Sara Otero; 2º Bach - B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 08-11-2013 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
ANIMÁMOSVOS A VISITAR O POZO BASTÓN
A fervenza do Pozo Bastón é un lugar moi bonito e ten moitas lendas. Unha delas di que un mozo de Araño, servindo ao rei na África, deu cun mouro que resultou ter fillas soterradas preto do Pozo Bastón. O mouro deulle ao soldado tres bolas de pan e unhas instrucións.
Ao chegar á casa deixou os bolos enriba da mesa e, ao velos, a súa muller tallou unha rabanada dun dos bolos. O soldado reprendeuna , mais o mal xa estaba feito cos pans. Foi ao Pozo Bastón onde botou un pan e saíu unha fermosa moza, ao guindar o segundo pan saíu outra moza fermosa. Ao botar o anaco de pan cortado saíu unha moza fermosa, coxa que caeu arrastrando as outras dúas, e aínda seguen as tres aló.
Para quen queira ir ver o Pozo Bastón e desfrutar das súas vistas está na Ferrería que pertence ás aldeas da Ermida e de Rabado que están en Buía, parroquia de Araño. O camiño cóllese na recta do Araño, desde o bar Lino ata chegar a María Dis que é onde se colle para Buía. Pásase por Os Lemos e logo polo Rabado ata a Ermida, desde alí continúase para a Ferrería e ao chegar ás últimas casas desta aldea hai un camiño a pé que hai que seguir.
Seguro que vos vai gustar a visita.

Gadea e Arancha (1º ESO C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 08-11-2013 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
A aldea maldita de Abuín
Na aldea de Abuín na parroquia de Leiro, no concello de Rianxo non vive ninguén desde hai moito tempo.
Cando vas entrando no monte xa ves os camiños da xente que vivía alí e ao chegar vense restos de muros de tres casas .
Hai xente que di que a aldea está maldita porque nun momento dado desapareceu mais da metade dos seus habitantes e logo os demais marcharon pensando que estaba maldita.
Que din as lendas? As lendas din que caeu sobre eles unha maldición aínda que hai distintas versións sobre a orixe do meigallo que acabou coa vida do lugar. En algúns sitios bótanlle a culpa á peste negra que chegou polo mar (nun barco). Noutros sitios falan do saqueo do mosteiro de Armenteira , dun tesouro oculto, dun cáliz arroxado por un cura que fará recaer una maldición sobre quen o recolla, ou dun botín enterrado polos pobos nórdicos. Incluso hai contos que relatan a historia, tal coma este do libro Cousas de Castelao:
Foi que os do lugar, armados ladróns, roubaron o mosteiro de Armenteira.-Agardando o intre do reparto da riqueza, o capitán enterrouna en sitio segredo; mais ó seguinte día o capitán apareceu morto no seu leito e nunca máis se soupo do tesouro.Dende aquela todas foron desgracias. Morrían as xugadas, merábanse os froitos, morrían entangarañados os rapaces, secábanse as fontes. Para escorrenta-lo mal fado ergueron cruceiros a eito.De nada valeu nada. No remate sóupose todo e aínda hoxe o lugar está illado das xentes de ben (O CAMIÑO ESQUECIDO).

TANIA REY 1ºC.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 05-11-2013 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Patrimonio e Lingua: A Mellor Herdanza
PATRIMONIO E LINGUA: A MELLOR HERDANZA

A tódolos rianxeiros e rianxeiras, galegos e galegas:

- Que faríades se levaran o hórreo do Araño?
- Sen dúbida llo impediríamos, nin unha pedra se ía mover!
- Que faríades se vos dixeran que a praia das cunchas vai desaparecer?
- Faríamos unha nova no mesmo lugar coas nosas propias mans, se fose necesario.
- Que faríades se cortaran os eucaliptos de Taragoña?
- Amarraríamonos a eles, non os ían levar!
- E SE DESAPARECERA A LINGUA GALEGA?
- Iso non o imos permitir.

Para que todo isto se cumpra e sexa posible debemos coidar tanto o patrimonio como a nosa lingua.

Fala galego sempre e transmítelloaos teus descendentes, non pode desaparecer.

Cinthia, Noelia e Antía (4ºESO A)

e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 04-11-2013 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego