O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Por que é bo aprender galego desde a infancia?
As razóns resúmenas neste tríptico que fixeron no EDLG da Escola oficial de idiomas de Pontevedra:


e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 28-11-2011 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Esta fin de semana... teatro!

Deixámosvos información da oferta teatral do concello desta fin de semana:

esta fin de semana no Auditorio de Rianxo:

Sábado 26 de novembro ÁS 20,30 h

Podedes ver unha versión de Vodas de Sangue, baseada no texto de Federico García Lorca, que leva á escena AXÓUXERE TEATRO.
Nesta obra trátase de amosar que os alicerces da paixón, o sentido da honra e a forza da tradición son universais. Por iso se mestura a estética do Xapón antigo e os ecos da traxedia greco-latina coa beleza e a sonoridade da lingua galega que agarima os versos do poeta. Un espectáculo con ata 15 intérpretes en escena, de 90 minutos de duración, recomendado para maiores de 14 anos.

Domingo 27 de novembro ás 20.30 h

A compañía TANGATUTANGA TEATRO presenta a obra "CABARÉ LABORAL. ABERTO POR FOLGA"

Vén sendo unha crítica humorística do que os membros da compañía foron sufrindo nela. A través de varias pezas e números musicais en vivo, fan un percorrido por lugares comúns do mundo laboral: a incorporación ó traballo, a xerarquización e a convivencia coas vellas glorias, o acoso, o estrés da competitividade, a relación cos clientes, etc etc.


Se vos animades a ir, en ámbolos dous casos, poderedes retirar as entradas 1 hora antes do comezo da representación teatral (máximo 2 por persoa)

Para máis información podede consultar a páxina web do concello (www.rianxo.com)

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 25-11-2011 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Xoeliki As aventuras dun ciberpirata
Este libro conta a historia de Xoeliki; un neno que está enganchado a un xogo on-line chamado Real Fantasy. Detectouse un virus o que nomearon Capitangarfo.exe.
Crese que o Real Fantasy é o núcleo de todos eses problemas informáticos e que detrás está Mr. Virus. Só Xoeliki e a súa banda de ciberpiratas pode detelo.



A nosa opinión e que todo o mundo debería poder ler este libro cheo de aventuras.




Sara, Nuria 1º(E.S.O.)
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 11-11-2011 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Non ós recortes da educación pública!
No Félix Muriel tamén notamos os recortes que sufriu este ano a educación pública en todo o estado. Dende o goberno foise reducindo calquera tipo de axuda económica para a educación pública, provocando así que a educación se privatice, o que leva, e máis nestes tempos, a que moitos rapaces e rapazas non poidan recibir unha educación de calidade.
Ademais, hai colexios privados e concertados que seguen recibindo a mesma cantidade de diñeiro que recibían, ou incluso esta ascende.
As consecuencias destes recortes foron por exemplo que moitos profesores tivesen que pasar a dar máis materias, e nalgúns casos sen especialización algunha na nova materia que imparten, ou noutros casos a falta de material que tanto precisamos nos institutos.
O alumnado de 2º de bacharelato do Félix Muriel tomou a iniciativa, e puxémonos a traballar para rematar con estas inxustizas que provocan ademais un desequilibrio na educación. Estamos todos os recreos no local de alumnos traballando en pancartas, viñetas, escritos… para tentar rematar con esta discriminación.
Únete a nós e loita polos teus dereitos!
e ti que opinas? (5) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 10-11-2011 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
O batel xuvenil de Rianxo fíxose co Campionato de España en maio de 2011
A alegría polo triunfo obtido transformouse en emoción entre os membros do equipo. A Voz de GaliciaAs alumnas e alumnos de 2º da ESO estamos traballando na procura e análise da información a través de Internet. Neste caso atopamos unha noticia moi interesante relacionada co noso pequeno pobo de Rianxo, onde o batel xuvenil gañou o campionato de España en maio deste ano. Dada a importancia desta noticia decidimos resaltala para darlle o valor que merece, por iso unha vez lida contestamos ás seguintes preguntas que nos fixo a profesora reflexionando sobre este feito:

1. Qué che parece o resultado do equipo de Rianxo no campionato de España de batel xuvenil en maio de 2011?

A min me parece un resultado xenial, xa que conseguiron gañar a competición de bateis xuvenís. Á parte así conseguiron demostrar que a pesar de que somos un pobo pequeno, tamén podemos gañar campionatos.

2. Consideras importante que o teu pobo se promocione e se coñeza grazas aos bos resultados no deporte?

Eu considero xenial que o meu pobo se coñeza grazas a estes resultados, xa que é moito mellor coñecer o pobo por un gran mérito, como o que é gañar o campionato de bateis xuvenís, que por outras cousas, como por exemplo por algunha desgraza. Ademais esta tamén é unha maneira de promocionar este saudable deporte, xa que supoño que moitas persoas se animarán a ir a este club despois de gañar un campionato coma ese.

3. Cres que é importante conservar a ría en bo estado, sen contaminala para poder seguir practicando deportes limpos coma este?

Sen dúbida eu penso que é moi importante coidar a ría, xa que se poden practicar moitos deportes limpos nela, (remo, windsurf, …). Ademais é moi importante xa que moitas persoas se gañan a vida na ría (pescando, rastreando…) e é importante mantela limpa para que peixes e outras especies de animais poidan vivir.

4. Qué valores cres que se promoven grazas ao deporte e que se poden ver reflectidos na actitude da xente do teu pobo?
Por exemplo: a solidariedade, o traballo en equipo, etc.

Algúns valores poden ser estes:
O contacto ca natureza todos os días, e así aprender a coidala e a apreciala.
Aprender a traballar en equipo, e así utilizar os coñecementos para o día a día.
Saber coidarse.
Aprender a esforzarse para conseguir algo.
Aprender a concentrarse, e así poder empregalo noutros lugares.
E outras moitas cousas que podemos empregar no día día.

5. Cres que o deporte favorece e axuda para levar unha vida mais sa, alonxada de hábitos de vida prexudiciais para a saúde como o consumo de alcohol, tabaco e outras drogas?

Claro que si, o deporte favorece e axuda a levar unha vida moi sa, xa que facéndoo poste en forma, e desa maneira axuda a non tomar substancias prexudiciais, xa que mentres o practicas non estas tomando malas substancias. E ademais fortaleces os músculos e aumentas a túa resistencia.

Alumna: Noelia Martínez Figueira. 2º B.
O batel xuvenil de Rianxo fíxose co Campionato de España
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 07-11-2011 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego