O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

SAMAÍN
Tras a porta,
tras a xanela,
entre as cinzas
que quedan no lar,
entre sabas,
da túa cama,
estanche a axexar.

Meigas,
trasnos,
demos,
moito máis,
ánimas en pena
que rondan o lugar,
buscando quen as ha de guiar.

Pechadas ben as portas,
as persianas correrán,
os nenos tremelicando,
correrán xunto as nais,
buscando un refuxio,
onde cren que estarán
ata a mañá.

Cabazas son guerreiros,
que gardan os nosos lares,
inmóbiles,
expectantes,
de rostros tenaces,
que agardan na noite,
a eses seres
horripilantes.

Aida Barros Ces 2ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-10-2013 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
A MIÑA CHEGADA A RIANXO
Ola chámome Tofik.
Son un neno que foi adoptado hai cinco anos cos meus dous irmáns Abdi e Rosa. Tamén tiña outra irmán máis pero faleceu dous días despois de nacer.
Nacín nun pobo chamado Jimha en Etiopía. Vivía cos meus pais e meus irmáns nunha casa feita de barro e madeira.
Mentres que vivía cos meus pais non ía á escola porque eramos pobres.
Un día miña nai púxose mal e levámola ao hospital de Etiopía os médicos mirárona e dixéronnos que tiñan que operala pola noite. Mentres que a operaban marchou a luz nun intre e cortáronlle un órgano que non debían e faleceu.
Ao día seguinte dixéronnos que morrera.Puxémonos a chorar sen parar.Dormimos no hospital antes de marchar pra a casa.
Ao día seguinte espertamos e atopamos o noso pai falecido.Os médicos chamaron as monxas e leváronnos ao orfanato e estivemos vivindo alí durante tres anos ata que nos viñaron a buscar os nosos pais adoptivos.
Agora estou moi contento de estar en España cos meus irmáns
Cando sexa maior gustaríame volver ao meu país para ver como está todo.

TOFIK SANTIAGO GARRIDO
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-10-2013 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Concha Velasco exclúe o galego da súa cultura plurulingüe
O pasado luns día 14 acudiu ao programa de TV “El Hormiguero” Concha Velasco no que esta famosísima actriz indicou todas as linguas nas que sabía decir “Te Quiero”. Cabe dicir que entre outras linguas mencioou o inglés, o francés e o árabe. Tamén se expresou en todas as linguas oficias do Estado Español, agás na nosa lingua, o galego.

Seica o galego non é un idioma válido para Concha Velasco?




Jennifer Lorenzo Creo
Alba Pérez Castaño 1ºBACH A
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 23-10-2013 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
Escritor mozambicano en Rianxo.
Xa o pasado venres 11 estivo connosco o escritor mozambicano, Cremildo Bahule, na biblioteca pública de Rianxo lendo parte da súa peza teatral"Naçáo Laranja".
Esta próxima fin de semana, venres 25 e sabado 26, volve estar no Auditorio público do noso concello para conversar sobre a súa obra teatral e ademais facer un obradoiro de escrita creativa.

Todo isto ten lugar grazas ó programa destinado á promoción da creación literaria e artística organizado por Axóuxere Editora e cofinanciado polo concello de Rianxo.
Se estás interesada/o en participar, cubre a ficha de inscrición que se atopa na páxina do concello antes do 24 de outubro.

Animádevos


Gonzalo Creo Saborido 1º Bach.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 22-10-2013 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
MÚSICA SOLTA
Este venres 18 de Outubro contaremos no auditorio de Rianxo cunha oferta musical dentro da REDE DE MÚSICAS SOLTAS.
Nesta ocasión será o concerto de PRIMORDIAIS, un dúo formado por Marcelo González na voz de Luís Martíns coa harpa, adaptando o repertorio tradicional da zona de Soutomaior ás súas inquedanzas e ideais sobre a música popular reinterpretada.
Vai ser un concerto íntimo con bonitas melodías e mestura de letras de sempre con incorporacións máis novidosas.
As entradas custan 5 euros e podédelas recoller desde unha hora antes.
O concerto está organizado polo Acentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo.

Anímosvos a ir velo e por suposto escoitalo!!!
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 17-10-2013 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
portaldaspalabras.org

Aquí vos presentamos unha boa páxina web con todo tipo de información en galego: acoso escolar, tecnoloxía, apps para o móbil, dicionario... Este portal, para aqueles que se cren moi listos e hábiles, tamén ten xogos variados que son un auténtico desafío. Remexendo nel, ides topar videos sobre a nosa lingua,curiosidades lingüísticas, deportes, natureza e cultura.
Unha recomendación que non podedes pasar por alto. Achéganos a túa opinión.
Páxina portal das palabras.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-10-2013 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
Galardón para a poesía galega
Galicia tiña premios nacionais de narrativa, pero por estraño que resulte, ningún autor ou autora na nosa lingua, en galego recibira antes o Premio nacional de poesía. E iso que Galicia é terra de poetas, e non só porque haxa moita xente que escribe poemas, senón porque é a nosa maneira de ser e estar, de emocionarnos...

Ben puidera ter recibido anteriormente este galardón Manuel Álvarez Torneiro, mais chegoulle agora aos seus 80 anos. E el resume a súa valoración e o seu sentir ante este recoñecemento cun sinxelo "emocionado".
Das emocións e da memoria tamén fala nos seus poemas. Ben se ve no seu libro Tambo . E fíxoo coma ninguén, mantendo aínda hoxe unha confianza cega no poder da palabra galega.

Os meus parabéns.


Aitana Alcalde 2ºD
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 11-10-2013 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Por fuciños! Por cacheiras!
Agustín Fernández Paz escribiu un artigo sobre o dazaito aniversario do xabarín club, fala sobre os seus comezos e a nostalxia que produce hoxe en día nos mozos e mozas que naquel momento (e agora tamén) foron socios e obtiveron o seu carné do club (nos incluídas, que aínda conservamos o carné xa que non caduca hasta ser maior de idade.)
A continuación engadimos un enlace ao artigo:
Enlace a un artigo sobre o xabarín club.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 07-10-2013 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
O novo número de Ollos de aula
Co novo curso, chega puntual á cita a primeiros de mes, a revista para familias Ollos de aula

Aquí a tendes desta vez con temas de tanto interese como o das actividades extraescolares, ou a diversidade na aula e formando ás persoas que non están dentro da escola sobre quen son e que fan as persoas que responden ás siglas PT e AL
Esperamos que vos guste

Ollos de Aula. Nº 9



e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 04-10-2013 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Esta é a miña lingua... e non a vou perder
Este é o noso vídeo. Fixémolo o curso pasado dentro da campaña "Esta é a miña lingua e non a vou perder"
Esparamos que vos guste. Non vos riades da canción!

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 02-10-2013 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego