ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

ENTREVISTA A VALENTÍN ARIAS LÓPEZ


O xornal Galicia-hoxe fíxolle unha entrevista a Valentín Arias López, que lle foi realizada por un antigo alumno seu.

Este home naceu nunha aldea de Sarria no ano 1934 e é o actual director da Escola Agrícola da Granxa de Barreiros, inaugurada por Avelino Pousa Antelo. Valentín fixo todo o posible por introducir o galego no ensino e traduciu ducias de milleiros de pxinas ao noso idioma.

O autor da entrevista, dirixíndose a Valentín, dá a súa opinión mostrando o seu desconcerto ante a situación da nosa lingua na actualidade, dicindo que o galego na época de Franco o pasou moi mal pero que agora mesmo, case está peor que por aquel entón.

O entrevistador preguntoulle que pensaba respecto a que o goberno optase por unha única lingua. Valentín, recordando os seus anos de mocidade nos que tiña por mestre a Pousa Antelo, quen lle abriu os ollos respecto do maltrato que estaba a sufrir a nosa lingua, desexou que as persoas do goberno pasaran pola escola de don Avelino, e sen dúbida, estes daríanlle as grazas como el aínda o segue facendo. Comprométese sen dúbida a seguir pola loita contra unha lingua que nos pertence, co privilexio de que cada individuo se poida manifeste no seu propio idioma.

A entrevista seguiu coa pregunta de se había posibilidades dun bilingüismo e Valentín respondeu que se a metade do pobo falase galego e outra metade castelán, isto xa deixaría de ser un pobo galego… O entrevistador tamén quixo saber como se atopaba de forzas agora e Valentín contestou que estaba disposto a axudar e arrimarse a todo aquel que defendese o idioma, e que así o fixo e fará sempre.

O xornalista preguntoulle se vía posible unha República Socialista Galega ao que contestou rotundamente cunha negación. Tamén lle preguntou se vía camiñando ao galego marcha atrás e Valentín negou con toda seguridade porque el afirma que todos os cidadáns galegos necesitamos o noso idioma. Aínda así o autor da entrevista insistiu no decaemento do galego e sobre todo nos motivos deste, e Arias López respondeu que sen dúbida hai xente galega e que chegará o día en que se darán conta de que xa non poden pasar por alto o maltrato á súa lingua, e ante isto reaccionarán, non lle cabe a menor dúbida.

Para rematar o entrevistador preguntoulle que pensaba sobre o proposto pola Xunta; o trilingüísmo, ao que Valentín respostou coa opinión de que temos que ter claro que o idioma do noso pobo é o galego, indistintamente dos outros idiomas que poidamos aprender para poder comunicarnos cos de fóra.

Verónica Lorenzo Rial 2ºB

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 04-11-2009 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Ghaleb Jaber Ibrahim
Ghaleb Jaber Ibrahim é un palestino de 59 anos que estudou na Universidade de Santiago de Compostela medicina e xornalismo. Recentemente foi entrevistado, cando traballaba nos preparativos do 25 aniversario da fundación Araguaney, sobre a situación xeográfica da empresa CTV, os conflictos entre xudeus e palestinos, Obama e outros. Un destes temas é a situación do idioma galego, no cal nos imos centrar.
Ghaleb respondeu a varias cuestións sobre a CTV e a TVG. Nas súas respostas analiza as dobraxes de películas ao galego, que axudaron á poboación galega a ver filmes na nosa lingua, e isto, segundo el, resultaba un tanto “ilusionante” para a poboación. Segundo Ghaleb, a TVG e o resto de medios de comunicación mais a industria cultural son un factor estratéxico para a economía galega. Tamén argumentou que a falta de renovación dos partidos galegos é un paso atrás para o bo funcionamento de Galicia-“Galicia será grande se nós queremos que sexa grande e apostamos por iso”, manifesta.
Para rematar a conclusión de Ibrahim foi; “Unha sociedade non se estrutura sen a súa lingua”.

Tania Rodríguez Sobradelo 2º Bach. C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 04-11-2009 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Por que non escribir a lápida en galego?
LÁPIDA

Silvia Rodríguez é deseñadora de Eternia, unha empresa que fabrica lápidas dende Mos. Ela asegura entre outras cousas que a pesar do esforzo a xente non se anima a escribir as lápidas en galego, a pesar de que maioría dos catálogos están escritos en galego. Pero aínda así, de cada 50 lápidas só 3 se escriben en galego. A escasa presencia do galego nas lápidas xustifícase mediante a recorrente frase “por se ven alguén de fóra”.. Silvia Rodríguez di que non entende esta afirmación.


Tamara Sobradelo Nine 2º bach B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 04-11-2009 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
NON SE PODE XOGAR COA LINGUA
Alberto Núñez Feijóo asegura que está de acordo coa Lei de Normalización, e que el non pensa facer cooficial o topónimo castelán da Coruña. O presidente do PPdeG estaría disposto a aceptar a dobre toponimia- se o concello llo pedise, xa que como el afirmou: “se un municipio leva demandando a dobre toponimia durante máis de vinte anos hai que telo en conta”.
Eu non estou de acordo con estas declaracións xa que A Coruña é unha parte de Galicia e debe respectar a súa lingua como tal. A toponimia ten máis de 2000 anos e os nomes dos lugares existían antes de que chegara o castelán a Galicia.
Todos deberiamos apoiar o galego, e aínda máis cando sabemos que está moi prexudicado. Eu estou de acordo coa Lei de Normalización porque o único que intenta é que a nosa lingua realice todas as funcións, é dicir, que sexa unha lingua normal.

Arantxa Tubío Abuín 2ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 03-11-2009 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego