O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

IMPOSTURAS LINGÜÍSTICAS
A sentenza do tribunal supremo nega o dereito que teñen os pais a elixir a lingua de ensino dos seus fillos nos territorios con linguas propias. Esta negativa de dereitos supón un golpe ao españolismo e deixa á vista falsedades dos supostos defensores da liberdade de expresión.

Parte da sociedade galega aínda se segue a sentir inferior respecto do castelán na educación, ao ter que soportar como se fala con desprezo da nosa lingua.

Cando facemos referencia á carta Europea de Linguas Rexionais axiña respostan cunha interpretación do texto errónea; negan que non protexe o dereito dos poderes públicos galegos para obrigar ó coñecemento da lingua propia. Ante isto decidimos acudir á norma.

O artigo 8 da carta fai referencia a unha protección das linguas minoritarias no ensino: un ensino que garanta o uso desta lingua, que unha parte deste ensino sexa nesa lingua, que esta lingua se estude como outra asignatura e por último que estas normas se apliquen cando un grupo suficiente o solicite.

Para o artigo 8, a aceptación da carta publicada no BOE do 15/09/01 supón a máxima protección para as linguas coñecidas como oficiais nos Estatutos de Autonomía.

Remato mostrando a miña clara preocupación ao ver que os políticos se unen ao “xogo” daquelas persoas que maltratan a lingua propia.

VERONICA LORENZO RIAL 2ºBACH.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-11-2009 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Gilberto Gil participa nun film sobre multilingüismo
O músico brasileiro Gilberto Gil (que tamén foi ministro de cultura) colabora no documental Lebab/Babel. Este proxecto, no que tamén participan Mario Vargas Llosa e Stephen Hagen, entre outros, está impulsado por Linguamón-Casa de lles Llengües e Mediapro, e trata sobre a necesidade de conservar a diversidade lingüística.
Onte comezou a rodarse en Barcelona, e na primeira escena, o músico conversa con Núria Sebastián (psicóloga da Universitat Pompeu Fabra), a cal estuda as vantanxes cognitivas do bilingüismo nos traballos con nenos de 0 a 8 meses.
O brasileiro alertou do perigo de desaparición que corren as linguas indíxenas, nas que se conserva un saber importantísimo para a humanidade e que só viven na oralidade, o cal incrementa o risco de desaparición.
Ademais, Gil móstrase partidario da discriminación positiva para fortalecer as linguas minoritarias e/ou minorizadas.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-11-2009 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
O CONSELLO DE CULTURA ESIXE QUE O GALEGO “NON DÉ PASOS ATRÁS”
O Consello de Cultura Galega acábase sumando á preocupación que mostrou a Real Academia Galega polas políticas de cara ao galego e os debates que se teñen ao respecto. Ante a controversia política e social existente o Consello transladou ó Parlamento Galego e ós tres partidos unha proposta na que reclama a posta en marcha dunha Comisión que elabore unha proposta para poder levar a cabo o Plan Xeral de Normalización Lingüística. Un Plan que, lembremos, foi aprobado en dúas ocasións por unanimidade e baixo gobernos políticos distintos.


O organismo reclama que o galego deixe de formularse como un problema e pase a ser defendido como recurso de todos os partidos e institucións públicas. O consenso debe rexir as políticas lingüísticas do goberno e debe ser tamén social e institucional, non só político.
Estas medidas non deben supoñer un problema no proceso de recuperación do idioma, pois din que será imposible alcanzar este obxectivo a base de medidas que non conten cun amplo consenso político, social e institucional.


O Consello de Cultura móstrase preocupado no escrito que dirixe ao Parlamento polas “polémicas irracionais" que crean os debates sobre o galego xa que se chegan a por en cuestión as bases que sustentan a identidade galega e incluso a lexitimidade das políticas de promoción do idioma. Neste sentido, a institución presidida por Ramón Villares alerta da falsedade que supón a asociación de; galego e imposición fronte a castelán e liberdade. Critica a proposta dicindo que: “ Resulta unha groseira falsificación da realidade que carece de toda base na historia, remota e recente, do noso país”. De feito o Consello opina que o apoio da Administración debe ser especial co galego para superar a posición de desventaxa , resultado do maltrato do pasado.


Eu opino que por desgracia, na realidade o Plan Xeral de Normalización lingüística atópase con diversos atrancos para a súa aplicación efectiva. Entre os máis importantes están: a lentitude da posta en marcha de moitas medidas, a falta de coordinación ou mesmo o incumprimento de determinadas disposicións (na utilización de topónimos, no uso do galego nas aulas…). O que pretende a Normalización Lingüística é que unha lingua minorizada ( neste caso o galego) poida acadar a categoría de lingua “normal”. Porque se nos poñemos a comparar gráficas vemos que co paso dos anos os galego-falantes estamos sendo menos. Con isto non quero dicir que os que falan castelán o deixen de facer, pero por que non poden convivir as dúas linguas sen necesidade de chegar a un conflito lingüístico?
Esta é a miña opinión, agora tócavos dar a vosa e compartila connosco.



Laura Rodríguez Rodríguez 2ºbach C
e ti que opinas? (3) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-11-2009 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Necesidade de desenvolver o plan de normalización da lingua:

O Consello da Cultura Galega diríxese ao Parlamento de Galiza para convocar unha comisión parlamentaria que terá como obxectivo a elaboración dunha proposta de desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización Lingüística,que debe ser posta en marcha na presente lexislatura.


Ademais de facer esta convocatoria, no seu texto tamén critica a actitude do goberno que non fai máis que dar pasos atrás no proceso de recuperación do galego como lingua propia de Galiza e de plantexar a cuestión idiomática como un problema.


Tamara Sobradelo Nine 2º B

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-11-2009 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE TOMAREMOS “ORELLA DE CERDO A LA FEIRA”

O xoves, o conselleiro de cultura Roberto Varela, presentou en castelán, unha nova páxina web chamada “Gastronomía de Galicia”, portal totalmente en castelán e patrocinado pola Xunta. Tras isto, desatouse a polémica, como era de esperar. Pódese comprobar que dito portal está patrocinado pola Xunta, aínda que esta eliminara todos os logotipos que a relacionaban coa páxina horas despois e difundira un comunicado no que asegura que o portal é da Real Academia de Gastronomía Española, razón que se contradí no copyright publicado na mesma páxina.

O BNG reaccionou rapidamente na polémica. Carme Adán e Bieito Lobeira, deputados do Bloque Nacionalista Galego, consideran que “non hai excusas técnicas para este comportamento, e demóstrase que a Consellaría de Cultura e Turismo é un instrumento ao servizo exclusivo do proxecto do Partido Popular de desgaleguizar o noso país e expulsar a lingua galega dos usos oficiais”.
Ademais, os deputados do BNG denuncian que “a construción da páxina web foi contratada a unha empresa de Madrid, como se en Galiza non houbese capacidade nin profesionais que sexan quen de traballar pola popularización do Xacobeo 2010 e da nosa gastronomía”.

Ante esta situación, Carme Adán e Bieito Lobeira presentan unha iniciativa na que lle pregutan ao Goberno "se considera que existen atrancos tecnolóxicos que impiden a presenza do galego nunha páxina web", ou é pola contra “unha decisión politica, consciente e deliberada”.

e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-11-2009 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTA A MANUEL LÓPEZ
Un auto do xulgado de Alcorcón quítalle a unha muller a custodia das súas fillas utilizando como argumento a chegada das mesmas a Galiza, é dicir, por estudar unha nova lingua sen ningunha utilidade.
Posterior a estes feitos realízaselle unha entrevista a Manuel López, irmán das afectadas onde se fala da inxustiza desta sanción.
O que máis me gustou desta entrevista foron as contestacións de Manuel López. Estou de acordo con el en que: as persoas cantas mais linguas saiban, mellor e que as nenas, por cambiar dun centro privado a un público por motivo de viren para Galiza, non van baixar o seu nivel académico. Unha das respostas que máis me chamou a atención foi o recoñecemento de que todo isto ocorreu por os prexuízos agochados de que o castelán está en perigo de extinción.
En conclusión, deberiamos denunciar a ese xuíz e a continuación non deixar que pasen por riba nin da nosa lingua nin por riba dos galegos, que nos respecten como pobo.
Arantxa Tubío Abuín
e ti que opinas? (3) - Categoría: Cousas - Publicado o 23-11-2009 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
O tribunal supremo desbota que os pais decidan a lingua de ensino
Así o manifesta o tribunal supremo, impedindo que os pais dun estudante vigués elixan a lingua que desexan para impartir as materias ao seu fillo, tratando esta proposta como un absurdo.

Este problema tivo a súa orixe no ano 2007, cando os pais dun estudante lle enviaron unha carta á Consellería de Educación na cal lle transmitían os seus desexos de que o seu fillo recibise todas as clases en castelán. Tras ser denegada a súa petición, decidiron tomar man pola vía xudicial.

No transcurso do xuízo os pais defendéronse botando man do artigo 26 da Declaración dos Dereitos Humanos ("todos os pais terán dereito preferente a escoller o tipo de educación que recibirán os seus fillos") ao que a outra banda lles respondeu en base ao artigo 27 da Constitución Española, que recoñece a liberdade de ensino. Ante isto o Tribunal nega que os pais poidan ter tal elección.

A sentencia polo tanto non lles deu a razón e ademais obrígaos a pagar as costas do xuízo.

VERONICA LORENZO RIAL 2ºBACH. B

e ti que opinas? (2) - Categoría: Cousas - Publicado o 19-11-2009 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
ESÍXENLLE A FEIJÓO QUE CUMPRA CO ESTATUTO E A LEI DE NORMALIZACIÓN
A base social en defensa do "consenso" en torno ao idioma e a política lingüística de Alberto Núñez Feijóo volve estar na boca da xente. Despois de que máis de 50.000 persoas saísen ás rúas en defensa da Lei de Normalización Lingüística e da presenza do galego nas aulas, o colectivo "Galego, Patrimonio da Humanidade", apostou onte por mostrar o músculo do tecido social "preocupado polos ataques" contra a lingua propia de Galicia.
Baixo o lema "Lingua de Liberdade", o colectivo xuntou unha ampla representación do mundo sindical, social, cultural e político e o rexeitamento a "atacar" a lingua "por un puñado de votos", foi unha das reclamacións máis repetidas dende o escenario. Un dos asistentes, o filósofo Antón Baamonde, comentou nesta cita que "só lamentamos que non haxa ninguén do PP, porque o galego é de todos".
O presidente da Xunta foi o destinatario das mensaxes da maioría dos intervintes xa que a cidadanía rexeita a utilización do galego como mercadoría electoral ou para facer méritos alén do territorio de Galicia.
"O problema político- explicou o profesor Fermín Bouza- vai ter solución, Feijóo vai vir ao consenso, porque se está decatando de que a súa política lingüística lle vai custar votos e moitos problemas. Non mandamos pero levamos a iniciativa social, xa que os asustados pola actitude de Feijóo están a dar pasos de xigante".
Faise unha chamada á sociedade para impedir pasos atrás ante a presión de minorías montadas na crispación. Este é o principal desafío dos vindeiros meses na derrogación do decreto de uso da lingua no ensino, rachando un consenso que se remonta ao mandato de Manuel Fraga e que conclúe en cumprir o Estatuto de Autonomía e a Lei do Plan Xeral de Normalización.

Tania Rodríguez Sobradelo 2º Bach. C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-11-2009 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
POR QUE AS AXUDAS Á ASOCIACION DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA FORON RETIRADAS POLA XUNTA??
O Bloque Nacionalista Galego vai preguntar ao Executivo no Parlamento pola decisión de Xuventude de non axudar no financiamento do IV Encontro de Novos Escritores 'Eu ou Nós'.

O BNG ve inxusta a decisión da Dirección Xeral de Xuventude de retirar axudas á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) para a organización do IV Encontro de Nov@s Escritor@s 'Eu ou Nós' por iso vai esixir explicacións no Parlamento.
Así o confirmou Ana Portón ( portavoz parlamentaria de Cultura do BNG) que recordou que o goberno sempre apoiou esta iniciativa pois entendeu que era un evento que " potencia" o traballo dos mozos no ámbito cultural.

Por iso interpretou a decisión da Xunta como "unha mostra máis da falta de apoio" do Executivo do PPdeG á mocidade e de "penalización" a quen "aposta" pola literatura galega.

Pontón advertiu que: “Feijóo terá que dar explicacións por este comportamento sectario" e demandou unha rectificación pois para el retirar as axudas é "o contrario do que faría calquera Goberno normal".

Vendo o sucedido eu opino que sería moi inxusto que ditas axudas fosen quitadas pois paréceme unha tontería que o esforzo dun gran número de persoas que traballan na Asociación de Escritores en Lingua Galega, non poida ser difundido e compartido por moita mais xente.


E vós que opinades?? Parécevos xusto?? Non reservedes a vosa opinión e compartídea connosco!!! :)




Laura Rodríguez Rodríguez 2ºBach C
e ti que opinas? (3) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 17-11-2009 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
SEN O `L´ POR FAVOR....

Parece ser que o espirito galego surxe nos momento importantes. Digo isto, posto que os autobuses da Coruña negáronse a levar impresos nos seus costados o topónimo castelán da mesma cidade. Protestan por isto a Asociacion Coruña Liberal (os interesados na publicidade denegada). Sexa o espírito galego ou ben a norma de non traballar con xéneros políticos, o resultado foi ese: a negativa ó topónimo castelán.

É agradable saber estas cousas de vez en cando, e non só ter que falar da redución de presuposto para a normalización, retirada de páxinas de internet en galego.....e moitas medidas en contra do labor normalizador.



J.Daniels 2ºA
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 17-11-2009 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego