O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O 12 do 12 ás 12
O noso centro participa no recitado conxunto que se vai celebrar en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro o mércores 12 de decembro. Xa comezamos os ensaios, para a semana temos máis, o mércores 5 no 2º recreo volvemos vernos no salón de actos.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 30-11-2012 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
O FÉLIX MURIEL VISITA A GALICIENCIA!

Os nosos alumnos de 4ºESO e 1ºBach (os que van por ciencias)o día 22 de novembro de 2012 foron visitar as instalacións de Galiciencia, que se celebrou en Ourense.
Ademais diso puidose aproveitar a visita á cidade das Burgas para facer o percorrido da esmorga, recreando así, a célebre obra de Blanco Amor.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 28-11-2012 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
25 de novembro, día internacional contra a violencia á muller
O pasado 25 de novembro, tivo lugar un gran acontecemento, foi o día internacional contra o maltrato á muller.
Hai anos as mulleres eran masacradas e sometidas a grandes torturas, e no día de hoxe, aínda hai mulleres que permiten, (por medo ou outros motivos) que iso se lles faga. Por esa razón debemos concienciarnos deste problema e axudar para non permitir que iso aconteza no día de hoxe! Hai que loitar e non esquecernos nunca, xamais, de ter en conta os nosos dereitos e que nada, nin ninguén se vai antepoñer á hora de nos defender e reivindicar unha vida digna.

Marta Lorenzo 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 27-11-2012 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Recitando a Celso Emilio todos xuntos
Deixámosvos o vídeo promocional da actividade de recitado conxunto do poema Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro, actividade que se promociona desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) para renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo
Nota: Este vídeo é unha versión un chisco diferente da que temos colgada na revista Bicodaria (www.bicodaria.com). A ver se vedes as diferenzas

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-11-2012 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Os versos de Celso Emilio cobren o centro
O alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo estivemos preparando en memoria de Celso Emilio diversas actividades. Unha delas consistiu en "empapelar" os dous edificios co poema de Celso Emilio: Deitado frente ao mar que habemos recitar todos xuntos o vindeiro día 12 de decembro (do 12) ás 12 da mañá.
Participamos un lote de rapaces e rapazas nun traballo en cadea. Adrián e Yolanda(1º ESO B) recortaban as tiras de papel. Xiyang de 1º B, María e Alicia Fernández Ínsua (2º ESO), Fátima (1º Bac), María Domínguez (2º ESO), Raúl e Mateo (4º ESO B), Carlos (3º ESO B) axudados por varias alumnas máis de 3º ESO estiveron coa tarefa de pasar os versos. Uns escribiron nas diferentes cartulinas os versos dos poemas, outros repasábanos todo con rotuladores. Por último algúns pegábanos con celo nas paredes do centro.

Cinthia (de 3º ESO A) escribía os versos do poema todos seguidos nun papel azul que se vai pendurar nas escaleiras...
Agora só queda empezar a ensaiar para facer o recitado conxunto.
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 14-11-2012 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Airiños: Nin rico, nin pobre senón todo o contrario
O pasado 9 de novembro foi a pre-estrea da obra teatral Nin rico, nin pobre da agrupación teatral Airiños, no auditorio de Rianxo. A obra foi un éxito porque a xente non parou de rir. Se che gusta o teatro, tes ganas de pasalo ben e queres disfrutar dunha boa obra, anímate e visita o auditorio o día 17 de novembro.

Lembra que as entradas se collen unha hora antes!

Carme Veiga, 4º ESO D

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-11-2012 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Níscalos
Ingredientes
-Perexil
-Allos
-Níscalos
-Viño branco
-Aceite de oliva

Elaboración

1. Colócanse os níscalos nunha fonte de xeito que queden estendidos.
2. Pícanse os allos e o perexil a gusto, máis en cantidade tirando a abundante, moi finos e bótanse por riba das setas.
3 .Ponse unha tixola ao lume e engádense dúas culleradas ou tres de aceite de oliva.
4. Introdúcense as setas na tixola cando estea ben quente e cando se fagan por un lado dáselle a volta.
5. Cando o allo se doure, engadiremos o viño branco e deixaremos a tixola ao lume mentres se evapora.
6. Emprátase e.... Listo!

Marta Lorenzo 4A
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 14-11-2012 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
10º Aniversario da Cadea Humana na Costa da Morte
No décimo aniversario da gran cadea humana que se produciu o 22 de xaneiro do 2003, o mallorquín Martí Monjo decidiu facer unha homenaxe voando 80 papaventos de cor negra en representación da cadea humana que se formou cando cando as praias estaban cheas de chapapote.
Esta acción está programada para o 5 de xaneiro en Fisterra; o 4 de xaneiro en Laxe e o 3 de xaneiro en Muxia, e poderanse realizar máis homenaxes dependendo do número de voluntarios para coser e voar os papaventos que aparezan.
Están presentes diversos enlaces para anotarse neste labor:
- papaventos13n@gmail.com
- teléfono: ☎ 685 144 652



Marta Lorenzo 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 14-11-2012 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE RECITADO
Continuando coas actividades organizadas con motivo da conmemoración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o EDNl e a comisión da biblioteca,fixeron pública no día de hoxe, a convocatoria do CONCURSO DE RECITADO de poemas do autor homenaxeado.
Os que teñan interés en participar,poden pasar a recoller poemas no departamento ou ben, pedírllelos directamente a calquer profesor ou profesora do equipo. Un xurado, valorará o recitado dos participantes e concederá ós tres mellores recitadores, un premio dun vale de 10€ para ser gastado na cafetaría do IES.
O concurso que será público, farase na biblioteca os venres durante o primeiro e o segundo recreo dando comenzo esta actividade o vindeiro 16 de novembro ata o día 7 de decembro.
Animádevos a participar recitando ou ben,escoitando ós vosos compañeiros e compañeiras!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 13-11-2012 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
100 VOCES PARA CELSO EMILIO
O vindeiro luns 12 de novembro, durante os recreos, da inicio na biblioteca a lectura de poemas de Celso Emilio Ferreiro. Nesta actividade, participarán diferentes membros da comunidade educativa: profesorado, alumnado e persoal non docente.
Baixo o lema “BÚSCANSE 100 VOCES PARA CELSO EMILIO”, o EDNL e a comisión da biblioteca do IES, organizaron a lectura de cen poemas de diferentes obras do poeta de Celanova co gallo da conmemoración do centenario do seu nacemento. Esta actividade, ten un apartado adicado ao concurso de recitado por parte do alumnado. Proximamente, serán expostas as bases.
Sabemos que hai familias que están interesadas en colaborar coa lectura dalgún dos poemas;para participar, deben enviar polo seu fillo ou filla, algunha forma de contacto (correo, móbil...)e dende o centro nos comunicaremos cos interesados/as para concretar a hora que mellor conveña.
ANIMÁDEVOS!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 09-11-2012 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego