O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Xurxo Souto
Onte xoves, día 27 de novembro, estivo con nós Xurxo Souto, unha persoa moi polifacética que foi cantante, músico, escritor, acto e moitas cousas máis, como vedes vale para todo.
É coñecido sobre todo por ser vocalista do grupo de rock “Os Diplomáticos de Monte Alto” ou polo seu papel na coñecida serie “Mareas Vivas”.
Na actualidade, presenta o programa na radio galega “Aberto por Reformas”.
Contounos moreas de historias interesantes e cantou divertidas cancións. Falounos
de como se formaron algúns dos grupos máis coñecidos de Galicia e animounos a que nós mesmos formáramos un grupo de música. Ensinounos un CD que contiña diversas cancións de grupos de rock en galego, todas, ou a maioría, son coñecidas, divertidas e marchosas.

Cristina Barreiro Collazo (4º A)
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 29-11-2008 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Repesca para estudantes da ESO
O 31% dos mozos españois non conseguen o título da E.S.O. As administracións cren que é un problema de estado, é que se deben tomar medidas para paliar o fracaso escolar, polo tanto están a multiplicar as vías para repescar os estudantes que non acadaron o título da ESO.

Unha das propostas que se está a discutir, é a oferta de programas intensivos para sacar a E.S.O. na educación de adultos en menos tempo do habitual, (na maior parte das autonomías son dous cursos). Por exemplo, se un mozo de 19 anos que leva tres traballando, se plantea acadar o título da E.S.O quizás o bote para atrás o feito de que lle fagan falta dous cursos para obtelo. Así unha das posibilidades que se contemplan é poder ofrecerlle medidas de reforzo e clases extra, para que poida facelo en menos tempo. Isto é tanto para o título da E.S.O. como para F.P. Fomentaranse tamén programas semipresenciais, a distancia, e mesmo tamén pola Internet.

Adrián Silva (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 29-11-2008 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
EMPANADA DE XOUBAS
INGREDIENTES

-1kg de fariña
-1kg de xoubas
-4 cebolas
-Lévedo salgado.
-Un pouco de aceite.
-1 ovo
- Sal
-Leite quente (un vaso)
-Auga morna(un vaso)
-Colorante

Preparación:

Primeiramente límpanse as xoubas e déixanse unhas 4 ou 5 horas cun pouco de sal. Pasado este tempo, lávanse en auga fría con moito coidado para que non rompan.
Nun recipiente botamos 1kg de fariña con pouco sal. Misturamos.
Facemos un buraco no medio da fariña. A continuación cóllemos o vaso ca auga morna e desfacemos nela o lévedo. Feito isto, botámolo no recipiente da fariña e engádeselle un pouco de leite quente. A masa non pode quedar nin moi dura nin moi branda. Cando a masa estea gramada déixase en repouso para que medre.
Mentres agardamos, picamos as cebolas e fritímolas condimentándoas co sal e o colorante. Remexemos a cada pouco para que non se peguen nin torren.
A continuación collemos a masa e coa axuda dun rolo, estirámola.
Preparamos unha empanadeira untándoa cunha pinga de aceite para que logo non se nos pegue. Colocamos unha capa de masa enriba dela e engadímoslle a cebola repartida por toda a superficie.
Feito isto, colocamos a xouba encima do refrito de cebola, logo o ovo cocido cortado en anacos e finalmente cubrímola con outra capa de masa. Se é que sobra algún recorte de masa, podemos adornar a empanada con tiras ou algunha figuriña.
Para rematar, enroscamos os bordes da masa e metemos a empanadeira no forno a 160º ata que a masa estea dourado (se é un forno de leña, moito mellor).


Fabiola Suárez Iglesias (3º ESO)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 28-11-2008 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Feijoo derogará o Decreto do galego no ensino
Feijoo ten morriña do "bilingüismo" .

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse a recuperar o "bilingüismo" en Galiza, o do goberno do ex presidente do partido popular Fraga porque, segundo dixo, co actual Goberno, o país "ingresou no clube das comunidades autónomas con problemas lingüísticos".
Na miña opinión esta afirmación é totalmente falsa xa que o goberno actual, só reclama os dereitos que lle pertencen como comunidade histórica, traballando para que, pouco a pouco, se poida recuperar o galego.

Feijóo considera que nestes tres anos a política lingüística do PSdeG é a do BNG, rompeu o consenso nesta materia co decreto do galego no ensino.

Por iso, reitera que unha das primeiras decisións que adoptará de gañar as eleccións será derrogar esta norma.


Ángel Rodríguez (2ºBach. C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-11-2008 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Gmail sabe galego , pero non quere falalo.
Aínda que Google non nos ofrece todos os seus servizos en lingua galega , é ben consciente da súa existencia. Así, se usamos o seu servizo de correo electrónico, Gmail, podemos comprobar que a publicidade contextual detectará se estamos a recibir ou escribir mensaxes en galego. Un representante do xigante internáutico non confirmou que a opción fose a ser dispoñibilizada a curto prazo.

A empresa estadounidense dispón de versión na nosa lingua do seu buscador xeral, de imaxes, dos mapas e do directorio, mais non do resto dos seus servizos. Aínda que os propios usuarios poden -e deben- traducir voluntariamente as cadeas de texto, o certo é que algúns dos servizos web con todas as mensaxes trasladadas completamente ao galego dende hai tempo non se poden usar no noso idioma.

O feito de que inclúa publicidade en galego, e sexa capaz de recoñecer os textos que están na nosa lingua e non noutra, dá que pensar por que non se ofrece, por exemplo, Gmail en galego? Acaba de incorporar novas cores e temas, e segue sumando novos idiomas, mais o noso segue agardando.

Paradoxalmente, o Gmail si conta coa interface traducida á nosa lingua, malia non estar dispoñíbel.

Ángel Rodríguez (2ºBach.)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-11-2008 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
A FOLGA TIVO ÉXITO
A folga para reivindicar o cumprimento do decreto do galego na ensinanza o día 26 de novembro foi realizada por un 25% do alumnado galego, segundo a Consellería de Educación.En cambio, a Mesa pola Normalización Lingüística, Galiza Nova e os Comités, que organizaban a protesta, dixeron que a folga se notou na maioría dos centros nos que estaba convocada en máis dun 75%.

En Ourense foi onde tivo lugar a maior mobilización, segundo datos da Xunta, cun 37%, e despois está a de A Coruña, cun 30%, Pontevedra ,un 20%, e Lugo, un 19%.En moitos dos centros educativos, destas provincias, participaron ata un 90% do alumnado de bacharelato. Isto quere dicir que a folga mobilizou ós estudantes por un ensino co galego.

Isabel Otero (2º Bach.B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-11-2008 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
1º Premio do II Certame de Bandas de Galicia para a Banda Escola de Música de Rianxo
Cartel do certameO certame que gañaron os nosos veciños rianxeiros foi o pasado venres (21 de novembro) e nel tiveron que interpretar tres obras.

·Pasodoble Bellas Artes
·Danza Galega Nº1 (obrigada)
·Goddess of fire


E entre os premiados da terceira sección(ata corenta e cinco músicos) tamén estiveron:

Co segundo premio a Banda de Música de Arca
e co terceiro a Banda de Música de Cabral

Dende o ENDL queremos felicitalos polo benvido premio, especialmente os alumnos do centro e ex-alumnos.

NORABOA!
Video da entrega de premios
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-11-2008 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Educación para adultos
A cifra de residentes no país maiores de 16 anos que non saben ler nin escribir ascende a 52.800 galegos, un 1,9% da poboación . Esta taxa sitúase por baixo da media estatal, que chega até o 2,4%, anque un dos factores que condicionan esta taxa débese á chegada de inmigrantes .

Case un 14% dos galegos son analfabetos ou carecen de estudos básicos. Tamén é salientábel que a maioría dos analfabetos galegos teñen máis de 55 anos e que o xénero que máis sofre esta realidade é o das mulleres.

Para aqueles que desexen obter unha nova titulación académica para optar a un determinado posto de traballo, ou para os que non puideron finalizar os seus estudos, a Consellería impartirá clases de Educación para Adultos en 90 institutos e colexios de toda Galiza. Xa están matriculadas 259 persoas en grupos reducidos de sobre uns 12 alumnos . Fundamentalmente soen ser xente maior de 50 anos e inmigrantes que teñen dificultades co idioma.
Sentímolo polos nosos veciños, pero no noso IES non se oferta Educación para Adultos

Daniel Díaz (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-11-2008 07:17
# Ligazón permanente a este artigo
Só 4 das "grandes" empresas teñen web en galego
Só catro das 20 firmas galegas que máis diñeiro facturaron teñen a súa web na nosa lingua. Zara (téxtil, non as empresas controladas por zara “inditex”; Gadisa e Vegonsa (alimentación , dentro grupo Eroski) e Pescanova(pesca) son as únicas empresas que nos ofrecen a posibilidade de ver a súa páxina na Internet en Galego.

A páxina de Gadisa, no posto oitavo do 'ranking', está tanto en galego como en castelán, mentres que Vegonsa (dentro da cadea de supermercados Eroski ten como opción o galego). A marca Eroski tamén destaca polo multilingüismo á hora de etiquetar os seus produtos (modelo que deberían seguir as empresas galegas para avanzar, e axudar o galego). Pola súa banda, Pescanova dispón de dúas webs: na corporativa pódese encontrar a opción do Galego , mentres que na promocional non.

Ángel Rodríguez (2º Bach.C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-11-2008 07:11
# Ligazón permanente a este artigo
BISCOITO DE CHOCOLATE

SOBREMESA

Tempo de elaboración: 15-30 min

Dificultade: Baixa

INGREDIENTES: CANTIDADE:
• Ovos coas claras……………………………………………………3
• Fariña ……………………………………………………………..150 g
• Azucre ……………………………………………………………..200 g
• Chocolate en po…………………………………………………...150 g
• Aceite………………………………………………………………½ vaso
• Lévedo en po………………………………………………………1 sobre
• Leite……………………………………………………………….150 ml


ELABORACIÓN:
Bater as claras. Seguidamente engadir o azucre pouco a pouco, e mentres se bate engadir o leite. Fritir o aceite e esperar a que enfríe, para poder mesturalo. De seguido botar a fariña, o chocolate e o lévedo. Por último coller o recipiente no que se queira poñer, untar un pouco con manteiga e fariña ciscada e verter a mestura. Poñer 30 minutos no forno a 200º.

TRUCOS:
Botarlle unhas gotas de anís de vainilla.

Lugar de recollida:
Libro de receitas

Eva Pérez Saborido (4º B)

e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 25-11-2008 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego