O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Revista de automobilismo en galego
Os amantes de automobilismo coñecedes a Curuxarallye? Pois se non é así debedes gravar este enderezo

http://www.curuxarallye.info/web/

e visitar a revista do automobilismo escrita en galego, con versión tamén en castelán e inglés...

e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-11-2010 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
A VISITA DO PAPA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
Con motivo do ano xacobeo, o Papa Benedicto XVI visitou España, concretamente Santiago e Barcelona. A visita a Galicia custou arredor de tres millóns de euros, motivo que suscitou un forte debate económico sobre se esta visita debía levarse a cabo. Os actos nas dúas cidades acolleron menos xente da que os organizadores esperaban. A Súa Santidade foi recibido por algúns dos políticos máis coñecidos, como Xosé Blanco e o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo. Na súa viaxe a Santiago, o Papa denunciou no avión o "laicismo agresivo" que existe en España, parecido ao dos anos 30. Á súa chegada a Santiago Benedicto XVI atopouse con pancartas de apoio á Igrexa, pero tamén con algunhas en contra, facendo referencia a situacións vividas recentemente pola Institución, como os abusos a menores ou a historia do presente Papa. En Barcelona tamén se deron algúns altercados violentos e a opinión pública está dividida respecto a se esta visita recuperará o que custou.
Daniel Fernández Romero, 3ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 18-11-2010 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Biscoito de queixo
Ingredientes:

-Tres ovos
-Unha terrina de queixo freco
-Medio litro de iogur natural
-Vaso e medio de leite
-Vaso e medio de fariña
-Vaso e medio de azucre

(Nota: a medida do vaso é a do iogur)

Preparación:

Vanse botando os ingredientes nun recipiente grande na mesma orde na que que están nomeados. Primeiro os ovos , logo o queixo... Bátense co batedor ata que quede unha masa líquida. Introdúcese a masa nun molde para doces e vai ao forno a unha temperatura de 200º C durante 40-45 minutos.

Bo proveito!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 18-11-2010 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Campaña contra a discriminación do galego en Gas Natural-Fenosa

A empresa Gas Natural-Fenosa, á que a inmensa maioría dos galegos lle pagamos puntualmente as nosas facturas de luz e/ou gas, discrimina a nosa lingua na súa páxina web que presenta a opción de escoller como linguas o castelán, o catalán e o inglés pero non o galego...

Prolingua comezou unha campaña para que a empresa emende este agravio, propoñéndolle a todos os usuarios ou posibles usuarios que envíen as seguintes cartas:

* MODELO PARA CLIENTES DE GAS NATURAL FENOSA

Eu, _____________________, con DNI____________, e na miña condición de cliente da súa compañía quero expresar a miña queixa polo trato discriminatorio que estou a recibir a nivel lingüístico por parte da súa entidade, posto que na páxina web podo elixir entre usar castelán, catalán ou inglés pero non se me ofrece a posibilidade de usar o galego, lingua oficial en Galicia. Por todo isto reclamo un uso igualitario para o galego na súa empresa.

Atentamente.




* MODELO PARA NON CLIENTES DE GAS NATURAL FENOSA

Eu, _____________________, con DNI____________, e na miña condición de posible futuro cliente da súa compañía quero expresar a miña queixa polo trato discriminatorio que estou a recibir a nivel lingüístico por parte da súa entidade, posto que na páxina web podo elixir entre usar castelán, catalán ou inglés pero non se me ofrece a posibilidade de usar o galego, lingua oficial en Galicia. Por todo isto reclamo un uso igualitario para o galego na súa empresa.

Atentamente.
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 14-11-2010 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
A memoria da lingua
Persoas de diferentes idades e diferentes condicións fálannos da represión que vive e viviu o galego

A memoria da lingua from as candongas do quirombo on Vimeo.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 11-11-2010 07:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego